Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é que o alumnado adquira os coñecementos básicos sobre o comportamento e as experiencias psicolóxicas dos traballadores, en contextos relacionados co traballo, dende unha perspectiva grupal e organizacional. Todo iso co obxectivo dunha intervención na realidade da empresa, pondo especial énfase na adquisición de habilidades e técnicas de intervención nos procesos psicosociais de integración e desenrolo da actividade laboral.
1. INTRODUCIÓN AO COMPORTAMENTO ORGANIZACIONAL
- Que é o comportamento organizacional?
- Explicación do comportamento de individuos, grupos e organizacións.
2. LIDERADO NAS ORGANIZACIÓNS
- Concepto de liderado
- Teorías clásicas do liderado
- Teorías contemporáneas do liderado
- Temas emerxentes e retos na investigación do liderado
3. A PERCEPCIÓN E A TOMA DE DECISIÓNS INDIVIDUAL
- Que é a percepción?
- O vínculo entre a percepción e a toma de decisión individual
- Toma de decisión nas organizacións
- Impedimentos na toma de decisións
4. COMUNICACIÓN VERBAL E NON VERBAL
- Elementos do sistema de comunicación
- Tipos de comunicación: verbal e non verbal
- Comunicación organizacional
- Habilidades para a comunicación interpersoal
5. CONFLITO E XESTIÓN DE CONFLITOS
- Definición de conflito
- O proceso de Conflito
- Estratexias para o manexo de conflitos
6. O PODER NAS ORGANIZACIÓNS
- Bases e fontes de poder nas organizacións
- Poder e personalidade
- Tácticas de poder nas organizacións
- Tácticas políticas nas organizacións
7. CLIMA E CULTURA
- O clima psicolóxico nas organizacións: Definición, características e efectos.
- Cultura organizacional: Definición, elementos e funcións.
8. CAMBIO E DESENVOLVEMENTO ORGANIZACIONAL
- O cambio organizacional: Concepto, modelos de cambio organizacional planificado e a resistencia ao cambio.
- O desenvolvemento organizacional: Concepto, intervencións de desenvolvemento organizacional, innovación e creatividade.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Robbins, S.P. y Judge, T. (2017). Fundamentos de comportamiento organizacional. México: Prentice Hall.
- Salgado, J. (1997). Comportamiento organizacional. Vigo: Escuela de Negocios CaixaVigo.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Collado, C. (2006). La comunicación en las organizaciones. Méjico: Trillas
- Giraudier, M. (2004). Cómo gestionar el clima laboral: escuchar, dar feedback, comunicar, negociar, motivar.... Barcelona: Obelisco.
- Gibson, J. L., Ivancevich, J. M., Donnelly, J. H. y Konopaske R. (2011). Organizaciones: comportamiento, estructura, procesos. México: McGraw Hill.
- Landy, F. J y Conte, J.M. (2005). Psicología industrial. México: McGraw Hill.
- Luthans, F. (2008). Comportamiento organizacional. México: McGrawHill.
- Munduate, L. y Medina, F. (2005). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Madrid: Pirámide
- Newstrom, J. (2011). Comportamiento humano en el trabajo. México: McGrawHill
- Palací, F. J., Osca, A., Moriano, J. A., Lisbona, A. (2016). Nuevas Perspectivas en Psicología de las Organizaciones. Madrid: Sanz y Torres
- Spector, P. (2010). Psicología Industrial y Organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno.
- Wagner III, J.A y Hollenbeck, J.R. (2004). Comportamiento organizativo. Consiguiendo la ventaja competitiva.
- Yukl, G. (2008). Liderazgo en las organizaciones. Madrid: Pearson Prentice Hall.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
• Traballar individualmente e en equipo.
• Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
• Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
• Expoñer e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade.
• Aprender autonomamente.
• Traballar e relacionarse cos demais, respetando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
Ao finalizar o curso, o alumnado debería ser capaz de exhibir as competencias/destrezas/habilidades básicas (a un nivel non especializado) requiridas para:
• Identificar e comprender a importancia do factor humano no traballo.
• Coñecer e saber aplicar, a un nivel básico, algunhas das principais técnicas de intervención e tratamento psicolóxico sobre o comportamento individual, grupal e social, no contexto e ámbito de intervención nas organizacións.
• Coñecer os modelos nos que se basea o funcionamento das organizacións actuais e a xestión do comportamento organizacional.
• Saber aplicar algúns dos principais métodos, técnicas, instrumentos, estratexias e procedementos de avaliación e de intervención sobre o comportamento nas organizacións.
• Desenvolver habilidades de comunicación (oral/escrita, verbal, non verbal, etc.).
• Mostrar unha actitude positiva cara ás achegas que, dende a materia de Comportamento Organizacional, se poden realizar para o logro dos obxectivos organizacionais e persoais.
• Orientar a súa actuación profesional a partir do respeto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión.
Metodoloxía da ensinanza
As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación do estudantado respecto a adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso, o profesorado explicará os diferentes temas apoiándose en material audiovisual e ferramentas TIC.
O contido teórico será impartido nas clases expositivas, utilizando todos os medios técnicos dispoñibles na aula.
Empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado para facerlle chegar toda a información referente á avaliación da materia, os materiais que deben ser preparados por parte do alumnado, así como para realizar as entregas dos traballos que formarán parte da avaliación.
As actividades interactivas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios, traballos e simulacións para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as
competencias específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno nas que, ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, practicaranse as habilidades de comunicación oral. Ademais de todo isto, ao longo do curso, o alumnado poderá participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia, así como realizar diversas lecturas.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Débese asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas e expositivas para poder superar a materia.
A avaliación das competencias específicas parciais da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final que valerá un 70% da cualificación final.
O exame constará de dúas partes: a) un test e b) preguntas curtas.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase en función do desempeño do alumnado en cada unha das actividades interactivas (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 30% da cualificación final. Neste apartado valoraranse tamén a adquisición de competencias en información para o que o alumno deberá realizar o curso ofertado pola Biblioteca “Concepción Arenal” e as probas que se deriven do mesmo. O curso ten o seguinte nome: “Curso básico (ou avanzado) en competencias en información”. É un curso en liña aloxado no Campus virtual da USC. O alumnado adquirirá habilidades para buscar, localizar, seleccionar e analizar información e construir a partir dela novos coñecementos. Ademais, aprenderá a comunicar, difundir e compartir información reflexivamente e con responsabilidade.
Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia.
No caso do alumnado que teña concedida dispensa a clase, o 70% da cualificación será obtida a través do exame e o 30% restante a través da realización de traballos e actividades similares ás realizadas polo resto do estudantado.
Estímase que se necesitarán unhas cen horas de traballo e estudo persoal. Repartido entre estudo persoal, realización de traballos individuais ou en grupo, preparación de presentacións e realización de lecturas.
O alumnado deberá levar a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como as clases interactivas.
Para poder obter o máximo aproveitamento nesta materia, recoméndase ter superada a materia de Psicoloxía do Traballo, xa que isto permitiralle ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas impartidos en Comportamento Organizacional.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías:
A realización fraudulenta de calquera exame, exercicios, informes, etc., de maneira total ou parcial, que poida ser obxecto de avaliación para a materia, implicará a cualificación de suspenso na convocatoria vixente de acordo co artigo 16 recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Inmaculada Otero Moral
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- inmaculada.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alexandra Martinez Gomez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- alexandra.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Tania París Rodríguez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- taniaparis.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Ariana Picallo Rodriguez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- arianapicallo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Castelán | Aula 5 |
15:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Castelán | Aula 5 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Castelán | Aula 5 |
17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Castelán | Aula 5 |
04.06.2024 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
04.06.2024 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
04.06.2024 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
28.06.2024 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
28.06.2024 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
28.06.2024 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |