Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 36 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Como competencias específicas, en canto a coñecementos, o alumnado deberá caracterizar o proceso de produción da voz así como identificar e diferenciar as súas calidades acústicas. En canto a habilidades, o alumnado deberá adquirir unha correcta técnica vocal e empregar con destreza as diferentes calidades da voz na lectura de mensaxes informativas. Por último, en canto a actitudes, o alumnado deberá saber avaliar e analizar locucións informativas dende unha perspectiva crítica.
Estudo do proceso de produción da voz e formación no manexo das súas calidades sonoras, imprescindibles para a correcta locución de mensaxes informativas nos distintos soportes audiovisuais. Técnicas de improvisación.
CONTIDOS TEÓRICOS:
TEMA 1. Introducción á Radio e á Televisión; a locución dentro da Comunicación Audiovisual: marco teórico, introducción aos conceptos clave da materia; liñas xerais do programa; obxectivos da materia; material necesario para a realización das prácticas; organización do curso; fontes bibliográficas; sistema de avaliación; métodos e datas da avaliación
TEMA 2. O texto audiovisual: escribir para falar; características da redacción audiovisual; adaptación ás particularidades do medio radiofónico e televisivo. O libro de estilo e o uso do idioma
TEMA 3. Mecanismos de producción da voz: Mecanismo respiratorio; tipos de respiración: a respiración costodiafragmática; mecanismo fonador; mecanismo articulatorio
TEMA 4. Calidades da voz: A intensidade da voz, a duración ou cantidade de voz; o ton da voz; o timbre da voz. Mecanismos reguladores da intensidade, o ton e o timbre; clasificación e características da voz audiovisual: o condicionamento radiofónico e o condicionamento televisivo, o condicionamento vocal
TEMA 5. A educación da voz: ortofonía. Factores técnicos: relaxación, respiración, fonación e articulación; factores físicos, factores psicolóxicos; factores externos. A construcción da locución audiovisual
TEMA 6. Prosodia audiovisual: definición; funcións da Prosodia: función distintiva, función integradora, función delimitadora, función contrastiva, función semántica
TEMA 7. Elementos prosódicos: entoación, acento, ritmo e actitude. A entoación: niveles ou fonemas tonais; tonemas ou xunturas terminais; o acento; o ritmo: velocidade de lectura, pausas, a adaptación ás características do discurso radiofónico e televisivo. A actitude do locutor ante o texto. Niveles e patróns prosódicos
TEMA 8. A pronunciación radiofónica; definición de pronunciación; tipos de pronunciación; procesos articulatorios de vogais e consonantes; clasificación e articulación das vogais; adaptación ás características de cada lingua
TEMA 9. A locución a partir dos textos escritos: características; unidades fónicas: definición; identificación de unidades e subunidades fónicas; atribución de unidades melódicas; palabras de valor; enlaces de entoación; cadencia; o estilo do locutor
TEMA 10. A locución improvisada: funcións; diferencias entre improvisación e repentización; tipoloxías de improvisación; principais estratexias para preparar a improvisación en Radio e Televisión
CONTIDOS PRÁCTICOS:
Unha vez asumida a teoría da redacción e da locución audiovisual, os contidos prácticos consistirán: na realización de exercicios de respiración, fonación, entoación, vocalización, ritmo e actitude, así como a redacción e lectura de guións audiovisuais realizados polos propios alumnos no estudio de radio, co manexo de micrófonos e equipos sonoros, e no plató de televisión, ante cámaras e telepronter, con iluminación adecuada. Nestas prácticas será obrigatoria a participación activa do alumnado –debate, lectura entoada de textos, exercicio dos distintos tipos de locución para radio e televisión, visionado, escoita e análise crítica de productos audiovisuais profesionais.
As clases prácticas estarán estructuradas en oito apartados:
1.- O guión para radio.O guión para a TV. As figuras de montaxe. Formatos e estilos de programas. Exercicios e recomendacións prácticas
2.- A relación entre redacción e locución na radio e na TV
3.- Os conceptos clave da redacción audiovisual. Exercicios e recomendacións prácticas en radio e TV
4.- A voz: Respiración e fonación. Órganos resoador e articulatorio. Exercicios e recomendacións prácticas
5.- Intensidade, ton, timbre. Exercicios e recomendacións prácticas
6.- A emisión da voz ante o micrófono. Vocalización. Articulación. Exercicios e recomendacións prácticas
7.- Entoación. Ritmo. Pausas fónicas. Grupos fónicos. Palabras-valor. A impostación. Exercicios e recomendacións prácticas
8.- Locución informativa e creativa. Repaso final
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Barea, P. & Montalvillo, R. (1992). Radio, Redacción y Guiones. UPV.
Elliot, M. (1980). Saber respirar bien. Mensajero.
Huertas Bailén, A. & Perona Páez J. (1998). Redacción y locución en medios audiovisuales. Bosch.
Larrañaga Zubizarreta J. (2006). Redacción y Locución de la información audiovisual. UPV.
Pousa, X.R. & Yaguana, H.A. (2013). La Radio un medio en evolución. Comunicación Social.
Rodero Antón, E. (2003). Locución Radiofónica. IORTV.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Arnheim, R. (1980). Estética Radiofónica. Gustavo Gili.
Balsebre, A. (1994). El Lenguaje Radiofónico. Cátedra.
Cebrián Herreros, M. (1998). Información televisiva. Mediaciones,contenidos, expresión y programación. Síntesis.
Chion, M. (1999). El sonido. Paidós.
Mateos Sainz de Medrano, V. (2003). La radiovoz, sonido e información. Universidad Antonio de Nebrija.
Merayo Pérez, A. & Pérez Álvarez, C. (2001). La magia radiofónica de las palabras. Aproximación a la lingüística en el mensaje de la radio. Cervantes.
Prado, E. (1981). Estructura de la información radiofónica. ATE.
Rodríguez, A. (1998). La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Paidós.
BASICAS E XERAIS (CB E CX)
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenrolado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía.
CG1 – Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 – Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 – Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS (CT)
CT1 – Capacidade de organización e planificación.
CT2 – Capacidade de xestión da información.
CT3 – Traballo en equipo
CT4 – Aprendizaxe autónomo
CT5 – Creatividade
CT6 – Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 – Coñecementos básicos da profesión
ESPECIFICAS (CE)
CE01 – Técnicas de expresión oral nos medios de comunicación audiovisuais, incluíndo técnicas de locución e redacción para os medios non escritos.
CE02 – Correcto uso da lingua española/galega
Exposición na clase dos temas teóricos; escoita, análise e seguimento de producións audiovisuais; práctica nos estudios profesionais de radio e plató de televisión, corrección dos traballos ante a clase.
Están previstas actividades en remoto a través do Campus Virtual.
O 50% da materia valorarase nun exame final, que inclúe teoría e lectura de textos. O 50% restante complementarase coa avaliación continua das prácticas. Para superar a materia será necesario realizar todas as prácticas, que teñen carácter obrigatorio, e aprobar o exame teórico. A nota final será a media entre teoría e práctica.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO:
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 10 horas
Traballos con textos: análises, sínteses e discusións: 4 horas
Prácticas de laboratorio: 30 horas
Titorías de traballos de curso: 1,5
Actividades de avaliación: 1,5
Exame final: 1
Total horas de traballo presencial: 48 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO:
Estudio individual ou en grupo: 40
Lecturas recomendadas: 12
Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (texto, imaxes, audio, etc) Planificación e execución da práctica: 50
Total de horas de traballo persoal do alumno: 102 horas
Importante a lectura dos textos básicos recomendados, do material de apoio subministrado polo profesor, así como o seguimento crítico dos medios audiovisuais –radio e televisión-
Ricardo Rodriguez Ruiz
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881811000
- Correo electrónico
- ricardo.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Manuel Midon Miguez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- manuel.midon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Irene Sandra Lourido Loureiro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- irenesandra.lourido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
19.06.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |