Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Dominar a técnica elemental dos diferentes instrumentos escolares para a interpretación e dirección dun repertorio variado de partituras de diferentes estilos e épocas da música.
- Interpretar, a través dun instrumento harmónico, acompañamentos empregando os grados harmónicos de tónica, dominante e subdominante.
- Coñecer os diferentes timbres e características dos instrumentos da orquestra, así como as diferentes familias instrumentais e agrupacións musicais.
- Coñecer e manexar os diferentes elementos e recursos da composición musical, así como os elementos básicos da harmonía tonal e as súas características, utilizándoos como base na composición e instrumentación musical.
- Coñecer e usar as distintas harmonizacións elementais e as pautas pedagóxicas e metodolóxicas para o ensino, a montaxe e a dirección dunha obra musical.
- Experimentar e executar, mediante o movemento e a expresión corporal, elementos rítmicos, melódicos e formais.
- Crear, individualmente ou en grupo, coreografías a partir dunha partitura ou audición.
- Formación instrumental harmónica. Funcionalidade e enlace dos grados harmónicos (tónica, dominante e subdominante). Metodoloxía da composición e instrumentación.
- Os instrumentos escolares e as súas agrupacións orquestrais: organoloxía e acústica. Interpretación, expresión e improvisación orquestral: A frauta de pico e instrumentos P.A.I. e P.A. D.
- Aplicación das TIC para a formación instrumental e rítmica.
- A expresión corporal: o corpo como instrumento musical. A danza a dramatización e xogos rítmicos e de movemento.
Bibliografía Básica:
- Bennett, R. (1998). Forma y diseño. Madrid: Akal.
- Chacón, A. e Molina, E. (2005). Musicalización de textos Vol. 1. Madrid: Enclave creativa.
- De Pedro, D. (1992). Teoría Completa de la Música, vols 1 e 2. Madrid: Real Musical.
- Giráldez, A. (2004). Internet y educación musical. Barcelona: Graó.
Bibliografía Complementaria:
- Bachmann, M. (1998). La Rítmica Jaques-Dalcroze : una educación por la música y para la música. Madrid: Pirámide, D.L.
- Bennett, R. (1998). Investigando los estilos musicales. Madrid: Akal.
- Bennett, R. (1998). Los instrumentos de la orquesta. Madrid: Akal.
- Bort, A., Roca, P. e Sorolla, L. (1998) Siringa 2. Método de flauta. Valencia: Tándem.
- De Pedro, D. (1992). Teoría Completa de la Música, vol. 1. Madrid: Real Musical.
- De Pedro, D. (1992). Teoría Completa de la Música, vol. 2. Madrid: Real Musical.
- Glover, J. (2004). Niños compositores (4 a 14 años). Barcelona: Graó.
- Hargreaves, D. (1998). Música y desarrollo psicológico. Barcelona: Graó.
- Herrera, E. (1991). Teoría musical y armonía moderna, vol I. Barcelona: Antoni Bosch editor, S. A.
- Hindemith, P. (1949). Armonía tradicional. Buenos Aires: Ricordi.
- Howard, J. (2000). Aprendiendo a componer. Madrid: Akal.
- Molina, E. (1996) Piano complentario: un nuevo modo de acercarse al piano. Madrid: Real Musical.
- Ortega, J. F. (2008). El baúl de las canciones. Murcia: Universidad de Murcia
- Ramada, M. (2000). Atlas de percusión. Valencia: Rivera.
- Santos, A. e Eguílar, R. (2005). Cuaderno de análisis. Iniciación al análisis musical, vol. 1. Madrid: Enclave creativa.
- Sanuy, M. (1969). Orff-Schulwerk: música para niños. vol.1. Madrid: Unión Musical Española.
- Schafer, R. (1990). El nuevo paisaje sonoro: un manual para el maestro de música moderno. Buenos Aires: Ricordi.
- Schafer, R. (1992). Cuando las palabras cantan. Buenos Aires: Ricordi.
- Ulrich, M. (1992). El atlas de la música, vol. 1. Madrid: Alianza.
Xerais
X1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
X2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
X10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo entre os estudantes
Básicas
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Específicas
E54. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, e persoal e social desde as artes.
E55. Coñecer o currículo escolar da educación artística, nolos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
E56. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fora da escola.
E57. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Transversais
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
T.4.- Competencia relacionada co tratamento da información
Sesións expositivas: onde desenvolveranse contidos conceptuais alternando a exposición con actividades interactivas na realización de exercicios prácticos.
Sesións interactivas: onde desenvolveranse contidos procedimentais a través de actividades progresivas, utilizando todos os recursos didácticos necesarios para unha mellor comprensión dos contidos da materia. Proporanse, ademais, actividades para realizar en pequenos grupos de traballo.
Aula virtual: Utilizarase para a incorporación de materiais en distintos formatos, para o intercambio de reflexións, comentarios e materiais. Os materiais de estudo e práctica musical, así como outros documentos, encontraranse na aula virtual (ler o apartado observacións).
A) PRIMEIRA OPORTUNIDADE ORDINARIA
- Apartado nº 1: Prácticas específicas: traballos, tarefas e actividades obrigatorias en grupo e/ou individuais (50% da nota final).
- Apartado nº 2: Informes escritos: Exame teórico-práctico sobre os contidos da materia (30% da nota final).
- Apartado nº 3: Asistencia e participación na aula (20% da nota final). A non asistencia a sesións expostivas e interactivas non xustificadas suporá unha diminución progresiva da cualificación neste apartado, sendo un “0” a non asistencia ao 20% das sesións.
Para superar a materia é necesario ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 en cada un dos tres apartados.
B) SEGUNDA OPORTUNIDADE ORDINARIA (MESMO CURSO ACADÉMICO)
- Apartado nº 1: O alumnado que teña superado este apartado conservará a súa cualificación para esta oportunidade, non podendo volver examinarse do mesmo. No caso de ter algún traballo, tarefa e/ou actividade suspensa ou pendente o alumnado deberá realizar a tarefa correspondente que se indique na aula virtual.
- Apartados nº 2: O alumnado que teña superado este apartado conservará a súa cualificación para esta oportunidade, non podendo volver examinarse do mesmo. No caso de telo suspenso o alumnado deberá recuperalo nesta oportunidade.
- Apartado nº 3: Este apartado non é recuperable, polo que o alumnado conservará a cualificación obtida para esta oportunidade aínda que sexa suspensa.
Para superar a materia é necesario ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 en cada un dos apartados nº 1 e nº 2.
C) SISTEMA DE AVALIACIÓN DO ALUMNADO QUE TEN EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA OU DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado comunicará ao profesorado da materia a súa condición de “alumno/a con exención de docencia oficial ou dispensa a clase” e poderá examinarse tanto na primeira como segunda oportunidade.
- Apartado nº 1 e nº 2: Mesmo sistema de avaliación e porcentaxes que na primeira oportunidade.
- Apartado nº 3 (20% da nota final): O alumnado terá que realizar un traballo complementario. As normas e instrucións para desenvolver o mesmo solicitaranse persoalmente ao profesorado da materia nun prazo non superior ao primeiro mes de clase.
Para superar a materia é necesario ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 en cada un dos tres apartados.
D) SISTEMA DE AVALIACIÓN DO ALUMNADO EN CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS (FIN DE CARREIRA…)
O alumnado comunicará ao profesorado da materia a súa condición de “alumno/a para examinarse en convocatoria extraordinaria”. O sistema de avaliación será o mesmo que o anterior punto C.
ASISTENCIA A CLASE E FALTAS XUSTIFICADAS
Para avaliar o apartado nº 3 “Asistencia e participación na aula” é imprescindible que o alumnado asistise ao 80% das sesións exceptuando a non asistencia por causas debidamente xustificadas tal e como sinala a normativa de asistencia a clase. Para acreditar as faltas xustificadas o alumnado deberá, no prazo máximo dunha semana, mostrar ao profesorado da materia os xustificantes orixinais que precise para iso.
ALUMNADO REPETIDOR
O alumnado repetidor da materia terá que cursar e examinarse da materia exactamente igual que o alumnado ordinario non conservando ningunha cualificación obtida de convocatorias anteriores.
TRABALLOS:
Os traballos individuais e/ou colectivos deberán ser orixinais e entregados en tempo e forma que se indiquen en cada un deles. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente oportunidade. Para efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programen de forma coordinada."
O traballo persoal debe ser semanal. O tempo de estudo deberá incrementarse según as dificultades personais do alumnado e dos contidos da materia. Recoméndase un mínimo de seis horas semanais para a comprensión e realización dos exercicios e actividades propostas nas clases.
a) - Actividades dentro do horario académico: 38,5h
- Sesións expositivas: 18h
- Sesións interactivas: 18h
- Titorías académicas: 2,5 h
b) - Actividades fóra do horario lectivo: 74h
- Estudo e traballo individual: 61h
- Traballo en grupo: 13h
TOTAL (a+b) = 112,5 h (4,5 créditos ECTS)
- Asistencia ás clases.
- Seguimento das sesións a través da aula virtual da materia.
- Traballo diario e constante.
- Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan dende un primeiro momento nas propias clases ou nas horas de titorías.
- Ser responsables e non esquecer as datas dos traballos ou actividades formuladas polo profesorado.
- Empregar os recursos propios da Facultade e Universidade (Bibliotecas...) e outros medios na rede para a busca de información.
SOBRE A MATERIA:
Para cursar a materia é recomendable ter cursadas as materias de Linguaxe Musical (G3141464) e Educación Vocal e Auditiva (G3141463) da mención de educación musical do grao en Mestre/a de Educación Primaria.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia hai que ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grapas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados.
OUTRAS CUESTIÓNS:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Martin Manuel Leranoz Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812126
- Correo electrónico
- martin.leranoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
23.01.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
21.06.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |