Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer os cambios e innovacións máis significativas que se foron producindo
nos últimas décadas no ensino e aprendizaxe das linguas estranxeiras así como a súa influencia na metodoloxía utilizada nas aulas de LE.
Reflexionar sobre o significado de ensinar e aprender unha lingua estranxeira nas distintas etapas educativa e en EEOOII.
Valorar a influencia do contexto multilingüe no ensino e aprendizaxe da lingua estranxeira e consideralo na toma de decisións didácticas.
Buscar, seleccionar e valorar recursos en soportes diversos, sendo quen de modificar propostas de actividades dos manuais de LE para adaptalos, se é o caso, a enfoques comunicativos e cognitivos.
Planificar, desenvolver e avaliar actividades de ensino e aprendizaxe referidas ás distintas actividades lingüísticas.
Teorías, enfoques e métodos máis relevantes para o ensino/aprendizaxe das LE.
Factores que inflúen na aprendizaxe das linguas estranxeiras.
As actividades e estratexias lingüísticas comunicativas.
os procesoso lingüísticos.
O currículo de linguas estranxeiras de educación secundaria e Escolas Oficiais de Idiomas
Introdución á programación didáctica
Básica
- Johnson, K. (2008) A Introduction to Foreing Language Learning and Teaching. 2nd Edition. New York : Routledge.
- Sánchez Pérez, A. (2009)La enseñanza de idiomas en los últimos cien años. Métodos y enfoques. Madrid: SGEL.
Complementaria
- Brown, H. D. (2006). Principles of Language Learning and Teaching. 5th edn.New Jersey: Prentice Hall Regents.
-Byram, M. (2003). Intercultural Competence. Strasbourg : Council of Europe (PDF en varias linguas)
- Celce-Murcia, M. (Ed.). (1991). Teaching English as a Second Language or Foreign Language. - Boston: Heinle y Heinle.
- Consello de Europa (2001): Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. Publicación en liña: (Xunta de Galicia, 2006).Council of Europe. 2001. http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Marco_textoI.pdf.
- Consello de Europa (2018) Volume complementario con novos descritores. En Francés: https://rm.coe.int/cecr-volume-complementaire-avec-de-nouveaux-descript…; En Inglés: https://rm.coe.int/cefr-companion-volume-with-new-descriptors-2018/1680…
Chaudron, C. (2000) Métodos actuales de investigación en el aula de segundas lenguas. En C. Muñoz (Ed.) Segundas Lenguas. Adquisición en el aula. Barcelona:Ariel.
-Diccionario de terminos clave: http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/diccionario/
-Ellis R. (1994) The study of second language acquisition. Oxford: O.U.P.
-Ellis, R. (2003) Task-based Language Learning and Teaching. Oxford: Oxford University Press, capítulo 7 «Designing task-based language courses».
- Larsen-Freeman, D. (2000). Techniques and Principles in Language Teaching. Oxford: Oxford University Press.
- Oxford, R (1990) language Learning Strategies : What Every Teacher Should Know.Rowley, MA : newbury House.
- Richards, J. y Rodgers, T. (1986). Approaches and Methods in Language Teaching. Cambridge: Cambridge University Press.
-Woodward, T.(2001) Planning Lessons and Courses, University Press, Cambridge,. (Existe también una versión traducida al español de 2002 en la misma editorial).
Widdowson H.G. (2009) Teaching Language as Communication. Oxford : O.U.P.
Xerais
Valorar a importancia de facer un uso oral e escrito da lingua caracterizado polo rigor, a coherencia, a adecuación e a corrección.
Tomar postura ante opinións, feitos ou situacións da vida cotiá ou profesional, sendo quen de defendela argumentadamente.
Saber buscar, interpretar e seleccionar con criterio información a través de distintas fontes ou procedementos.
Colaborar en tarefas colectivas e en iniciativas de carácter grupal e cooperativo.
Comprender a necesidade da actualización permanente, tanto nos saberes da área como nos pedagóxico-didácticos.
Desenvolver actitudes favorables á renovación pedagóxica e á explotación de metodoloxías e recursos innovadores, comprendendo a necesidade de realizar unha avaliación do proceso de traballo na aula desde a perspectiva da investigacióndo proceso de ensino-aprendizaxe.
Mostrar interese polas novas tecnoloxías, incorporándoas con normalidade ao labor profesional.
Específicas da materia
Coñecer os cambios e innovacións máis significativas que se foron producindo
nos últimas décadas no ensino e aprendizaxe das linguas estranxeiras así como a súa influencia na metodoloxía de traballo nas aulas.
Reflexionar sobre o que significa ensinar e aprender unha lingua estranxeira nas distintas etapas educativa e en EEOOII.
Valorar a influencia do contexto multilingüe no ensino e aprendizaxe da lingua estranxeira e incorporalo con criterio á toma de decisións didácticas.
Elaborar propostas de ensinanza para situacións hipotéticas de aula integrando con criterio e adecuación as fontes disciplinar, sociolingüística e psicopedagóxica.
Buscar, seleccionar e valorar recursos en soportes diversos para traballar, sendo quen de modificar propostas de actividades para adaptalos, se é o caso, a enfoques comunicativos e cognitivos.
Planificar, desenvolver e avaliar con criterio actividades de ensino e aprendizaxe referidas ás distintas destrezas comunicativas.
Transversais
Utilización de bibliografía e instrumentos de procura de recursos bibliográficos xenerais yespecíficos, incluíndo o acceso por internet.
Xestión de forma eficiente do tempo de trabajoo e organización dos recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erroress lóxicos e laa toma de decisións. Potenciación da capacidade para traballar en contextos cooperativos, pluridisciplinares e plurilingües.
Básicas
Curiosidade para explorar novas formas e estratexias nas relacións de ensino-aprendizaxe.
Comprensión da necesidade de actualización permanente como profesores, tanto en contidos científicos como en procedementos pedagógico-didácticos.
A metodoloxía da materia baséase nos seguintes principios:
• Partir das experiencias e coñecementos previos sobre a adquisición das linguas do alumnado.
• Asegurar a construción de aprendizaxes significativas, modificando os esquemas de coñecemento do alumnado.
• Propiciar una intensa actividade e interacción baseada no estudo de casos.
• Fomentar a reflexión e o interese por aprender a aprender ao longo da vida profesional
Estes principios metodolóxicos adaptaranse, cando cumpra, en función de tres escenarios posibles do curso académico 2020-21:
Escenario 1: "Normalidade adaptada"
1. Ao inicio de cada tópico realizarase unha actividade de identificación de ideas previas sobre o tema que se trate. Ao remate da unidade de traballo/tópico revisaranse as ideas previas amosadas para verificar en que medida foron modificadas pola información recibida e as actividades de aprendizaxe realizadas.
2. Seguidamente exporanse pola profesora os temas de cada unidade de traballo/tópico e se proporán actividades inicialmente individuais e de seguido colaborativas en pequeno grupo ou gran grupo. Estas actividades proporcionarán un marco de traballo no que se fomente a discusión, a reflexión individual, o intercambio de ideas e calquera proceso que axude a aprender da experiencia e da reflexión sobre estudos de caso. Durante a súa realización, a profesora orientará aos/ás estudantes de xeito que eles/as mesmos/as constrúan as novas aprendizaxes, orientándoos/as co feedback oportuno, e realizando sínteses ou axudándoos/as a formular conclusións.
En todo caso combinarase a exposición e reflexión sobre teorías, métodos e enfoques relacionados co ensino-aprendizaxe das linguas estranxeiras e a súa proxección práctica en estudo de casos.
A profesora proporá, igualmente, en cada unidade/tópico de traballo unhas actividades recapitulativas para seren realizadas polos/as estudantes individualmente. Estas, logo de seren entregadas nos prazos establecidos, serán revisadas e comentadas individualmente, promovendo posteriormente o debate crítico e a interacción no seo do grupo-aula.
Nas titorías aclararase posible dúbidas individuais que non fose posible resolver no contexto das aulas ordinarias, e orientarase sobre tarefas individuais e grupais.
Escenario 2: "Distanciamento"
Manterase os principios metodolóxicos de carácter xeral, pero a docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
Escenario 3: "Peche das instalacións"
Manterase os principios metodolóxicos de carácter xeral, pero a docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
En todos os escenarios o alumnado terá garantida a accesibilidade aos materiais elaborados pola profesora ou bibliográficos básicos.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa. A súa concreción nos tres escenarios posibles farase da seguinte maneira:
Escenario 1: "Normalidade adaptada"
Combinarase a avaliación continua cunha tarefa final. Os instrumentos e a súa ponderación na cualificación final serán os seguintes:
- Participación (asistencia e participación individual e de grupo): 30%
- Traballos individuais de proposta de tarefas sobre as actividades de lingua; de síntese e reflexión sobre os contidos tratados ou investigados: 30%
- Tarefa de aplicación final individual: 40%
Para superar a materia deberase conseguir puntuación nos tres apartados. O control de asistencia ás sesións de clase rexerase polas normas xerais do Máster.
Escenario 2: "Distanciamento"
Manterase os criterios de cualificación e os instrumentos do Escenario 1 pero o apartado de participación adaptarase ás condicións organizativas da Facultade, e tanto os traballos individuais e colectivos como a tarefa fina levaranse a cabo de forma telemática. No caso de que se vexa afectada de maneira substancial a posibilidade de interacción presencial, este apartado será suprimido, e a avaliación realizarase unicamente sobre dous apartados: traballos individuais e colectivos, e a tarefa final individual, cunha ponderación do 50%respectivamente.
Escenario 3: "Peche das instalacións"
Adaptarase o sistema de avaliación no seu conxunto ao formato virtual e os instrumentos utilizados serán os traballos individuais e colectivos, e a tarefa final individual, cunha ponderación do 50%respectivamente.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES:
En aplicación da Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa da asistencia a clase nas circunstancias establecidas no punto 2, o alumnado ao que lle sexa de aplicación, deberá
a) entregar os traballos de reflexión e estudo de casos referidos aos tópicos do apartado de contidos (40% da cualificación) no mesmo número ca o alumnado presencial
b) realizar unha tarefa final que consistirá na análise dunha secuencia didáctica dun manual, proposto pola profesora, da lingua estranxeira da súa especialidade, e en propostas de mellora, se é o caso, para o que se aplicará os coñecementos adquiridos na materia de Didáctica da linguas estranxeiras (60% da cualificación).
Para obter cualificación final positiva débese ter unha cualificación en cada apartado que supoña o 50% correspondente
Este alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para concretar o plan de traballo correspondente. Nese plan deberá constar tamén o cumprimento da asistencia a titorías docentes, seminarios, etcétera, se se considerase pertinente.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Conservarase a cualificación obtida no apartado de participación da primeira oportunidade e poderase recuperar os traballos e a tarefa final individual coa ponderación que proceda segundo o escenario.
Atendendo ao desenvolvemento dos contidos do programa e á metodoloxía, os 9 créditos cos que conta a materia no actual plan de estudos corresponderíanse con 225 horas de carga de traballo para os estudantes. Delas 62 corresponderían a horas presencias (incluíndo clases teóricas, análise e debates de documentos, traballos grupais dirixidos,traballos individuais, titoría e exame) e 163 a traballo autónomo do alumnado.
No caso dos escenarios de continxencia previstos fóra da normaliade, o traballo autónomo veríase incrementado nun 50%.
Tendo en conta a ponderación das actividades de avaliación e os criterios para a súa valoración, é fundamental que os estudantes:
- Asistan á clase con regularidade ou sigan todas as clases virtuais na plataforma que se lrecomende pola Facultade
- Participen activamente na aula ou na plataforma.
- Revisen os documentos e as fontes que se indiquen.
- Cumpran de forma sistemática coas encomendas que se vaian facendo.
- Dediquen no día a día algún tempo ao traballo autónomo sobre a materia.
- Apliquen nos seus escritos as propiedades textuais e as fases de produción textual, xa que forman parte esencial do proceso de ensino desta actividade lingüística en calquera idioma.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo de aula como nos traballos académicos encomendados.
PLAN DE CONTINXENCIA: Adaptación da metodoloxía e do sistema de avaliación aos distintos escenarios
Metodoloxía
A metodoloxía da materia baséase nos seguintes principios:
• Partir das experiencias e coñecementos previos sobre a adquisición das linguas do alumnado.
• Asegurar a construción de aprendizaxes significativas, modificando os esquemas de coñecemento do alumnado.
• Propiciar una intensa actividade e interacción baseada no estudo de casos.
•
Escenario 1: "Normalidade adaptada"
1. Ao inicio de cada tópico realizarase unha actividade de identificación de ideas previas sobre o tema que se trate. Ao remate da unidade de traballo/tópico revisaranse as ideas previas amosadas para verificar en que medida foron modificadas pola información recibida e as actividades de aprendizaxe realizadas.
2. Seguidamente exporanse pola profesora os temas de cada unidade de traballo/tópico e se proporán actividades inicialmente individuais e de seguido colaborativas en pequeno grupo ou gran grupo. Estas actividades proporcionarán un marco de traballo no que se fomente a discusión, a reflexión individual, o intercambio de ideas e calquera proceso que axude a aprender da experiencia e da reflexión sobre estudos de caso. Durante a súa realización, a profesora orientará aos/ás estudantes de xeito que eles/as mesmos/as constrúan as novas aprendizaxes, orientándoos/as co feedback oportuno, e realizando sínteses ou axudándoos/as a formular conclusións.
En todo caso combinarase a exposición e reflexión sobre teorías, métodos e enfoques relacionados co ensino-aprendizaxe das linguas estranxeiras e a súa proxección práctica en estudo de casos.
A profesora proporá, igualmente, en cada unidade/tópico de traballo unhas actividades recapitulativas para seren realizadas polos/as estudantes individualmente. Estas, logo de seren entregadas nos prazos establecidos, serán revisadas e comentadas individualmente, promovendo posteriormente o debate crítico e a interacción no seo do grupo-aula.
Nas titorías aclararase posible dúbidas individuais que non fose posible resolver no contexto das aulas ordinarias, e orientarase sobre tarefas individuais e grupais.
Escenario 2: "Distanciamento"
Manterase os principios metodolóxicos de carácter xeral, pero a docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
Escenario 3: "Peche das instalacións"
Manterase os principios metodolóxicos de carácter xeral, pero a docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
En todos os escenarios o alumnado terá garantida a accesibilidade aos materiais elaborados pola profesora ou bibliográficos básicos.
AVALIACIÓN
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa. A súa concreción nos tres escenarios posibles farase da seguinte maneira:
Escenario 1: "Normalidade adaptada"
Combinarase a avaliación continua cunha tarefa final. Os instrumentos e a súa ponderación na cualificación final serán os seguintes:
- Participación (asistencia e participación individual e de grupo): 30%
- Traballos individuais de proposta de tarefas sobre as actividades de lingua; de síntese e reflexión sobre os contidos tratados ou investigados: 30%
- Tarefa de aplicación final individual: 40%
Para superar a materia deberase conseguir puntuación nos tres apartados. O control de asistencia ás sesións de clase rexerase polas normas xerais do Máster.
Escenario 2: "Distanciamento"
Manterase os criterios de cualificación e os instrumentos do Escenario 1 pero o apartado de participación adaptarase ás condicións organizativas da Facultade, e tanto os traballos individuais e colectivos como a tarefa fina levaranse a cabo de forma telemática. No caso de que se vexa afectada de maneira substancial a posibilidade de interacción presencial, este apartado será suprimido, e a avaliación realizarase unicamente sobre dous apartados: traballos individuais e colectivos, e a tarefa final individual, cunha ponderación do 50%respectivamente.
Escenario 3: "Peche das instalacións"
Adaptarase o sistema de avaliación no seu conxunto ao formato virtual e os instrumentos utilizados serán os traballos individuais e colectivos, e a tarefa final individual, cunha ponderación do 50%respectivamente.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS CLASES:
En aplicación da Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa da asistencia a clase nas circunstancias establecidas no punto 2, o alumnado ao que lle sexa de aplicación, deberá
a) entregar os traballos de reflexión e estudo de casos referidos aos tópicos do apartado de contidos (40% da cualificación) no mesmo número ca o alumnado presencial
b) realizar unha tarefa final que consistirá na análise dunha secuencia didáctica dun manual, proposto pola profesora, da lingua estranxeira da súa especialidade, e en propostas de mellora, se é o caso, para o que se aplicará os coñecementos adquiridos na materia de Didáctica da linguas estranxeiras (60% da cualificación).
Para obter cualificación final positiva débese ter unha cualificación en cada apartado que supoña o 50% correspondente
Este alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos 10 primeiros días do semestre, contados a partir do inicio da actividade lectiva, para concretar o plan de traballo correspondente. Nese plan deberá constar tamén o cumprimento da asistencia a titorías docentes, seminarios, etcétera, se se considerase pertinente.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Conservarase a cualificación obtida no apartado de participación da primeira oportunidade e poderase recuperar os traballos e a tarefa final individual coa ponderación que proceda segundo o escenario.
Isabel Serna Masia
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Martes | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 04 - MÚSICA |
24.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
05.07.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |