Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudo da información radiofónica. Características específicas da redacción radiofónica. Análise das diferentes formas de construir a información. Análise e estudo dos diferentes tipos de programas informativos. Tipoloxía e características dos diferentes programas informativos de radio. Técnicas de desño, dirección, presentación, elaboración e realización de programas informativos.
- Coñecer o proceso de elaboración e tratamento da información radiofónica, analizando todos os pasos necesarios para facer un informativo: dirección, produción, redacción, posprodución e presentación-emisión.
- Estudo dos diferentes modelos de informativos: características de cada un. O guión e o deseño de informativos.
Contidos teóricos
TEMA I
1.1. A redacción radiofónica nos informativos. Escribir para a radio
1.2. Estrutura e características dunha noticia estándar
1.3. Os diferentes formatos de noticias
1.4. A redundancia
1.5. O raccord
TEMA II
2.1. O informativo principal de noticias. Estrutura e características
2.2. Organigrama dunha redacción e proceso de traballo para facer un informativo. Dirección, produción, redacción, posprodución e presentación-emisión
2.3. Estrutura dun informativo radiofónico. Elementos que interveñen nun informativo. Criterios xeográficos e criterios temáticos
2.4. O guión dos informativos. Funcións do guión. Tipos de guión. O minutado
2.5. Tipos de informativos radiofónicos: segundo o formato, segundo o contido e segundo a hora de emisión
2.6. As fórmulas “Todo noticias”
TEMA III
3.1. O tratamento da información radiofónica. Características e tratamento da linguaxe informativa. O libro de estilo radiofónico
3.2. Mecanismos para o tratamento da información: a montaxe
3.3. O tratamento estético e o tratamento de contido ou informativo. Como conxugar os dous elementos
3.4. Estética sonora e estética gráfica. O tratamento visual do texto
3.5. Cómo transmitir a sensación de actualidade: as referencias horarias e o uso dos verbos. As referencias espazo-temporais no tratamento da información
TEMA IV (neste capítulo teranse en conta os contidos xa explicados na materia Produción da Información)
4.1. As fontes informativas na información radiofónica
4.2. Tipos de fontes informativas
4.3. O tratamento das fontes informativas na radio
4.4. Cómo contrastar as fontes
4.5. Diferenza entre información e opinión
4.6. As citas in voce
4.7. Outras singularidades das fontes na radio
TEMA V
5.1. Os condicionantes da información radiofónica
5.2. A censura. Mecanismos e obxectivos. Variedades e graos de censura
5.3. O contexto da información
5.4. A interpretación da realidade a través da información
5.5. Criterios para converter un feito en noticia
TEMA VI
6.1. Factores que determinan a expresividade da información radiofónica
6.2. A información radiofónica desde o punto de vista narrativo
TEMA VII
7.1. O tratamento espazo-temporal da información radiofónica
7.2. O espazo sonoro na radio
7.3. A información en directo e a información en diferido
TEMA VIII
8.1. A audiencia como destinataria da información
8.2. As distintas audiencias. Características de cada unha
8.3. A audiencia como consumidora de información. Criterio comercial
8.4. A audiencia como receptora da información. Criterio xornalístico
8.5. Educar a audiencia ou satisfacer as súas demandas
8.6. Evolución da audiencia radiofónica
TEMA IX
9.1. Os informativos como unidades especiais dentro da programación radiofónica
9.2. O informativo como unidade radiofónica autónoma
9.3. O informativo dentro da macroestrutura da programación
TEMA X
10.1. O magazine. Características e estrutura
10.2. O guión do magazine
10.3. O tratamento da información no magazine
TEMA XI
11.1. Os informativos monográficos ou especiais
11.2. Características dun informativo monográfico
11.3. Factores que xustifican a elaboración dun monográfico
11.4. Estrutura dun informativo monográfico
11.5. Cómo se prepara un informativo monográfico. Fases de investigación, documentación e selección de información
TEMA XII
12.1. O deseño de informativos
12.2. Elementos que hai que ter en conta para deseñar un informativo
Contidos prácticos
Catro informativos de media hora de duración cada un
Un monográfico dunha hora de duración
Un magazín dunha hora de duración
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, proporanse prácticas que o alumnado poda facer a distancia (on line), tanto de xeito individual como en grupo, empregando técnicas e tecnoloxías de produción da información radiofónica aplicadas a Internet, e reforzando tamén os exercicios de análise.
Bibliografía básica
BALSEBRE, A., La credibilidad de la radio informativa, Feed-Back Ediciones, Barcelona, 1994.
BALSEBRE, A.; MATEU, M., e VIDAL, D., La entrevista en radio, televisión y prensa, ed. Cátedra, Madrid, 1998.
CEBRIÁN HERREROS, M., Información radiofónica. Mediación técnica, tratamiento y programación, ed. Síntesis, Madrid, 1994.
MARTI, J. M., Modelos de programación radiofónica, Feed-Back Ediciones, Barcelona, 1993.
MERAYO PÉREZ, A., Para entender la radio. Estructura del proceso informativo radiofónico, Publicaciones Universidad Pontificia de Salamanca, 1992.
RODERO ANTON, E., Producción radiofónica, ed. Cátedra, Madrid, 2005.
SOENGAS, X., Informativos radiofónicos, ed. Cátedra, Madrid,2003.
A bibliografía complementaria constará de lecturas relacionadas coa actualidade informativa do momento.
- Coñecer o organigrama dunha redacción radiofónica e analizar como funciona.
- Familiarizarse cos elementos que interveñen no proceso informativo radiofónico, especialmente o acceso ás fontes e o seu tratamento.
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecimentos o seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que acostuman demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
Capacidade de organización e planificación
Capacidade de xestión da información
Traballo en equipo
Aprendizaxe autónomo
Creatividade
Iniciativa e espíritu emprendedor
Coñecimentos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos en medios de comunicación
Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativos a través dos medios de comunicación audiovisuais.
Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
Coñecer as técnicas para a creación de productos multimedia
Aprender as técnicas narrativas do fotoxornalismo e do documental.
A metodoloxía de ensinanza consta dunha combinación de clases teóricas e gravacións de informativos, nas que se poñen en práctica os coñecementos teóricos explicados na clase. Logo, a través da bibliografía, afóndase naqueles conceptos que se consideran máis importantes.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, reforzaranse as aulas a través do Campus Virtual da USC, tanto na parte teórica como práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupais, e o sistema de entrega será a través da aula virtual. Amáis, empregarase o OneDrive para a realización de prácticas colaborativas e a plataforma MS Teams para as conexións sincronizadas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao escenario on line, comunicándollo oportunamente ao alumnado a través da aula virtual.
A materia consta dunha parte teórica, que se corresponde co temario oficial, e doutra parte práctica, que se compón de catro informativos de media hora de duración cada un, un monográfico dunha hora e un magazín, tamén dunha hora. Para aprobar a parte práctica é necesario realizar todos os exercicios que se programen na clase (estar presente na gravación e na súa corrección) e para superar a parte teórica haberá un exame final sobre o programa da materia e sobre a bibliografía. Amáis da bibliografía obrigatoria mencionada, se procede, na clase tamén se facilitarán textos que poidan ser necesarios para ampliar algún tema.
A parte práctica da materia supérase exclusivamente facendo todas as gravacións programadas durante o curso. Por tratarse de prácticas que, polas súas características, teñen que realizarse en grupo, non se poden recuperar logo de xeito individual. Polo tanto, os alumnos que suspendan as prácticas en xaneiro non poderán examinarse desa parte en xullo. Así, o exame de xullo só será para aqueles alumnos que únicamente teñen pendente a teoría.
A nota final será a media da teoría e das prácticas (50% cada parte).
É imprescindible facer todas as prácticas para aprobar a materia. Tamén é necesario ter aprobadas a teoría e máis a práctica para facer a media das dúas partes.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
No caso de ter que afrontar un escenario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica. Polo tanto, valoraranse únicamente os traballos que se propoñan ao longo do curso, tanto as prácticas de análise como a entrega de produtos radiofónicos. As prácticas de análise e os produtos radiofónicos avaliaranse independentemente e será necesario ter aprobadas as dúas partes para facer a nota media e superar a totalidade da materia.
Na segunda oportunidade, no caso de trasladarse a docencia a un esceario on line ou combinado (presencial e on line), avaliarase da mesma forma que na primeira parte. Se o alumno ten aprobada unha parte (prácticas de análise ou produtos radiofónicos), gardaráselle a nota da parte superada ata a segunda oportunidade.
O tempo de traballo presencial do alumno é de 48 horas; o tempo de estudo e traballo persoal estimado por alumno é de 102 horas.
É importante asistir ás gravacións de tódolos informativos que se propoñen, pois na elaboración dos programas aplícanse os conceptos teóricos explicados na clase.
Plan de continxencia
No caso de ter que afrontar un esceario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, reforzarase a docencia a través da aula virtual (Campus Virtual da USC), tanto na parte teórica como práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupais, e o sistema de entrega será a través da aula virtual. Amáis, empregaranse o OneDrive para a realización de prácticas colaborativas e a plataforma MS Teams para as conexións sincronizadas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao escenario on line, comunicándollo oportunamente ao alumnado a través da aula virtual. Adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica. Polo tanto, valoraranse únicamente os traballos que se propoñan ao longo do curso, tanto as prácticas de análise como a entrega de produtos radiofónicos. Cada un dos exercicios será cualificado cunha nota e xuntos suporán o total da nota final da materia. As prácticas de análise e os produtos radiofónicos avaliaranse independentemente e será necesario ter aprobadas as dúas partes para facer a nota media e superar a totalidade da materia. Na segunda oportunidade avaliarase da mesma forma que na primeira parte. Se o alumno ten aprobada unha parte (prácticas de análise ou produtos radiofónicos), gardaráselle a nota da parte superada ata a segunda oportunidade.
Jose Soengas Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816541
- Correo electrónico
- jose.soengas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
12.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
12.01.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
22.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |