
- Facultade de Veterinaria
-
-
Avda. Carballo Calero s/n, 27002Lugo
-
veterinaria.decanato [at] usc.gal
-
A Facultade de Veterinaria, fundada en 1983, recolle o legado da antiga Escola Especial de Ciencias Veterinarias (1882-1924) —con sede en Santiago de Compostela— e é o único centro da Comunidade Autónoma de Galicia no que se forman profesionais das Ciencias Veterinarias. A facultade imparte o Grao en Veterinaria e o Máster Universitario en Xenómica e Xenética, nos que participan máis de 130 docentes de 19 departamentos da USC.
Modificación dos horarios das materias de semestres pares
Por diversos motivos, modificáronse algúns aspectos dos horarios das materias de semestres pares. Estes cambios figuran resaltados nos documentos pdf en color amarelo ou verde.
Convocatoria de Prácticas Externas 2024-25
O prazo para realizar a inscrición e a proposta de novos convenios remata o 16 de febreiro de 2025 ás 23.59 horas.