Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Fomentar o uso dos métodos contemporáneos do estudo da historia a través dos recursos documentais que achegan o xornalismo e a comunicación audiovisual. Uso da información como fonte para comprender a secuencia histórica e fomentar a análise do contexto real.
A materia permitirá aos alumnos/as:
- Analisar as realidades do mundo contemporáneo nas súas dimensións política, económica e social.
- Coñecer o contexto actual do mundo dende a perspectiva histórica a partir da análise da documentación audiovisual e impresa aportada polas fontes de índole informativa e xornalística.
- Acadar unha visión histórica dos acontecementos e análise dos diversos contextos, referencias, tendencias e posicionamentos dos axentes e das fontes xornalísticas.
- Adquirir unha visión global das transformacións estruturais acontecidas no século XX, especialmente na segunda metade, e comezos do século XXI.
- Coñecer os principais debates historiográficos segundo os contextos, temas e períodos co fin de que reflexionen de xeito crítico sobre a historia do tempo presente.
- Esculcar a historia do mundo actual desde unha perspectiva comparada e diferentes enfoques (xeopolíticos, económicos, sociais) que lles permitan vincular pasado e presente.
- Analisar as tendencias actuais da realidade global dende a perspectiva do coñecemento histórico.
Profundización nas realidades do mundo contemporáneo nas súas dimensións política, económica e social. Coñecemento do contexto actual do mundo desde a perspectiva histórica, a partir da análise da documentación audiovisual, impresa ou textual achegada polas fontes de índole informativa e xornalística. Visión histórica dos acontecementos e análises dos diversos contextos, referencias, tendencias e posicionamentos dos axentes e as fontes.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. AS CONSECUENCIAS DA II GUERRA MUNDIAL E A NOVA ORDE INTERNACIONAL: A GUERRA FRÍA (1945-1989)
1.1 Os cambios políticos e o proxecto dunha nova orde internacional
1.2 Discrepancias e desconfianzas. A formación dos bloques
1.3 Estratexias, fases e principais conflictos da Guerra Fría
1.4 O fin do mundo bipolar e os cambios no contexto internacional
TEMA 2. EUROPA APÓS 1945: DEMOCRACIAS OCCIDENTAIS, DEMOCRACIAS POPULARES E ESTADOS DITATORIAIS
2.1 Democracia e crecemento económico en Occidente. As dictaduras
2.2 Implantación do socialismo real e construcción das democracias populares
2.3 A disolución do bloque socialista e as transicións á democracia
2.4. Da CEE á UE
TEMA 3. DESCOLONIZACIÓN, TERCEIRO MUNDO E NOVAS POTENCIAS EMERXENTES: DA AMÉRICA LATINA A CHINA
3.1 A fin dos imperios coloniais: causas e etapas
3.2 A fisonomía do Terceiro Mundo: sistemas políticos, economía e ideoloxías
3.3 As novas potencias emerxentes
TEMA 4. RETOS E PERSPECTIVAS NA ERA DA GLOBALIZACIÓN (1990-2019)
4.1 Acción colectiva e novos movementos sociais
4.2 As guerras do século XXI
4.3 Os grandes desafíos (migracións, medio ambiente)
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos da materia coinciden cos puntos indicados nos contidos teóricos.
Os contidos prácticos incluen visionados de material audiovisual, comentarios de textos ou debates, co obxectivo de seguir as explicacións teóricas e integrar os diversos recursos e materiais documentais (bibliografía, textos, e mapas).
MANUAIS E OBRAS BÁSICAS:
Aracil, R. & Olier, J., & Segura, A. (1995). El Mundo Actual. De la II Guerra Mundial a nuestros días. Universitat de Barcelona.
Artola, M., & Pérez Ledesma, M. (2005). Contemporánea: la historia desde 1776. Alianza.
Ash, T. G. (2000). Historia del presente: Ensayos, retratos y crónicas de la Europa de los 90. Tusquets.
Calvocoressi, P. (1987). Historia política del mundo contemporáneo, de 1945 a nuestros días. Akal.
Díez Espinosa, J. R. (2006). Historia del Mundo Actual (Desde 1945 hasta nuestros días). Universidad de Valladolid.
Fontana, J. (2011). Por el bien del Imperio. Una historia del mundo desde 1945. Pasado y Presente.
Gaddis, J. L. (2008). La Guerra Fría. RBA.
Judt, T. (2006). Posguerra. Una Historia de Europa desde 1945. Taurus.
Núñez Seixas, X. M. (2018). Las utopías pendientes. Una breve historia del mundo desde 1945. Crítica.
Veiga, F. (2009). El desequilibrio como orden. Una historia de la postguerra fría, 1990-2008. Alianza.
Veiga, F., & Ucelay-Da Cal, E. & Duarte, A. (2006). La paz simulada. Una historia de la Guerra Fría, 1941-1991. Alianza.
Villares, R., & Bahamonde, A. (2001). El mundo contemporáneo. Siglos XIX y XX. Taurus.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Aldcroft, D. H. (2002). Historia de la Economía europea, 1914-2000. Crítica.
Anderson, P. (2012). El nuevo viejo mundo. Akal.
Bauman, Z. (2007). Miedo líquido. La sociedad contemporánea y sus temores. Paidós.
Briggs, A., & P. Clavin (2000). Historia Contemporánea de Europa (1789-1989). Crítica.
Castells, M. (2006). La sociedad-red. Alianza.
Dahrendorf, R. (2006). El recomienzo de la historia. De la caída del muro a la guerra de Irak. Katz.
Eley, G. (2003). Historia de la izquierda en Europa 1850-2000. Crítica.
Frieden, J. (2002). Capitalismo Global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Crítica.
Hobsbawm, E. H. (1997). Historia del siglo XX. Crítica.
Huband, M. (2004). África después de la Guerra Fría. Paidós.
Huntington, S. (1994). La tercera ola. La democratización a finales del siglo XX. Paidós.
Leffler, M. P. (2008). La guerra después de la guerra: Estados Unidos, la Unión Soviética y la Guerra Fría. Crítica.
Mattelart, A. (2007). La mundialización de la comunicación. Paidós.
Núñez Seixas, X. M. (2004). Movimientos nacionalistas en la Europa del siglo XX. Síntesis.
Oya, C., & A. Santamaría (2007). Economía política del desarrollo en África. Akal.
Patterson, J. T. (2005). El gigante inquieto. Estados Unidos, de Nixon a G. W. Bush. Crítica.
BÁSICAS E XERAIS
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan trasmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación.
CT2 - Capacidade de xestión da información.
CT3 - Traballo en equipo.
CT4 - Aprendizaxe autónomo.
CT5 - Creatividade.
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7 - Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE23 - Comprender o contexto socioeconómico e político no que se desenvolve o xornalismo e a comunicación na actualidade.
CE24 - Capacitar para a comprensión de informes e datos estatísticos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
CE25 - Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a dimensión da comunicación de masas.
Nas clases expositivas o profesor explicará o programa da materia co apoio de diferentes materiais didácticos e o uso das TIC.
-As clases interactivas serán teórico-prácticas e permitirán completar os contidos da materia mediante a lectura e interpretación de textos históricos, gráficos, táboas e mapas, con aplicación a estudos de casos.
-A tutoría individualizada, ou en grupos moi reducidos, permitirá aos profesores prestar atención aos alumnos para discutir cuestións concretas en relación coas tarefas asignadas, despexar dúbidas ou ampliar a explicación sobre aspectos concretos.
A avaliación será continua e terase en conta a participación dos/as alumnos/as nas actividades propostas ao longo do cuadrimestre.
A nota final obterase do seguinte modo:
Farase un exame final na data que sinale o calendario oficial elaborado pola Secretaría da Facultade, no que o alumno deberá responder as preguntas relacionadas cos temas do programa desenvolvido nas clases expositivas e interactivas, computando o 50% da cualificación final. Para que esta nota sexa tida en conta, o alumno terá que obter no exame unha cualificación mínima de 5 sobre 10.
O 50% restante obterase polas cualificacións obtidas nas lecturas e recensións, actitude e participación na aula, ademais doutras actividades. Para poder facer media coa cualificación do exame, o alumno ten que entregar todos os traballos requiridos, sen excepción, e obter unha cualificación media global de 5 sobre 10.
Segunda oportunidade. Aqueles alumnos que non alcancen a nota mínima no exame terán que repetir dita proba (50% da nota final) e os que non superasen a parte práctica terán que repetir os traballos da devandita parte (50% da nota final).
As dispensas á clase terán que ser autorizadas pola Comisión Académica tendo en conta que as prácticas de laboratorio (sesións interactivas) non poderán ser eximidas en ningún caso. Os alumnos con dispensa concedida terán que facer o exame final da materia (50% da cualificación final), na data oficial, e deberán de realizar unha serie de traballos de carácter individual que lle serán indicados polo profesor da materia ao comezar o curso (50% da cualificación final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non presentado".
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas
Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 15 horas
Exame final: 3 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
Lecturas recomendadas: 25 horas
Preparación de presentacións orais, debates, etc: 5 horas
Procura, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc. ) Planificación e execución da práctica:12 horas.
-A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporciona o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se fornece con cada tema para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
- É conveniente, así mesmo, a realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- Consulta de atlas históricos e dicionarios de termos históricos.
- A asistencia regular a clase considérase imprescindible para conseguir un bo resultado para unha avaliación positiva.
- Aclarar con preguntas na clase, ou nas tutorías, as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.
Eduardo Rico Boquete
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812735
- Correo electrónico
- eduardo.rico [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
15.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
15.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
17.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |