Convocatoria de axudas “José Otero-Carmela Martínez” para doutorandos/as da USC 2025/26
A USC, en colaboración coa Fundación José Otero-Carmela Martínez, pon en marcha a cuarta convocatoria de axudas pecuniarias para fomentar a investigación a través dos estudos de doutoramento do estudantado que conte con menos recursos económicos.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, do mércores 10 ao 31 de decembro de 2025.
Requisitos:
- Estar matriculado/a a tempo completo nun programa de doutoramento da USC.
- Ter a última avaliación anual positiva, tanto do Documento de Actividades como do Plan de Investigación (2024-25).
- Ter unha renda familiar que se atope dentro do limiar 2 establecido no Real Decreto 163/2025.
- Estar censado/a nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
Conceptos subvencionables:
- Gastos da matrícula nun Programa de Doutoramento da USC.
- Gastos derivados da realización dunha estadía de investigación nun centro nacional ou estranxeiro.
- Gastos derivados da asistencia a congresos, conferencias, seminarios ou reunións científicas.
- Gastos debidamente xustificados da adquisición de equipamento tecnolóxico.
Documentación a presentar:
- Anexo I - Impreso de autorización de consulta ás administracións tributarias asinada por todos os membros computables da unidade familiar.
- Anexo II - Xustificación dos conceptos da axuda.
- Anexo III - Declaración de outras axudas percibidas/solicitadas para o mesmo fin.
- Certificado do padrón de habitantes cun máximo de tres meses de antigüidade no que figuren todos os membros da familia que vivan no domicilio familiar, incluído/a solicitante.
- Cualificación media dos expedientes de grao e mestrado.
Cando corresponda, para valorar as circunstancias de dificultade sobrevida que contempla a presente convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:
- Informe dos servizos sociais que reflicta a situación familiar.
- Acreditación de atoparse en situación de desemprego.
- Certificado de discapacidade do 33 % ou superior.