Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Grega
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Coñecer e dominar a gramática do grego clásico.
2.- Adquirir un vocabulario básico do grego.
3.- Adquirir destreza na lectura, comprensión e tradución dos textos e autores propostos.
4.- Coñecer as características principais dos autores e obras que se traducen e do xénero no que se encadran as obras, dentro do contexto xeral da literatura grega.
5.- Adquirir unha visión global da materia no conxunto da Titulación de Filoloxía Clásica.
Tradución e comentario de textos de prosa de pouca dificultade (entregarase ós alumnos unha antoloxía), con especial atención aos aspectos fonéticos e morfolóxicos e insistindo na aprendizaxe de léxico.
J. Berenguer Amenós, Gramática griega, Barcelona 2005
FERNÁNDEZ-GALIANO, M. (1971), «Manual práctico de morfología verbal griega», Madrid
SMYTH, H. W. (1956), «Greek Grammar», Cambridge (Mass.)
LEJEUNE, m. (1972), Phonétique Historique du Mycénien et du Grec Ancien, Paris
CHANTRAINE, P. (1961) Morphologique historique du Grec Ancien, Paris
F. Sebastián Yarza, Diccionario Griego-Español, Barcelona 2002.
J.M. Pabón, Diccionario manual Griego clásico-Español, Barcelona 2007.
BAILLY A., Dictionnaire grec-français, Paris, 1894; reimpr. 2000 .
DGE = Diccionario Griego-español, F. R. Adrados (coord.), CSIC, Madrid.
LIDDELL H.G. - SCOTT R.- JONES H. S. A Greek-English Lexicon with a Supplement, Oxford, 1996 (9ª ed.).
http://www.dicciogriego.es
http://www.perseus.tufts.edu
Toda esta bibliografía é accesible na Biblioteca da Facultade, apartado de "frecuentes".
O labor de aulas poderá incluír indicación de bibliografía relativa ós temas estudados.
1.- Capacidade para a análise gramatical dos textos.
2.- Dominio dos recursos da tradución.
3.- Coñecemento dun vocabulario básico e capacidade de ampliar o acervo léxico a partir del.
4.- Dominio dos instrumentos de consulta: gramáticas. Dicionarios.
5.- Desenvolvemento dunha sensibilidade para valorar o carácter literario dos textos.
Catro horas de clase presencial á semana en dous eixes: análise, comentario e tradución de textos con explicacións teórico-prácticas de gramática.
O alumno deberá facer a lectura e a tradución dos autores propostos; algunhas desas traducións serán corrixidas e matizadas na clase, coas correspondentes explicacións de todo tipo (lingüístico, literario, de realia, etc.), por parte do profesor. Estas explicacións na clase serviranlle ao alumno como punto de referencia para o comentario das outras traducións que ten que facer pola súa conta e que non serán obxecto de explicación na clase, senón que se deixarán á propia capacidade crítica e de reflexión do alumno, e que si serán obxecto de exame.
A porcentaxe da cualificación para as dúas convocatorias é a seguinte:
1.- Participación activa na aula: 10% (1 sobre 10)
2.- Exame final 90% (9 sobre 10)
As probas finais serán sobre a totalidade do programa e consistirán en:
A) - exame SEN dicionario dos textos vistos en clase e en casa (30% da cualificación global)
B) - exame CON e SEN dicionario de outros textos (30% da cualificación global)
C) - exame sobre cuestións de Gramática (30% da cualificación global)
- Será necesario superar de forma independente cada proba para poder efectuar a media
- Quen non aproben a materia na primeira oportunidade examinaranse na segunda de todo o programa.
- Os alumnos con dispensa oficial de asistencia ás clases examinaranse de todo o programa ó final do curso e as porcentaxes serán: Exame final: 100%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
O tempo de traballo persoal do alumno dependerá sempre e fundamentalmente das súas capacidades e afeccións, pero debe ter como norma básica que en tradución a calidad é fruto da cantidade e que aprender unha lingua nos seus textos é unha inmersión na que a cantidade de texto traducido é o único sustituto válido do que é a práctica oral na inmersión en linguas vivas.
É moi importante a constancia diaria na tradución.
PLAN DE CONTINXENCIA EN CASO DE REBROTE DA COVID-19:
1. O contido dos ítems precedentes refírese exclusivamente ao suposto do Escenario 1 (“normalidade adaptada”) descrito nas bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021 aprobada pola USC o 19 de xuño de 2020.
Detállanse a continuación, as adaptacións que terán lugar no caso de que se produzan os Escenarios 2 e 3.
2.-Escenario 2 (clases presenciais pero con distanciamento e medidas de prevención de contaxios)
-Salvo que a situación se agrave, a docencia será fundamentalmente presencial.
-As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas.
-Os contidos do programa manteranse.
-As probas finais serán presenciais, salvo que o Reitorado prescriba o contrario.
-Os criterios de avaliación non sufrirán modificacións respecto dos expostos supra, isto é, asistencia a clase, traballo activo e participativo, e proba final.
3.-Escenario 3 (peche das instalación)
-A docencia será completamente virtual vía Teams ou Skype e realizarase de forma síncrona.
-As titorías serán telemáticas.
-Os contidos do programa sufrirán modificacións que se especificarán no seu momento, dependendo de en que momento producísese o escenario 3.
-As probas finais serán telemáticas (vía Teams ou Skype).
-Os criterios de avaliación sufrirán as modificacións que o reitorado indique pero, no fundamental, seguirá sendo obxecto de avaliación a asistencia ás clases telemáticas, a participación activa nestas e a proba final. O alumnado con pouca ou nula conectividad nos seus domicilios han de porse en contacto coa profesora no momento mesmo de inicio deste hipotético Escenario 3.
-O material bibliográfico estará a disposición do alumnado na aula virtual desta materia.
María José García Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811885
- Correo electrónico
- mariajose.garcia.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eleonora Giunchi
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Correo electrónico
- eleonora.giunchi [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | D09 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | D09 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C10 |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C10 |
25.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
25.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C10 |
25.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C10 |
25.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
25.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C11 |
25.01.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C11 |
18.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C12 |
18.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C12 |
18.06.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C12 |