Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos Referidos ó Saber Facer (Procedimentais)
1.Ser máis capaces de traballar en equipo.
2. Ser máis hábiles á hora de traballar de forma autónoma.
3. Adquirir ou consolidar habilidades sociais para relacionarse coas persoas que non se coñecen, hoxe compañeiros/as de clase, mañá membros da comunidade educativa e da contorna.
4. Saber buscar información de diversas fontes: seleccionala, organizala, sintetizala, analizala e ser capaces de elaborar, a partires desta, un discurso argumental propio con cohesión y coherencia.
5. Adquirir, ou mellorar, a capacidade de elaborar argumentos e defendelos publicamente.
6. Saber utilizar instrumentos de investigación educativa para a reflexión sobre a práctica.
7. Saber comunicarse mellor a nivel escrito e a nivel oral.
Obxectivos Referidos ó Saber Ser (Actitudinais)
1.Reforzar o compromiso ético coa sociedade, dende o traballo como mestra/e.
2. Ser consciente da dimensión ética da profesión.
3. Desenvolver ou afianzar a capacidade para percibir e sentir os problemas sociais e educativos e comprometerse na súa modificación.
4. Fomentar unha actitude crítica e reflexiva respecto da educación en xeral e, en concreto, respecto á escola e ás funcións do mestre/a.
5. Ser máis capaces de tomar decisións.
6. Ser máis tolerantes e respectuosos/as cara a diversidade (procedencia étnica, xeográfica, cultural, identidade de xénero, orientación sexual…). Isto é: ser sensibles á nova realidade social, plural e diversa, para que no futuro poidamos por en marcha estratexias didácticas para a inclusión educativa e social.
7. Favorecer a autonomía e a iniciativa persoal.
Obxectivos Referidos ó Saber (Epistemolóxicos)
1. Coñecer as principais calidades do mestre/a.
2. Coñecer as funcións da educación, a escola e a profesión de mestras/es.
3. Coñecer as aportacións da Socioloxía da Educación á formación dos mestres/as.
4. Adquirir coñecementos e instrumentos que axuden a fundamentar a reflexión sociopsicopedagóxica do feito educativo; reflexión dende e sobre a práctica.
5. Iniciarse no coñecemento da complexidade da profesión.
6. Iniciarse na observación científica: Comezar a observar o centro educativo, a aula, os nenos/as... con "ollos" de futuro mestre/a.
7.Comezar a asumir que o exercicio da profesión docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose ós cambios sociais, científicos, pedagóxicos ó longo da vida.
8. Relacionar a escola coa sociedade e coa contorna social máis próxima para entender as súas influencias e implicacións mutuas. Ser capaz de analizar a contorna social, local, territorial no que desenvolverá ó seu traballo, para dotar de coherencia as distintas accións educativas.
9. Coñecer as relacións e implicacións mutuas: familia e escola. Saber cales son as variables máis importantes relacionadas coas familias que afectan á escola e máis concretamente ás/ós nenas/os (actitudes, comportamentos, rendemento académico..).
10. Coñecer o impacto escolar dalgúns dos cambios máis significativos que afectan á nosa sociedade actual: a inmigración; o cambio nos roles e relacións de xénero feminino e masculino; os novos modelos de familia...
Bloque 1. Estudantado do grao en Ed. Primaria e Dobre Grao. Aspirante a mestras/es. Contribucións da socioloxía da educación á formación do profesorado.
1.1. Reconstrución da Historia Escolar Personal (RHEP) do alumnado
Coñecer as súas concepcións e ideas previas sobre a infancia/nenez, sobre os mestres/as, a escola, a educación etc... partindo da análise das súas propias experiencias escolares durante as etapas de infantil e primaria.
Coñecer en que medida esas experiencias escolares previas puideron influír na súa decisión de ser mestra/e.
1.2. Calidades e habilidades do alumnado de Maxisterio
1.3. Calidades do mestre/a
1.4. Distinción entre instrución, adoutrinamento, ensinanza, aprendizaxe, educación
1.5. Contribución da Socioloxía da Educación á formación do profesorado
Porque e para que da materia "Socioloxía da Educación" en Maxisterio
Bloque 2. Orixe e teorías da socioloxía da educación
2.1. Orixe da socioloxía e o sistema educativo
2.2. A socioloxía como ciencia
2.3. Conceptos claves na socioloxía da educación
2.4. Teorías da socioloxía da educación e enfoques na educación
Bloque 3. Instrumentos de reflexión do feito educativo
3.1. O diario do/a mestra/e ou diario da clase
3.2. A observación
3.3. A entrevista
3.4. O traballo individual e grupal
3.5. Outros instrumentos cualitativos e cuantitativos
Bloque 4. Relación sociedade, familias, escola e contorna
4.1. A socialización e o desenvolvemento social do ser humano
4.2. Análises de casos e formas de educar. O exemplo das comunidades de aprendizaxe
4.3. A situación da educación. Indicadores
4.4. Tipoloxía de familias
4.5. O proxecto educativo de centro
4.6. A escola como axente compensador: bibliotecas escolares e bebetecas
Bloque 5. Problemáticas e solucións contemporáneas na educación
5.1. Desigualdade de xénero e movementos sociais. Roles e estereotipos de xénero
5.2. A coeducación. Recursos para coeducar nas aulas
5.3. Integración e diversidade cultural nas aulas
5.4. Internet e novas pantallas
5.5. A escola do coidado mutuo
5.6. Escola inclusiva e axenda do desenvolvemento 2030
Bibliografía básica-complementaria
- Bonal, X. (1998): Sociología de la Educación. Una aproximación crítica a las corrientes contemporáneas. Madrid: Paidós
- Fermoso Estébanez, P.; Pont Vidal, J. (eds.)(2000): Sociología de la Educación. Valencia: Nau Llibres
- Fermoso Estébanez, P. et al (1990): Sociología de la Educación. Barcelona: Alamex
- Fernández Enguita, M. (coord.)(1999): Sociología de la Educación. Barcelona: Ariel.
- Fernández Palomares, (coord.)(2003): Sociología de la Educación. Madrid: Pearson.
- García de León, MªA; G. De la Fuente; Ortega, F. (eds.)(1993): Sociología de la Educación. Barcelona: Barcanova.
- Guerrero Serón, A. (1996): Manual de Sociología de la Educación. Madrid: Síntesis.
- Imbernón, F. (ed.) (1999): La educación en el siglo XXI. Barcelona: Graó
- Jerez Mir, R. (1990): Sociología de la Educación. Guía Didáctica y Textos Fundamentales. Madrid: MEC
- Ortega, F. et al. (comp.)(1989): Manual de Sociología de la Educación. Madrid: Visor
- Quintana Cabanas, J.Mª (1989): Sociología de la Educación. Madrid: Dykinson
ALGUNHAS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS DE INTERESE.
Revista CUADERNOS DE PEDAGOGÍA, Barcelona.
Revista AULA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA, Barcelona.
Revista GALEGA DE EDUCACIÓN, Vigo.
Revista de INNOVACIÓN EDUCATIVA, Santiago de Compostela.
DICCIONARIO:
Giner. S.; Lamo de Espinosa, E.; Torres, C. (eds.)(1998): Diccionario de Sociología. Madrid: Alianza
Bibliografía básica-complementaria
Amnistía Internacional (2019). No consiento. Recuperado en: https://www.es.amnesty.org/en-que-estamos/campanas/violencia-sexual/
ANECA (2014). Libro Blanco (2014). Título de grado en Magisterio. Volumen 1. Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación
Armando Corbin, Juan (2017). Los 8 tipos de familias (y sus características).
Ballesteros Velázquez, Belén (2019). Entrevista cualitativa, en Ballesteros (2019). Investigación social desde la práctica educativa. Madrid: UNED, pp.363-387.
Ballesteros Velázquez, Belén (2019). Observación, en Ballesteros (2019). Investigación social desde la perspectiva educativa. UNED, pp. 307-338.
Barajas Martínez, Carlos (2015). La familia vista desde distintas perspectivas.
Berengueras Pont, M., & Mur, V. (2015). Las leyes de educación en España en los últimos doscientos años. Revista de Educación e Inspección, nº38, 1-23
Buxarrais, María Rosa, Vilafranca, Isabel y Bujons, Carlota (2016). Los contenidos en la formación de maestros y su incidencia en el carácter, pp. 73-88, en Teixidó, Ana, Mellen, Teodor, Esteban, Francisco, y Laudo, Xavier (2016). Formación del carácter de los maestros. Barcelona: Universitat de Barcelona
Cadena-Chala, M. C. y Orcasitas-García, J. R. (2016). Comunidades de aprendizaje en el País Vasco: caracterización y organización escolar. Educación y Educadores, 19(3), 373-391.
Castilla Pérez, Ana Belén (2008). Coeducación: pautas para su desarrollo en los centros educativos, Escuela Abierta, Nº 11, pp. 49-85
Chomsky, N. (2000). La (des) educación. Barcelona. Crítica, pp. 23-44
Cisneros, Argott Lucero (2015). Epistemología, filosofía y pedagogía crítica en la investigación pedagógica. XIII Congreso Nacional de Investigación Educativa
Comisión Europea (2004). Competencias clave para un aprendizaje a lo largo de la vida. Un marco de referencia europeo, pp. 8-9
Amosárase a bibliografía básica e complementaria no campus virtual (modo extenso)
Extraídas textualmente do Plan de Estudos, as competencias para esta materia, son:
Competencias Xerais:
G7.- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G12.- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e os cambios fundamentais que afectan ós colexios de educación primaria e ós/ás seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación ós centros educativos.
Competencias Específicas:
E22.- Relacionar a educación co medio, e cooperar coa familia e a comunidade.
E23.- Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas, cambios nas relacións de xénero e interxeneracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
E24.- Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e de educación no contexto familiar.
Competencias Básicas:
B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias Transversais:
T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Traballar por competencias esixe unha metodoloxía de ensinanza centrada no alumno/a. Con esta metodoloxía pretendese que o propio estudante sexa quen de construír o seu propio coñecemento, saiba dar sentido ao que está a traballar, relacione contidos e coñeza para que sirve ou a que se aplica o que está aprendendo. Así mesmo esta metodoloxía procura a progresiva autonomía (guiada) do alumnado no proceso de aprendizaxe, pois favorece que continúe, xa pola súa conta, o proceso de indagación científica.
O traballo por competencias require unha metodoloxía de ensinanza cun enfoque integrador (globalizado e interdisciplinar) que permita establecer relacións entre os contidos das diversas materias do mesmo módulo. É por elo polo que a materia: "Socioloxía da Educación" gardará relación con outras como: “Infancia, Familia e Escola”,“Teoría e Historia da Educación Escolar”, "Psicoloxía do Desenvolvemento" e "Teorías e Institucións Contemporáneas de Educación Infantil".
Seguindo as indicacións da normativa da USC para a organización académica nos estudos de Grao, fíxanse tres modalidades de agrupamento en función do número de alumnos/as e do tipo de actividades de ensino-aprendizaxe que se desenvolvan en cada caso.
Metodoloxía de ensinanza. Plan de Contixencia.
Traballar por competencias esixe unha metodoloxía de ensinanza centrada no alumno/a. Con esta metodoloxía pretendese que o propio estudante sexa quen de construír o seu propio coñecemento, saiba dar sentido ao que está a traballar, relacione contidos e coñeza para que sirve ou a que se aplica o que está aprendendo. Así mesmo esta metodoloxía procura a progresiva autonomía (guiada) do alumnado no proceso de aprendizaxe, pois favorece que continúe, xa pola súa conta, o proceso de indagación científica.
O traballo por competencias require unha metodoloxía de ensinanza cun enfoque integrador (globalizado e interdisciplinar) que permita establecer relacións entre os contidos das diversas materias do mesmo módulo. É por elo polo que a materia: "Socioloxía da Educación" gardará relación con outras como: “Infancia, Familia e Escola”,“Teoría e Historia da Educación Escolar”, "Psicoloxía da Educación" ou “Didáctica e Tarefas Docentes”.
Seguindo as indicacións da normativa da USC para a organización académica nos estudos de Grao, fíxanse tres modalidades de agrupamento en función do número de alumnos/as e do tipo de actividades de ensino-aprendizaxe que se desenvolvan en cada caso.
Gran Grupo ou Grupo Expositivo co total do grupo clase (máximo 90). Para actividades presenciais obrigatorias (virtual ou na aula segundo os escenarios de docencia), de tipo expositivo, na que o profesor/a terá un maior protagonismo: presentación do programa da materia (competencias, obxectivos, contidos, metodoloxía, avaliación, etc...); planificación do traballo a desenvolver ao longo do curso; exposición dos temas; realización de actividades formativas como por exemplo charlas-coloquio, proxección de material audiovisual, de contido social e educativo; charla coloquio con mestres/as e sesións para o seguimento dos traballos en grupo ou individual.
A estas actividades presenciais, en grupo grande, dedicáranse 24 horas, ás que lles corresponderán 35 horas de traballo autónomo do/a alumno/a.
Competencias a desenvolver con este tipo de actividades formativas: E23, E24; G7, G12; B3, B4
Grupo Interactivo (30-35 alumnos/as). Organizáranse actividades, tamén de presenza obrigatoria (virtual ou na aula segundo escenarios de docencia), que requirirán a participación activa do alumnado. En ocasións, para estas sesións, o docente deseñará actividades que fomenten o traballo por parellas e en grupo pequeno, para a súa posterior posta en común no grupo interactivo. Nestes grupos búscase unha maior interacción profesor/a-alumno/a.
Posibles tarefas a realizar: análise de contido de material diverso (diarios, revistas, contos, libros de texto, publicidade...), análise e síntese reflexiva de textos de diversa índole (artigos de prensa e de opinión de contido sociolóxico e pedagóxico, artigos de libros e revistas especializadas, material gráfico, informes escritos sobre a realidade das aulas, vídeos breves e extensos de contido educativo e escolar); análise de casos en situacións reais relacionados coa escola. Tamén sesións de seguimento de traballo, en grupo, a fin de valorar os traballos programados en grupo e/ou de tipo individual.
A estas actividades en grupo mediano dedicáranse aproximadamente unhas 24 horas presenciais, que esixirán 45 horas de traballo autónomo do alumnado.
Competencias a desenvolver: E23, E24; G7, G12; B3, B4; T3
Grupo de Titorías Programadas cun máximo de 15 alumnos/as e con 3 horas de duración. Competencias a traballar: E22,E23; G7,G12; B3,B4. Estas titorías poderán empregarse para o seguimento dos traballos e/ou ampliar a materia.
Plan de continxencia. Escenarios de ensino.
Esta metodoloxía adaptarase a diferentes escenarios segundo a evolución do Covid-19 de acordo coas bases para o desenvolvemento dun ensino presencial seguro. Os acordos establecidos polo goberno, a universidade, e a facultade para un escenario docente adaptado.
A accesibilidade aos materiais de estudo garantirase a través do campus virtual.
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe nun grupo expositivo e interactivo podería adaptarse no escenario 2 (aprendizaxe mixta) e no escenario 3 (ensino virtual). As clases pódense agrupar en novos grupos co fin de garantir as bases dunha docencia presencial segura.
As tarefas docentes realizadas no escenario 2 ou 3, así como no escenario 1, contarán con ferramentas institucionais de seguimento da USC (correo electrónico, campus virtual, TEAMS, Microsoft forms, Moodle ...)
A avaliación será continua e adaptarase ás circunstancias como escenarios de ensino seguro indicados polas autoridades.
No novo escenario de "normalidade adaptada", as probas de avaliación levaranse a cabo na aula, combinando o uso da aula virtual (probas síncronas e / ou asíncronas). Nun escenario semipresencial ou mixto, as actividades de avaliación levaranse a cabo mediante instrumentos de avaliación asíncronos. Nun escenario de peche de instalación, as actividades de avaliación facilitaranse virtualmente a través de probas asíncronas.
As características das diferentes probas de avaliación especificaranse ao comezo do curso e no campus virtual. Polo tanto, ao longo do curso realizaranse probas que poderían adaptarse a tres posibles escenarios docentes: presencial, semipresencial, virtual.
Avaliación do/a alumno/a presencial
1. Práctica de entrevista anónima
O traballo farase nun grupo de dous alumnos/as, con xustificación de 3 alumnos/as. Con esta práctica o/a alumno/a terá unha experiencia didáctica no deseño, e, aplicación dun instrumento de investigación social. As instrucións para a realización deste traballo estarán a disposición do estudante no Campus Virtual.
Valoración: 3 puntos.
2. Probas tipo test
Estas probas consistirán en responder a unha proba composta por preguntas curtas e / ou longas sobre o contido do programa que se indican. As probas serán asíncronas ou síncronas. Os simulacros programaranse na aula e / ou virtualmente. Programaranse tres probas tipo test no campus virtual. As indicacións específicas sobre as probas estarán no Campus Virtual.
Valoración: 4 puntos.
3. Prácticas de comentarios e exposición
Cada semana propóñense textos e / ou vídeos nun foro educativo do Campus Virtual. Neste sitio centralizaranse as respostas dos/as estudantes. Os comentarios deben reflectir ideas principais, ideas de apoio e un esquema do instrumento de comentario. No Campus Virtual atopáranse as indicacións específicas.
Valoración: 2 puntos.
4. Elementos a ter en conta polo profesor. Competencias relacionadas có "saber ser" e "saber estar" que un/unha futuro mestre/a debería ter na clase. Terase especialmente en conta a participación, a actitude, o comportamento, o compromiso individual e o compromiso coas tarefas do grupo, entre outros elementos.
Valoración: 1 punto
Esta avaliación puidera ser adaptada a un proxecto de APS
Avaliación para o/a alumno/a con dispensa
1- Traballo de termo. Os/as estudantes con dispensa deben desenvolver un traballo de termo. O exercicio proporase ao docente, na primeira semana do curso, sobre un tema da socioloxía da educación. As indicacións do traballo de termo estarán dispoñibles no Campus Virtual.
Valoración: 3 puntos.
2-Proba final. Neste exercicio o/a alumno/a deberá superar unha proba sobre os temas e contidos teóricos da materia. Cada resposta incorrecta restará a metade. As preguntas serán curtas e / ou longas. O material para o estudo estará no Campus Virtual.
Valoración: 7 puntos.
Condicións para superar a materia
O/A alumno/a presencial nun escenario 1 (ensinanza presencial), escenario 2 (ensinanza combinada: virtual, presencial), deberá superar cada parte por separado cun mínimo de 5 puntos. A nota da materia será a obtida da suma dos diferentes instrumentos de avaliación. En caso de non superar estas probas ou non presentalas, o/a alumno/a deberá presentar unha proba final en xaneiro (período ordinario).
É obrigatorio cumprir a normativa específica da USC. Isto require un 80% mínimo de asistencia ás actividades docentes. Polo tanto, a lista pasarase persoalmente ou en liña para as clases programadas. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións (de xeito equilibrado entre sesións interactivas e expositivas), xa sexa en persoa, ou xa sexa, no modo mixto ou virtual.
Instrumentos: observación, lista de clase e rexistro no Diario da Clase do docente.
O/A alumno/a con dispensa no escenario 1 (ensinanza presencial), no escenario 2 (ensinanza mixta) debe realizar unha titoría ao comezo das primeiras semanas do curso.
No escenario 3 (ensinanza virtual) os/as alumnos/as deben presentar as probas programadas na aula virtual (probas asíncronas), tamén terán acceso aos materiais da clase no campus virtual, e, as clases poderán agruparse ou adaptarse con fin de garantir os fundamentos dunha docencia presencial segura.
Avaliación segundo a tipoloxía de estudantes e escenarios
Se un alumno/a no período ordinario non supera as probas de avaliación, reservaranse as notas obtidas, no resto dos apartados de avaliación, para calcular a nota final da materia (convocatoria de xaneiro).
No caso de que o/a alumno/a supere a segunda oportunidade (convocatoria de xuño), reservaranse as cualificacións obtidas, no resto das seccións de avaliación, para calcular a nota final da materia.
O/A alumno/a que non asistise polo menos ao 80% das sesións (de xeito equilibrado entre as sesións expositiva e interactiva) non poderá ser examinado baixo o escenario "presencial" ou "escenario2 ou “ escenario3", obrigatoriamente terá que asistir ao exame da modalidade para o/a estudante con dispensa: traballo de termo e proba final.
O exame de xaneiro e xuño celebrarase na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. A menos que os/as alumnos/as superen a materia mediante probas de avaliación continua. Os/as estudantes con dispensa teñen a obriga de asistir, polo menos, a unha titoría PRESENCIAL ou VIRTUAL.
Estudantes con diversidade funcional: A USC conta co Servizo de Promoción e Integración Universitaria que, tras unha avaliación previa do/a alumno/a, é o encargado de emitir o documento acreditativo e de informar ao profesorado en consecuencia.
Os estudantes con chamadas sucesivas deben presentarse a un exame con preguntas curtas e longas.
Cláusula sobre probas fraudulentas: nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto na normativa para a avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e a revisión de cualificacións.
Tempo de estudio e de traballo persoal que debe dedicar o/a estudante para superar a materia.
Clases Expositivas: Horas Presenciais (23). Horas de Traballo Autónomo (46). Total: 69
Clases Interactivas: Horas Presenciais (23). Horas de Traballo Autónomo (46). Total: 69
Titorías: Horas Presenciais (3). Horas de Traballo Autónomo (7). Total: 10
Exame: Horas Presenciais (2). Horas de Traballo Autónomo (0). Total: 2
Totais: 150 horas
Para un bo aproveitamento da materia, recoméndase:
- Asistencia ás sesións de formación en competencias básicas presencial ou virtual.
- Seguimento diario das noticias, artigos, viñetas de humor gráfico... relacionados coa educación en xeral e, en particular, coa escola.
-Acudir periodicamente á consultar de xeito online ou na biblioteca revistas especializadas de corte educativo e sociolóxico.
- Sería positivo comezar a realizar, xa dende primeiro curso: cursos, cursiños, obradoiros... relacionados coa profesión.
- Se aínda non se tivo oportunidade, sería bo empezar a ter experiencias pre-profesionais que impliquen traballar con nenas e nenos en idade escolar, principalmente de Primaria (monitores/as de tempo libre, en actividades extraescolares; monitores/as deportivos; en comedores escolares; voluntarios/as en asociacións, etc.)
Outras recomendacións máis xerais
* Grandes doses de responsabilidade individual e colectiva á hora de elaborar os traballos de grupo cos compañeiros/as. Compromiso coa tarefa, asistencia a cantas reunións de grupo de traballo se establezan, presentación da parte de traballo que corresponda en forma e data estipulada.
* Preparación previa, de ser o caso, do material que se vaia traballar na clase nos grupos expositivos e, sobre todo, interactivos.
* Atención aos prazos de entrega e presentación dos traballos.
* Contacto frecuente cás titorías para o seguimento da materia, e máis aínda, no caso do/a alumno/a con dispensa de asistencia.
* Asistencia a clase presencial ou virtual. A asistencia a clase non debe servir como un fin en si mesmo se non polos beneficios que poida proporcionar: mellor comprensión da materia; posibilidade de adquirir, mellorar ou progresar no desenvolvemento das competencias; oportunidade de intercambiar cós outros compañeiros/as e aprender todos/as de todos/as e mesmo unha oportunidade para levar a cabo unha metodoloxía profesor/a-alumno/a máis activa e participativa.
* Boa actitude e participación activa nas clases e en cantas actividades formativas se fagan: charlas-coloquio, visitas pedagóxicas, proxeccións...
*Asistencia e escoita activa (videoconferencias, charlas-coloquio...) que requiren presencia física ou virtual para o posterior debate e posta en común.
Observacións e Plan de Continxencias
Este Programa contará co apoio de materiais de traballo colgados no Campus Virtual. Avisárase no caso de que se deposite algún material na fotocopiadora.
O alumnado con dispensa deberá asistir, como mínimo, a unha titoría PRESENCIAL OU VIRTUAL.
Non se pode deixar traballos no compartimento da/do profesor/a, en Conserxería, salvo que se conte con autorización.
Os horarios de titorías estarán a disposición do/a alumno/a na páxina web da USC e no taboleiro anexo á porta do despacho. Estes horarios modificáranse no segundo semestre.
Correo electrónico e despacho
javierseijo.villamizar [at] usc.es (javierseijo[dot]villamizar[at]usc[dot]es) (despacho 131)
Marta Poncet Souto / Javier Seijo Villamizar
Plan de continxencia (escenarios de docencia)
A metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe puidera adaptarse conforme a tres escenarios.
O escenario 1 (presencial na aula) realizarase con grupos expositivos, interactivos, e titorías. A avaliación será de tipo continúa (probas asíncronas e síncronas).
A metodoloxía de ensinanza aprendizaxe en grupo expositivo e interactivo verase adaptada no escenario 2 (semipresencial ou mixta) e escenario 3 (ensinanza virtual). As clases poderán ser agrupadas en novos grupos a fin de garantir as bases dunha docencia presencial segura.
A organización da docencia nun escenario 2 (semipresencial ou mixta) dividirá os grupos de clase en dous grupos. Nunha semana un grupo recibe docencia presencial e outro grupo de alumnos/as a recibe de forma virtual ou telemática. Alternándose en sucesivas semanas. Esta forma de organización estará suxeita ás recomendacións da USC e as autoridades sanitarias. O horario, non obstante, programado manterase e puidera ser adaptado segundo as recomendacións dunha ensinanza presencial segura.
Marta Maria Poncet Souto
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 982821032
- Correo electrónico
- martamaria.poncet [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Javier Seijo Villamizar
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- javierseijo.villamizar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 23 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 20 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 20 |
20.01.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
27.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |