Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A asignatura estruturase como unha introducción teórico/práctica os SIXs, unha ferramenta que axuda a comprender e analizar o territorio. O anterior require de coñecer a natureza dos datos xeográficos, cómo se poden adquirir e cómo tratar. Os/as alumnos/as deben rematar sabendo deseñar un SIX básico, construir a sua propia base de datos e ser quen de presentar a información de xeito claro e preciso, tanto conceptual como estéticamente. Considerase, pois, que manexen os conceptos máis básicos dos sistemas de información xeográfica: raster, vectorial, sistemas de coordenadas, xeorreferenciación….
Obxectivos:
•Amosar a importancia dos SIX na investigación en Xeografia.
Coñecer os principios de funcionamento dos Sistemas de Información Xeográfica.
•Desenvolver competencias relacionadas coa adquisición, manipulación e análisis de información xeoreferenciada.
•Saber estruturar información xeográfica que poida ser traballada cos SIXs.
•Coñecer as bases da arquitectura dun SIG
•Coñecer os formatos de almacenamento raster e vectorial
•Xestionar bases de datos relacionales
•Realizar análises e consultas espaciais
•Manexar software para SIG
Teoría:
Introducción: ¿Qué son e para qué sirven os Sistemas de Información Xeográfica?
• Potencialidades de aplicación dos SIX: alguns exemplos.
• As diferentes compoñentes dun SIX.
• Estrutura de dados xeográficos e os seus atributos.
*Modelos de datos espaciais: vectorial, raster e tabular.
*Formatos de datos espaciais empregados no ArcGis: Shapefile, Geodatabase, CAD, Raster, taboas.
*Importación da información gráfica e alfanumérica, e consulta de atributos.
*Aquisición e estruturación da información xeográfica.
*Fontes de datos para os SIXs.
*Proxeccións cartográficas e sistemas de coordenadas empregadas.
*Aquisición e estruturación da información xeográfica.
*Métodos de xeorefenciación da información-
*Creación e manipulación dunha Xeodatabase.
* Manipulación das ferramentas de edición de deseño (vectorización a partires dunha imaxen e corrección de ficheiros CAD).
*Aquisición e edición de datos tabulares.
*Adquisición e edición de datos cun recurso GPS.
*Exploración da información xeográfica.
*Creación dun proxecto en ArcMap.
*Cálculo e análisis estatístico de indicadores.
*Conexión Gráfico-Alfanumérico.
*Alteración de las características dun mapa e exemplos de cartografia temática.
*Operacións básicas dos SIXs; dissolve, clip, merge, overlay, intersept...
*As cuestións lóxicas en SIX e a formulaçión de querys.
*Creación de layouts e impresión do mapa.
PRÁCTICA
* Introducción xeral.
* Xeorreferenciación e vectorización. Xeración dun mapa vectorial e a sua base de datos.
* Sistemas de Proxección nacionais e globais. Cambios de huso en UTM.
* Etiquetado de mapas. Etiquetado manual e automático.
* Traballo cos layouts ou saidas cartográficas.
* Búsquedas e seleccións. estadísticas e taboas resumen.
BIBLIOGRAFÍA PRINCIPAL
ALDREY VÁZQUEZ, J. A. (2018): Curso de Sistemas de Información Xeográfica. Publicado bajo licencia Creative Commons
Atribución-NoComercial 4.0 Internacional en el repositorio Minerva de la Universidad de santiago de Compostela. 2018. URI: http://hdl.handle.net/10347/17306
https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/17306
BARREDO;J. I. 1996: Sistemas de Información Geográfica y evaluación multicriterio del territorio., Ed. Rama.
LONGLEY, P.A.; GOODCHILD, M.F.; MAGUIRE, D.J. (1991) An overview and definition of GIS en Maguire, D.J.; Goodchild, M.F. and Rhind, D.W. (Eds.) Geographical Information Systems: Principles and Applications. John Wiley & sons, pp. 9-20 (www.wiley.co.uk/wileychi/gis/resources.html).
MAGUIRE, D.J., GOODCHILD, M.F. & RHIND, D.R. 2005: Geographical Information Systems and Science., Wiley.
ORSBY, T. et al. 2004: ;Getting to Know ArcGis desktop, ERSI Press.
PEREÑA, J.G. 1992: Introducción Conceptual a los Sistemas de Información Geográfica (S.I.G.), Estudio Gráfico Madrid
SANTOS PRECIADO, J.M. (2004): Sistemas de Información Geográfica. Universidad Nacional de Educación a Distancia. Madrid, 460 pp.
SKIDMORE, A. (Ed.) (2002): Environmental modelling with GIS and remote sensing. Routledge, Londres. 268 pp.
TOMLIN, D. (1990): Geographic Information Systems and cartographic modelling. Englewwod Cliffs. Prentice Hall.
WISE, S. (2002): Gis Basics. Taylor & Francis, Londres, 218 pp.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ALDREY VÁZQUEZ, J. A. (2018): Curso de Sistemas de Información Xeográfica. Publicado bajo licencia Creative Commons
Atribución-NoComercial 4.0 Internacional en el repositorio Minerva de la Universidad de santiago de Compostela. 2018. URI: http://hdl.handle.net/10347/17306
https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/17306
BURROUGH, P. (1988): Principles of Geographical Information Systems for land resources assessment. Oxford Univ. Press, Oxford.
BUZAI, G.D. y BAXENDALE, C.A. (2006): Análisis socioespacial con sistemas de información geográfica. Ed. Lugar, Buenos Aires. 397 pp.
COPPOCK, J.T. and RHIND, D.W. (1991) The History of GIS en Maguire, D.J.; Goodchild, M.F. and Rhind, D.W. (Eds.) Geographical Information
Systems: Principles and Applications, John Wiley & sons, pp. 21-43.
(www.wiley.co.uk/wileychi/gis/resources.html)
CHRISMAN, N. (2002): Exploring geographic information systems. John Wiley. Nueva York, 305 pp.
COMAS, D. y RUIZ, E. (1993): Fundamentos de los Sistemas de Información Geográfica. Ariel, Barcelona. 295 pp.
DEMERS, M.N. (1999): Fundamentals of Geographic Information Systems. 2ª Ed. John Wiley & Sons. Nueva York, 498 pp
MORENO JIMÉNEZ, A. (Coor.) (2006): Sistemas y análisis de la información geográfica: manual de autoaprendizaje con ArcGIS. RA-MA, Paracuellos del Jarama. 895 pp.
UNWIN, D.J. (1991): The academic setting of GIS en Maguire, D.J.; Goodchild, M.F. and Rhind, D.W. (Eds.) Geographical Information Systems: Principles and Applications John Wiley & sons, pp. 81-90 (www.wiley.co.uk/wileychi/gis/resources.html)
WRIGHT, D.J.; GOODCHILD, M.F. and PROCTOR, J.D. (1997): Demystifying the Persistent Ambiguity of GIS as Tool vs. Science The Annals of the Association of American Geographers 87(2): 346-362 (http://dusk.geo.orst.eddu/annals.html).
BÁSICAS
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
XERAIS
Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemológico e os seus métodos de investigación.
Coñecer, comprender e interpretar o territorio
Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacion
Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
Analizar e interpretar as paisaxes
Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
TRANSVERSAIS
Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriales
Relacionar e sintetizar información territorial transversal
Xerar acordos en equipos interdisciplinares
Xestionar a complexidade
Ordenar e sintetizar a información
Expor e transmitir os coñecementos xeográficos
ESPECÍFICAS
Realizar análises integradas do territorio
Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
Expresar información cartográficamente
As clases teóricas teñen por obxeto orientar a adquisición dos coñecimentos e resolver aspectos de comprensión complexa. Presentaranse as liñas xerais de cada tema e proporcionaranse os recursos e referencias bibliográficas necesarias para que os/as alumnos/as sexan quen de completar os contidos da asignatura.
As clases interactivas serán adicadas á adquisición de habilidades no desenvolvimento instrumental dos SIX.
As titorias centraranse en aclarar conceptos e definir traballos. En suma, en orientar ós/ás alumnos/as no seu ensino/aprendizaxe..
Visitas a empresas. Contemplase una visita a unha empresa que empregue os SIX nos seus traballos.
As leccións maxistrais intercalaranse con clases prácticas (en cada sesión ao longo do curso) para ilustrar os contidos teóricos.
Usarase a Aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle, como ferramenta de comunicación cos/as alumnos/as ofrecéndolles información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (apuntes do profesor e bibliografía complementaria).
Adaptación aos posibles escenarios introducidos como consecuencia do COVID-19:
Escenario 1 (sen restriccións á presencialidad física)
NOTA: siempre que no haya 1,5 m de distancia entre alumnos habrá que usar mascarilla
Docencia presencial (26 h)
• Clases expositivas e interactivas: as clases realizaranse combinando tanto a clase maxistral (exposición e discusión de temas) como en forma de seminarios (realización de ejercicios) onde o profesor tratará de facer fincapé nos aspectos máis destacados do estado da arte, e onde se verificará a asimilación de contidos por parte dos alumnos/as. Neste sentido, é moi relevante que o alumnado traballe o material do que disporá na aula virtual para promover a interacción profesor-alumno/a.
• Traballo individual: están planificadas prácticas individuais que favorezan a adquisición das competencias necesarias para a superación da materia.
Titorías individualizadas
• Titorías individualizadas: Realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
Escenario 2 (restriccións parciais á presencialidade física)
Materias con menos de 12 alumnos: seguen como no escenario 1 (distancia, mascarilla e clases presenciais). todas las optativas y las obligatorias con dos grupos (laboratorios, inglés):
Materias con máis de 12 alumnos: supón a súa división en 2 grupos que se alternarán na presencialidade (a clase segue o ritmo normal pero parte dos alumnos están presenciais e a outra parte telemático mediante o uso das ferramentas telemáticas dispoñibles).
Calendario e Horarios: O calendario e horario programado para cada materia debe seguirse independentemente de que a docencia sexa presencial ou telemática (síncrona).
Docencia presencial e telemática
• Clases expositivas e interactivas: En caso de ser necesario os alumnos/as dividiranse en dous grupos que se irán alternando na presencialidade de tal maneira que cando un grupo estea na aula o outro seguiraa a través da cámara presente na aula (conectada cunha sesión de Teams).
Docencia telemática
• Titorías individualizadas: realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
Escenario 3 (peche ds instalaciones)
Docencia telemática na súa totalidade
• Clases expositivas e interactivas: Se usarán sesións de Teams a través das cales se seguirá o calendario aprobado e onde se promoverá sempre o contacto diario cos alumnos combinando os diferentes recursos (explicacións do profesor, visualización de vídeos, sesións de discusión, recursos web…).
• Titorías individualizadas: realizaranse mediante a plataforma MS Teams.
Basearase en de dous apartados:
1.- Demostración práctica de manexo de ferramentas SIX: 70 % da nota. A avaliación final consistirá nun suposto práctico que terán que resolver os discentes empreñando as ferramentas six aprendidas ao longo do curo.
2.- Traballos prácticos de entrega obligatoria: 30% da nota.
Os alumnos con dispensa académica de asistencia a clase terán que facer o mesmo traballo, xa que terán dispoñibles na aula virtual os exercicios que se pedirán nas aulas prácticas e o suposto práctico final, así como todos os arquivos dixitais necesarios para o traballo con SIX´s e manuais para poder desenvolvelos de manera autónoma.
Tal como marca a lei vixente, a asistencia será obrigatoria.
Na segunda oportunidade a avaliación se fará do mesmo xeito que a primeira. Os alumnos/as terán que entregar todas os traballos prácticos obrigatorios feitos ao longo do curso e resolver o suposto práctico plantexado como avaliación final.
En calquera dos escenarios previstos pola crise sanitaria derivada do COVID-19 o sistema de avaliación será o mesmo, pois as prácticas e o traballo final son individuais e se entregarán na aula virtual.
Dado o caráceter práctico da asignatura é necesaria unha adicaciómn continuada ao longo da semana.
PLAN DE CONTINXENCIA DIANTE DA PANDEMIA DO COVID-19:
Sinalado no apartado de metoloxía da ensinanza como "ADAPTACIÓN AOS ESCENARIOS POSIBLES INTRODUCIDOS COMO CONSECUENCIA DO COVID-19", ao igual que no apartado de Sistema de Avaliación da Aprendizaxe.
Jose Antonio Aldrey Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812545
- Correo electrónico
- joseantonio.aldrey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 04 de Informática |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 04 de Informática |
27.05.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
16.07.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |