Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xerais do Grao:
1) Proporcionar unha formación sólida en Filosofía, colocándoa no conxunto dos saberes científicos e humanísticos, no tecido cultural e diante da práctica social do mundo contemporáneo.
2) Combinar a formación en Filosofía coa ensinanza das habilidades necesarias para aplicar os coñecementos adquiridos á práctica profesional.
3) Xerar capacidade de análise e de crítica, así como unha actitude comprometida.
4) Fornecer capacidade de aprender con autonomía, axudando a formar criterios propios e estratexias de aprendizaxe, aplicables ao longo da vida.
5) Fundamentar os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais á igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Obxectivos específicos da materia:
1) Prestar atención ás discusións filosóficas que se orixinaron a partir dos pensadores que propiciaron o xiro lingüístico na Filosofía e o nacimento da Filosofía Analítica (G. Frege, B. Russell, L. Wittgenstein), coa súa consideración de que os problemas filosóficos son problemas lingüísticos, que se resolven ou disolven mediante a análise lóxica.
2) Presentar as propostas pragmáticas iniciadas a partir das obras da última etapa de Wittgenstein, coa súa concepción do significado como uso, e continuadas pola doctrina dos actos de fala de Austin y Searle e da pragmática conversacional de Grice.
BLOQUE 1: A LINGUAXE NO ESPELLO DA FÍSICA E A MATEMÁTICA
1.1. A SEMÁNTICA DE G. FREGE:
Connotación e denotación
Sentido e referencia
1.2. A TEORÍA DAS DESCRICIÓNS DEFINIDAS DE B. RUSSELL:
Feitos e proposicións
Denotación e descricións definidas
1.3. A LINGUAXE COMO REPRESENTACIÓN FIGURATIVA EN WITTGENSTEIN
A teoría da proposición
A estrutura da realidade
BLOQUE 2: A LINGUAXE COMO ACTO DE FALA E CONVERSACIÓN.
2.1 A DESCRIPCIÓN DOS USOS LINGÜÍSTICOS EN WITTGENSTEIN
Significado e uso
Crítica aos linguaxes privados
2.2. CÓMO FACER COUSAS CON PALABRAS SEGUNDO AUSTIN E SEARLE
Actos de fala
Tipos de discurso
A clasificación dos actos ilocucionarios de Searle
2.3 A LINGUAXE CONVERSACIONAL DE GRICE
Implicación pragmática e implicación contextual
As máximas conversacionais
Bibliografía básica:
a) Obrigatoria
HIERRO S. PESCADOR, J., Principios de filosofía del lenguaje. Teoría del significado. Alianza: Madrid, 1986.
b) Textos para analizar
• J. S. MILL 'De los nombres y de las proposiciones', en J. S. Mill, Un sistema de Lógica inductiva y deductiva . Libro Primero, 1917, p. 8-27.
• G. FREGE, “Sobre sentido y referencia”, en Estudios sobre semántica, en L.Ml. Valdés Villanueva, La búsqueda del significado, Técnos: Madrid, 1999, pp. 24-45.
• B. RUSSELL, “La filosofía del atomismo lógico” en Lógica y conocimiento, Taurus: Madrid, 1981, pp. 249-395.
• L. WITTGENSTEIN, Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza: Madrid, 1973. (Proposicións 1-4, 4.4.032-4.1212 e 6.4-7).
• L. WITTGENSTEIN, Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988, Selección de parágrafos: §1-§133.
• J. L. AUSTIN, Conferencia VIII de Cómo hacer cosas con palabras, Paidós: Barcelona, 2004, pp.:141-154.
• SEARLE, J. R. ¿Qué es un acto de habla? Universidad de Valencia. Servicio de Publicaciones, 1977.
• GRICE, P., ‘Lógica y conversación’, en La búsqueda del significado, ed. L. Valdés, Murcia, Tecnos, 1991, pp. 511-530.
Bibliografía complementaria
Obras:
AUSTIN, J.L.: Cómo hacer cosas con palabras, Paidós: Barcelona, 2004.
FREGE, G.: “El pensamiento”, Investigaciones lógicas, Tecnos: Madrid, 1984, pp. 49-85.
FREGE, G.: Estudios sobre semántica, Ariel: Barcelona, 1973.
FREGE, G.: Investigaciones lógicas, Tecnos, Madrid, 1984.
GRICE, P. (1957), «Meaning», Philosophical Review, 66, pp. 377-388, 1957
GRICE, P. «Las intenciones y el significado del hablante», 1969, en La búsqueda del significado, ed. L. Valdés, Murcia, Tecnos, 1991, pp. 481-510.
RUSSELL, B.: La evolución de mi pensamiento filosófico, Alianza, 1982.
RUSSELL, B.: “La filosofía del atomismo lógico” y “Sobre las proposiciones: qué son y qué significan”, ambos en Lógica y conocimiento, Taurus: Madrid, 1981, pp. 245-449.
RUSSELL, B.: “Conocimiento directo y conocimiento por descripción”, Misticismo y lógica, Edhasa: Barcelona, 1987, pp. 209-230.
SEARLE, John R. (1986). Actos de habla. Ediciones Cátedra.
SEARLE, John R. (2004). Mente, lenguaje y sociedad: la filosofía en el mundo real. Alianza Editorial.
WITTGENSTEIN, L.: Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza: Madrid, 1973.
WITTGENSTEIN, L.: Los cuadernos azul y marrón, Tecnos: Madrid, 1976.
WITTGENSTEIN, L.: Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988.
WITTGENSTEIN, L.: Cartas a Russell, Keynes y Moore, Taurus: Madrid, 1979.
Estudos:
ALSTON, W. P. Filosofía del Lenguaje. Alianza, 1985
BAGHRAMIAN, M., Modern philosophy of language. Washington D.C.: Couterpoint, cop.1999
BUSTOS GUADAÑO, E., Filosofía del lenguaje. UNED, 2004
CHAPMAN, S & ROUTLEDGE, Ch., Key thinkers in linguistics and the philosophy of language. Edinburgh University Press, 2005
DEVITT, M. & HANLEY, R. (eds.), The Blackwell guide to the philosophy of language. Blackwell Pub., 2006
FRAPOLLI, M. J., Una aproximación a la filosofía del lenguaje. Síntesis, 1998
GARCÍA-CARPINTERO, M.: Las palabras, las ideas y las cosas, Ariel: Barcelona, 1996.
GARCÍA SUÁREZ, A.: Modos de significar, Tecnos: Madrid, 1997.
HAWTHORNE, J. (ed), Philosophy of Language, Blackwell, 2008.
HIERRO S. PESCADOR, J.: Principios de filosofía del lenguaje, Alianza: Madrid, 1986.
HIERRO S. PESCADOR, J.: Significado y verdad. Ensayos de semántica filosófica, Alianza: Madrid, 1990.
LEPORE, E. & SMITH, B. C., The Oxford Handbook of the Philosophy of Language, Oxford University Press, 2006.
MCGUINN, C., Philosophy of Language: the classic explained. MIT Press, 2015.
MORRIS, M., An Introduction to the Philosophy of Language. Cambridge University Press, 2007
PICARDI, E.: Teorías del significado, Alianza: Madrid, 2001.
SOAMES, S.: Philosophy of Language, Princeton University Press, cop. 2010.
VALDÉS VILLANUEVA, L. Ml.: La búsqueda del significado, Tecnos: Madrid, 1999
BÁSICAS E XERAIS
CX1. Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2. Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 Que sexan quen de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4. Que estean capacitados/as para continuar a súa formación, en Filosofía ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5. Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1. Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS DE TIPO TRANSVERSAL
CT1. Instrumentais: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2. Persoais: Curiosidade e actividade intelectual non restrinxida á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT3. Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade con problemas de igualdade e ambientais.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO
1. Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía da Linguaxe entendida como ‘Teoría do significado’.
2. Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
3. Saber ampliar e desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
4. Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
5. Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar a propósito da temática da materia.
6. Ter capacidade para organizar a información e tomar decisións, así como considerar e resolver problemas que teñan que ver coa materia.
Alcánzanse os obxectivos fixados e trabállanse as competencias sinaladas co conxunto de actividades previstas para o seguimento da materia.
Avalíanse os obxectivos e competencias coas probas previstas para a avaliación continua ou, no seu caso, coa proba do exame final (en algunha das oportunidades).
a) Docencia expositiva: clases teóricas de exposición, abertas á intervención e ao debate.
b) Docencia interactiva:
(i) Análise de textos
(ii) Cuestionarios, preguntas de resposta breve.
Titorización en grupos: Avaliación da evolución do curso e suxerencias de mellora. Análise e implementación das mesmas.
A materia desenvólvese facendo uso do Campus virtual, onde se atopa información relevante para o desenvolvemento do curso (horarios de titorías, programas e guías docentes, cualificacións das actividades, anuncios e avisos, etc.).
Dos modalidades:
(i) Avaliación continua
A avaliación continua consta de:
a) Dous exames parciais sobre cada un dos bloques do temario
b) Tarefas desenvolvidas nas aulas interactivas.
O alumnado que non supere a avaliación continua ou desexe mellorar a nota acadada nela, poderá presentarse ao exame final.
O alumnado exento de asistencia as aulas segundo a normativa da USC terá que presentarse ao exame final da materia e será avaliado coa cualificación obtida no mesmo.
(ii) Exame final
O exame constará de 10 preguntas de resposta breve sobre os diferentes apartados da docencia expositiva e interactiva.
- As competencias da matéria son avaliadas en todos e cada un dos diferentes modos e dimensións da avaliación continua (a, b) e co exame final (ii)
2ª Oportunidade
No caso de non superar a materia na 1ª oportunidade, as cualificacións obtidas nos exames parciais conservaranse para a 2ª oportunidade. Tamén se terá en conta a actividade realizada na docencia interactiva.
- Dimensións da avaliación:
(i) Avaliación continua
a) Docencia expositiva: Exames parciais: 90% da cualificación global.
b) Docencia interactiva: 10% (porcentaxe repartido entre as distintas actividades interactivas)
De non superar a avaliación continua, o alumando deberá facer o:
(ii) Exame final: 10 preguntas de resposta breve. Cada pregunta valorarase como máximo con 1 punto.
- O alumnado con exención de asistencia á clase será cualificado coa puntuación obtida no exame final.
Normas a ter en conta:
- Non será obxecto de avaliación continua quen non asista a clase ou non entregue as tarefas acordadas nos prazos establecidos.
- O/a alumno/a debe atender ao código de boas prácticas da USC, que di que hai que traballar con honestidade intelectual e seriedade no contraste das citas, respectando o traballo dos demáis, evitando todo tipo de plaxios e apropiacións indebidas e actuando co máximo respecto á propiedade intelectual ou industrial. A non observancia de esta norma conlevará non superar a materia nas dúas convocatorias anuais.
Horas presenciais: 51h.
Horas de Titorías 3h.
Aulas Expositivas 24h.
Aulas Interactivas 24h.
Horas non presenciais: 99h.
Traballo total do estudante: 150 horas.
Docencia expositiva: 24 h. de traballo presencial do/a alumno/a (asistencia a clase) e 46 de seguimento e preparación da docencia expositiva (lectura e repaso diario do explicado na clase, preparación de esquemas e estudio regular da materia).
Docencia interactiva: 24 h. de traballo presencial do/a alumno/a (asistencia as aulas e participación activa nas mesmas) e 53 horas de preparación das actividades de lectura dos textos orixinais dos filósofos estudados.
Titorías de grupo: 3 h. para valorar o seguimento do curso e para consensuar decisión si fose preciso.
1. Ler, pensar, debater e escribir
2. Asistencia ás clases.
3. Seguimento ó día da materia. Estudo sistemático e regular dos temas da materia.
4. Facer uso das titorías para resolver dúbidas
Non hai
Violeta Conde Borrego
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Correo electrónico
- violeta.conde.borrego [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Eduardo Perez Navarro
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812537
- Correo electrónico
- eduardo.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
24.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
24.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
24.05.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
03.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
03.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |