Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Adquisición por parte do alumnado dun repertorio de coñecementos solventes e dunha visión panorámica sobre os xéneros da ficción e do documental para TV nunha dobre vertente: teórica e práctica.
Especial atención ás series e novas linguaxes para TV.
Coñecemento das hibridacións interxenéricas de ambas modalidades.
Análise de material textual, audiovisual e/ou sonoro que sirva ao alumnado para percibir os modelos de xéneros e o seu formato.
Prácticas relacionadas coa reflexión individualizada e co fomento do espírito dialéctico sobre a materia
A comunicación audiovisual na dobre dimensión da ficción e do documental, as súas orixes e códigos estéticos en relación coa teoría dos xéneros e das novas linguaxes parar televisión. Isto farase do seguinte xeito.
CONTIDOS TEÓRICOS
INTRODUCIÓN
Modalidades, xéneros, subxéneros e formatos no audiovisual
BLOQUE A: MODALIDADES DOCUMENTAIS
Tema 1. Documental: concepto, epistemoloxía e orixes
1.1. Unha aproximación conceptual ao documental: Os universos documentais
1.2. Documental, non ficción, cinema do real, reportaxe
1.3. Orixes, textos e praxes do documental cinematográfico
1.4. A cuestión do realismo, a verosimilitude e o compromiso autoral
Tema 2. Clasificación e categorías do documental: Nichols vs Bruzzi
2.1. As modalidades documentais
2.2. A modalidade expositiva: institucionalización e ironía crítica
2.3. A modalidade observacional: ética, disciplina autoral e construción narrativa. Cinema directo e xornalismo
2.4. A modalidade interactiva, participativa e performativa: do autor catalizador ao eu como personaxe
2.5. A modalidade reflexiva: da vangarda ao ensaio, metacine e episteme fílmica
2.6. A modalidade poética: do real extenso
2.7. Utilidade, crítica e revisión das modalidades documentais
2.8. Cinemas do real no tránsito: evolución das modalidades
Tema 3. Cinemas documentais ibéricos, latinoamericanos e as súas modalidades propias
3.1. Cinema documental na II República española
3.2. Val del Omar: desbordamento experimental
3.3. Purgando as ditaduras: Basilio Martín Patino, Fernando Ruíz Vergara e Susana de Sousa Dias
3.4. Cara un Terceiro Cinema: a descolonización do cinema
BLOQUE B: MODALIDADES DA FICCIÓN
Tema 4. Os xéneros da ficción e o establecemento do canon
4.1. Concepto, discusión e metamorfose histórica dos xéneros cinematográficos
4.2. Coutando as categorías: temáticas, estruturas e iconografías
4.3. Western e road-movie: estruturas ideolóxicas e melancolía
4.4. Noir, criminal e suspense: socioloxía do anti-heroe e das femme fatale caídas
4.5. Comedia: slapstick, screwball e diversificación de fórmulas
4.6. Melodrama: paixón, distancia, manierismo
4.7. Musical: da atracción comercial americana ao desencanto europeo
4.8. Ciencia Ficción, fantástico e terror: da trucaxe ao abismo
4.9. O canon clásico, o canon autoral, o canon nacional, a descolonización dos xéneros
4.10. A historia repítese como parodia: posmodernidade e neoxéneros
BLOQUE C: SERIALIDADE E HIBRIDACIÓN
Tema 5. Hibridacións e derivas contemporáneas
5.1. O rexurdir da serialidade no documental e na ficción
5.2. Ficción documental, mockumentary e animación
5.3. Narrativas interactivas, inmersivas e transmedia
5.4. Novos formatos televisivos, de televisión conectada e VoD
CONTIDOS PRÁCTICOS
1. A análise audiovisual: da crítica textual ao videoensaio
2. Harlan County (Kopple, 1976): O direct cinema e os límites da modalidade observacional
3. O home da cámara (Vértov, 1929): O cinema reflexivo e o desbordamento do documental institucional
4. Las Hurdes (Buñuel, 1933): Documental, surrealismo e tradición cultural subvertida
5. Agarrando pueblo. Los vampiros de la miseria (Ospina e Mayolo, 1978): O Terceiro Cinema na busca da súa propia forma
6. Centauros do deserto (Ford, 1956):O western crepuscular: melancolía e resistencias
7. Nun lugar solitario (Nicholas Ray, 1950):Noir autoral: desconfianza e fracaso dentro da industria do cine
8. Wild wild country (Duplass & Brown, 2018): Serialidade documental e homoxeneización anti-reflexiva das formas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Altman, Rick (2000). Los géneros cinematográficos. Barcelona: Paidós Comunicación.
Barnow, Erik (1998) El documental. Historia y estilo;Barcelona: Gedisa.
Bruzzi, Stella (2000) New Documentary. A critical Introduction. Indianapolis: Indiana University.
Neale, Steve (2000) Genre and Hollywood, Londres: Routledge.
Nichols, Bill (1997) La representación de la realidad: cuestiones y conceptos sobre el documental. Barcelona: Paidós.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Balló, Jordi; Pérez, Xavier (1997) La semilla inmortal. Los argumentos universales en el cine. Barcelona: Anagrama.
Barreiro, Mª Soliña (2013) “De madera y niebla: Esbozo crítico del cine documental español” en Icónica Nº 6, México DF: Cineteca Mexicana, pp:19-23.
Benet, Vicente (2013). El cine español. Una historia cultural. Barcelona: Paidós.
Bordwell, David, Staiger, Janet; Thompson, Kristin (1997). El cine clásico de Hollywood: estilo cinematográfico y modo de producción hasta 1960.Barcelona, Paidós.
Castro de Paz, José Luís e Cerdán, Josetxo (2011) Del sainete al esperpento. Relecturas del cine español de los años 50. Madrid: Cátedra.
Castro de Paz, José Luís (1999) El surgimiento del telefilm. Los años cincuenta y la crisis de Hollywood. Barcelona: Paidós
Català, JM e Cerdán J. “Después de lo real. Pensar las formas del documental hoy”. Valencia: Archivos de la Filmoteca Valenciana, (oct-feb 2007-2008).
Català, JM, Cerdán J. , Torreiro, M.(2008) Imagen, memoria y fascinación. Notas sobre el documental en España. Madrid: Ocho y Medio
Cerdán, J. E Torreiro (2007). Al otro lado de la ficción. Trece documentalistas españoles contemporáneos. Madrid: Cátedra.
Cuevas Efrén (2012) “El cine autobiográfico en España: una panorámica”. RILCE 28.1.; pp:106-125.
Cuevas-Álvarez, E. (1994). “Notas sobre la “teoría del autor” en ficciones audiovisuales”. Communication & Society, 7 (1).
Gaudreault, A.; Jost, F. (1995). El relato cinematográfico. Cine y narratología. Barcelona: Paidós.
Durand, Gilbert (2005). Estructuras antropológicas del imaginario. Madrid: Fondo de Cultura Económica.
Geraghty, Lincoln ; Jancovich, Marc (2008) The Shifting Definitions of Genre. North Carolina: McFarland.
Gifreu, Arnau (2013) El documental interactivo. Evolución, caracterización y perspectivas de desarrollo. Barcelona: UOC.
Jameson, Fredric (2001) “Transformacións da imaxe na Posmodernidade” en A Trabe de Ouro, nº46 , T.II, a. XII, pp:117-207 (Tradución Manuel Outeiriño)
Jameson, Fredric (1995) La estética geopolítica. Cine y espacio en el sistema mundial. Barceona: Paidos.
Kracauer, Siegfried (1995) De Caligari a Hitler. Una historia psicológica del cine alemán. Barcelona.Paidós.
Ledo, Margarita et alt. (2018) Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega. Vigo: Galaxia.
Ledo, Margarita (2005) Cine de fotógrafos. Barcelona: Gustavo Gili.
Ledo, Margarita (2004) Del cine ojo al Dogma 95. Paseo por el amor y muerte del cinematógrafo documental. Barcelona: Paidós.
RECURSOS EN LIÑA
Capturing reality: the art of documentary (NFB/ONF): https://capturingreality.nfb.ca/
What’s an interactive documentary? (A.Gifreu) : http://comeindoc.com/
MentamentalDOC (U.Vic) http://www.metamentaldoc.com/
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva
histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na
definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE17 - Coñecer as técnicas de análises de produtos televisivos e cinematográficos
CE18 - Capacitar para a dirección de documentais audiovisuais
CE19 - Coñecer o marco histórico no que se desenvolveron os medios audiovisuais
Ao longo da materia empregaranse diferentes metodoloxías docentes que incluirán a lección maxistral, a resolución de exercicios e problemas e a aprendizaxe orientada a proxectos. A participación activa do estudantado é fundamental para o desenvolvemento das sesións.
A avaliación contempla unha distribución do 50% para a parte teórica e un 50% para a parte práctica, é imprescindible ter aprobadas ambas partes para que fagan media. De non ser así, poderase recuperar unha das partes na segunda oportunidade (gardándose a nota da outra) ou ambas se fose preciso. A parte teórica avaliarase cun exame e a práctica cun exercicio de análise, a participación activa nas interactivas e cun proxecto final.
Para os casos de avaliación fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. A USC no artigo 16 da normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Consello de Goberno 15-06-2011 BOE 21-07-2011) establece que “a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
No caso de dispensa de asistencia á clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesorado da materia, que consistirá na entrega dun traballo práctico de análise e videoensaio (50% da cualificación final) e que se entregará o día do exame (o exame computa o outro 50% da cualificación final).
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Clases expositivas: 20 horas
Traballos con textos: 4 horas
Prácticas: 20 horas
Exame final: 2 horas
Titorias de traballos: 1,5 horas
Actividades de avaliación: 1,5 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Lecturas recomendadas: 12 horas
Planificación, búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 50 horas
Recoméndase a participación activa nas aulas, o traballo continuado sobre os materiais do Campus Virtual, a lectura da bibliografía recomendada e desenvolver unha actividade constante e activa como espectadores, tanto nas salas de cinema coma en ciclos organizados por distintas institucións culturais, así como a participación nas sesión do Cineclube Compostela. Recoméndase estar ao tanto de festivais de cine e dos novos formatos televisivos a través de festivais e mostras como o PlayDoc, INPUT, MICE, DocsBarcelona, S8, etc.
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
23.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
23.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
27.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |