Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 15 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer a organización dos xenomas, as bases moleculares da regulación da expresión xenética e a súa incidencia en procesos como o desenvolvemento, a defensa do organismo e as enfermidades complexas como o cancro.
- Coñecer as metodoloxías da tecnoloxía do ADN recombinante para as súas aplicacións para a transgénesis e en xeral para a mellora das producións e a seguridade alimentaria.
- Fomentar o traballo en equipo e a adquisición de destrezas na procura de información científica, no manexo de ferramentas e bases de datos relacionadas coa materia e na presentación de tarefas.
A Memoria do Título contempla para esta materia os seguintes contidos: Estrutura e organización dos xenomas. O xene eucariótico. Familias xénicas. ADN repetido. Técnicas bioquímicas para a análise de ADN. Illamento e marcaxe de ácidos nucleicos. Encimas relacionados con ácidos nucleicos e propiedades. Encimas de restrición. Técnicas de análise xenética molecular. Secuenciación de ADN. Síntese de oligonucleótidos. Reacción en cadea da polimerasa (PCR). Técnicas de blotting. Clonación. Análise e illamento de produtos clonados. Vectores. Hospedadores: Transformación e transfección. Selección de colonias: métodos. Librerías xenéticas. Librerías xenómicas. Librerías de cDNA. Librerías especializadas. Rastrexo dunha librería. Obtención de sondas. Librerías de expresión. Transferencia xénica en eucariotas. Transferencia xénica en animais. Microinxección de xenes. Vectores víricos. Animais transxénicos e clónicos. Transferencia xénica en plantas. Edición xenómica. Terapia xénica. Aplicacións á Medicina clínica e forense. Patróns de herdanza das enfermidades. Diagnóstico preimplantacional e diagnóstico prenatal. Diagnóstico molecular. Enfermidades complexas: aproximacións xenéticas. Cancro: perfís moleculares e terapia. As impresións dixitais do ADN. Identificación e parentesco. Aplicacións á mellora xenética animal e vexetal. Marcadores xenéticos e trazabilidade xenealóxica. Parentescos moleculares. Xenes maiores e QTL. Detección e localización de QTL. Clonación posicional.
Estes contidos desenvolveranse de acordo cos seguintes contidos teóricos e prácticos, indicando a distribución estimada de horas das actividades presenciais (52 h, clases expositivas, interactivas e titorías).
1. Presentación da materia (1 hora)
2. Contidos teóricos (36 horas)
Temario Clases Expositivas (33 horas): Xenética Mol e Enx Xen
BLOQUE 1: Xenética Molecular (21 horas)
Tema 1: Estrutura e organización dos xenomas (2h). Xenomas. Cromatina. Paradoxa do valor C e G. Tipos de secuencias nos xenomas: humanos.
Tema 2: Regulación da expresión de los xenomas (10h).
PROCARIOTAS. Control da expresión xénica: Xeneralidades. Regulación transcripcional: Secuencias cis e trans, Operón, Sistemas enzimáticos inducibles e reprimibles, Operón lac: control positivo e negativo, Operón do triptófano: atenuación, Factores σ. Outros niveis de regulación.
EUCARIOTAS. Control da expresión xénica: Xeneralidades. Regulación pretranscripcional-Epixenética: cromatina como regulador, metilación do ADN. Regulación transcripcional: Secuencias cis e trans. Regulación postranscripcional: procesados alternativos, transporte e estabilidade do ARNm, epitranscriptoma, ARNs non codificantes reguladores. Regulación traduccional. Regulación postraduccional.
Tema 3: Xenética do desenvolvemento (3h). Xenética do desenvolvemento. Teoría da actividade génica variable. Desenvolvemento embrionario. Desenvolvemento embrionario en Drosophila: xenes de efecto materno, xenes zigóticos: xenes de segmentación e xenes homeóticos. Paralelismo entre o desenvolvemento en insectos e plantas: desenvolvemento floral en Arabidopsis. Morte celular programada e desenvolvemento normal.
Tema 4: Inmunoxenética (3h). O sistema inmune: resposta inmunitaria específica. As inmunoglobulinas. Xeración da diversidade de anticorpos. Receptores de linfocitos T. Xenes do complexo maior de histocompatibilidad.
Tema 5: Ciclo celular e cancro (3h). O cancro: características, tipos, causas,... Orixe xenética do cancro: oncoxenes e xenes supresores de tumores. O ciclo celular e puntos de control. Metástase. Outras alteracións nas células cancerosas. Tratamentos do cancro.
BLOQUE 2: Enxeñería Xenética (12 horas)
Tema 6: Técnicas xenéticas de análise molecular (3h). Enzimoloxía para a manipulación de ácidos nucleicos. Illamento de ácidos nucleicos. Hibridación molecular: marcaxe, FISH, blotting. Reacción en cadea da polimerasa (PCR). Secuenciación Sanger do ADN.
Tema 7: Clonación molecular in vivo (3h). ADN recombinante. Vectores. Hospedadores. Métodos de transferencia, selección e identificación.
Tema 8: Xenotecas (2h). Xenotecas de ADN: xenómicas, de ADNc, especializadas, metaxenómicas. de ARN pequeno. Xenotecas in vivo e in vitro.
Tema 9: Transferencia xénica en eucariotas (3h). Transferencia xénica en células animais: métodos de transferencia, vectores, selección e identificación. Organismo xeneticamente modificado. Animais transxénicos. Animais clónicos. Edición xénica. Animais clónicos.
Tema 10: Aplicacións (1h + actividades/tarefas das Titorías en grupo reducido). Medicina clínica e forense. Mellora xenética animal.
Seminarios (3 horas)
Sem Xen Mol Inx 1. Cuestións e problemas relativos ao Bloque 1.
Sem Xen Mol Inx 2. Cuestións e problemas relativos ao Bloque 2.
Sem Xen Mol Inx 3. Cuestións e problemas relativos ao Bloque 2.
3. Contidos prácticos (15 horas)
Clases prácticas (12 horas)
Pract Xen Mol & Enx Xen Laboratorio 1. Técnicas de análise molecular de ADN.
Pract Xen Mol & Enx Xen Laboratorio 2. Técnicas de análise molecular de ADN.
Pract Xen Mol & Enx Xen Laboratorio 3. Introdución ao manexo de bases de datos e ferramentas de análise bioinformático.
Titorías en grupo reducido (3 horas)
Tit Xen Mol Enx Xen. Realizaranse e presentarán oralmente traballos en grupo. Os temas estarán relacionados coas aplicacións da enxeñería xenética para a mellora das producións e seguridade alimentaria.
Bibliografía básica
Benito, C. & Espino, J., 2012. Genética: conceptos esenciales. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Brown, T.A., 2016. Gene cloning and DNA analysis: An Introduction. 7th ed. Chichester: Wiley-Blackwell.
Brown T.A. 2023. Genomes. 5ª Edición. Taylor & Francis Group
Herráez, A., 2012. Biología molecular e ingeniería genética: conceptos, técnicas y aplicaciones en ciencias de la salud. 2ª ed. Barcelona: Elsevier.
Izquierdo, M., 2014. Ingeniería Genética y Transferencia Génica. 2ª ed. Pirámide, Madrid
Klug, W.S., et al. 2018. Concepts of genetics.12th ed. New York. Pearson.
Nicholl, D.S.T. 2023. An introduction to genetic engineering. 4th ed. Cambridge: Cambridge University Press.
Pierce, B.A., 2015. Genética: un enfoque conceptual. 5ª ed. Madrid: Médica Panamericana.
Pierce, B.A. 2020. Genetics: a conceptual approach. 7th ed. New York: Macmillan International Higher Education.
Real García, M.D., et al. 2017. Técnicas de ingeniería genética. Madrid: Síntesis.
Os/ as estudantes terán acceso aos manuais electrónicos: Benito & Espino, 2012; Pierce, B.A., 2015 e Herráez, A., 2012: O acceso realizarase a través de ReBUSCa da Biblioteca da USC (https://rebusca.usc.gal/inicio).
Bibliografía complementaria
Glick, B.R. & Patten, C.L., 2017. Molecular biotechnology: principles and applications of recombinant DNA. 5th ed. Washington DC: ASM Press.
Green, M.R. & Sambrook, J., 2012. Molecular cloning: a laboratory manual. 4th ed. 3 v. Cold Spring Harbor: Cold Spring Harbor Laboratory Press.
Krebs, J.E., Goldstein, E.S. & Kilpatrick, S.T., 2018. Lewin’s Genes XII. 12th ed. Jones & Bartlett Larning.
Coñecementos
Con07: Coñecer e interpretar a estrutura, organización, transmisión, expresión, regulación e evolución do material xenético.
Con09: Identificar e relacionar os compoñentes do sistema inmunitario, a súa estrutura, función e mecanismos de acción.
Habilidades
H/D05: Utilizar as técnicas adecuadas para o estudo da estrutura e función do material xenético para o desenvolvemento de aplicacións biotecnolóxicas.
H/D06: Analizar e avaliar de forma crítica os marcadores xenéticos, moleculares e bioquímicos asociados ás diferentes patoloxías e caracteres de interese.
H/D09: Interpretar a información das principais bases de datos biolóxicos (xenómicos, transcriptómicos, proteómicos, metabolómicos, etc.) e datos bibliográficos, utilizando as ferramentas bioinformáticas básicas.
Competencias
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.
Comp07: Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e da comunicación.
- Clases expositivas ou maxistrais (33 horas): O/a profesor/a encargado da materia tratará os contidos do programa empregando presentacións audiovisuais por cada tema, coa axuda de anotacións no encerado e material de apoio, tamén en inglés. Realización nas aulas asignadas polo centro ao grupo completo.
- Seminarios (3 horas): O/a profesor/a proporcionará, por medio do Campus virtual e coa antelación suficiente, boletíns con cuestións e problemas non resoltos relacionados cos contidos do programa para afianzar, aplicar e ampliar coñecementos. Os/ as estudantes tentarán resolver os boletíns antes das sesións e de maneira autónoma para calibrar os seus progresos na materia. Nos seminarios, o/a profesor/a promoverá a participación activa dos/as estudantes e resolverá as dúbidas expostas. Realización nas aulas asignadas polo centro en grupo reducido.
- Prácticas (12 horas): O/a profesor/a tratará métodos de análise xenética, tanto no laboratorio como en ordenador, que complementarán e aplicarán os conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Incluirán unha introdución teórica e guións que detallen os procedementos para desenvolver baixo a supervisión do profesor/a. Ao finalizar as mesmas os/as estudantes discutirán co/a profesor/aos resultados obtidos para dar resposta e entrega ás preguntas expostas no guion. Os/as estudantes traballarán en subgrupos de 2-3 estudantes nas prácticas de laboratorio e individualmente nas prácticas de ordenador. As prácticas de laboratorio realizaranse no laboratorio do Departamento de Xenética, Facultade de Veterinaria, pavillón 4, 2ª planta superior. As prácticas de informática realizaranse nas aulas asignadas polo centro.
- Titorías en grupo reducido (3 horas): O/a profesor/a plantexará actividades e/o tarefas en grupos reducidos. Os/as estudantes buscarán, procesarán e analizarán información para a súa elaboración e presentación. Tamén se utilizarán para a supervisión e o asesoramento dos/as estudantes na materia. Realización nas aulas asignadas polo centro.
- Utilizarase de forma continuada a Aula da Materia no campus virtual da USC para a distribución do material e para a comunicación con/cas estudantes.
Lémbrase ao alumnado que tal e como recolle o Artigo 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada en Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011, “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.”
A cualificación final será unha media ponderada das cualificacións obtidas polos/ as estudantes nas diferentes actividades docentes avaliables de acordo co seguinte baremo:
- Exame teórico, representan o 60% da cualificación final (se o/a estudante aprobou o exame). Exame único presencial na data asignada polo Centro ao comezo do Curso Académico. Consistirá en contestar a preguntas tipo test e/ou preguntas que requirirán respostas de maior ou menor extensión e na resolución de problemas sobre os contidos teóricos impartidos. Actividade avaliable obrigatoria.
Competencias avaliadas: Con07, Con09, H/D05, H/D06, Comp01.
- Clases prácticas (avaliación continua), representan o 15% da cualificación final. Puntuarase a actitude e contestación ás preguntas dos guións con un 7,5% como máximo. Os coñecementos adquiridos avaliaranse mediante un exame de prácticas que representará un 7,5% como máximo, este exame realizarase xunto co exame final. Actividade avaliable non obrigatoria.
Competencias avaliadas: Con07, H/D05, H/D06, H/D09, Comp01, Comp07.
- Titorías en grupo reducido (avaliación continua), as actividades e/o tarefas realizadas representan o 10% da cualificación final. Valoraranse aspectos como a participación, calidade e estrutura do traballo e a presentación escrita e/o oral. Actividade avaliable non obrigatoria.
Competencias avaliadas: Con07, Con09, H/D05, H/D06, H/D09, Comp01, Comp07.
- Cuestionarios a través do campus virtual e/ou tarefas presenciais (avaliación continua), representan o 10% da cualificación final. Realizarase unha ao final de cada bloque en horario lectivo avisando a través do campus virtual con antelación. Actividade avaliable non obrigatoria.
Competencias avaliadas: Con07, Con09, H/D05, H/D06, Comp01.
- Participación nas actividades (avaliación continua), representa un 5% da cualificación final. Valorarase a participación activa e a resolución de problemas.
NOTAS ACLARATORIAS:
BAREMO: Para superar a materia débese obter unha nota mínima de 5,0 puntos (escala de 0 a 10) no exame teórico. Unha vez superado o exame (que representa o 60% da cualificación final), á súa cualificación sumaránselle as obtidas nas restantes actividades da materia coa ponderación descrita. En caso de non alcanzar 5,0 puntos no exame teórico, a cualificación final será só a obtida no exame teórico.
PRÁCTICAS, TITORÍAS E CUESTIONARIOS/TAREFAS: Non é obrigatoria a súa realización para aprobar a materia. No caso de non realizar estas actividades a cualificación será a do exame teórico, que no poderá superar 6,0 puntos sobre 10 pois representa o 60% dá cualificación final.
CAMBIOS DE GRUPO: Nas prácticas, titorías e seminarios, poderanse realizar cambios de grupo sempre que se atope a outro/a estudante doutro grupo co que cambiarse. Devanditos cambios deberán ser comunicados previamente por e-mail ao profesor/a responsable da actividade.
FECHAS DE EXÁMENES: Non se realizarán exames en datas alternativas ás oficiais.
AVALIACIÓN SEGUNDA CONVOCATORIA: Os/as estudantes deberán realizar o exame, similar o da 1ª convocatoria. Conservaranse as cualificacións obtidas nas restantes actividades da materia.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE: será de aplicación para aqueles/as estudantes aos/as que se lles concedeu tras solicitala segundo indica a instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral. Nestes casos a avaliación será a seguinte: exame teórico 80%, traballos ou probas alternativas ás actividades presenciais para as que se concede dispensa 20%.
ESTUDANTES REPETIDORES: aplicarase o mesmo sistema de avaliación. Non é obrigatorio repetir as prácticas e titorías, a condición de que sexan as mesmas, manténdose as cualificacións obtidas. En caso de cambio informarase a os/as estudantes mediante o campus virtual para que aqueles repetidores que queiran ter estas cualificacións saiban que teñen que realizalas.
A materia consta de 6 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das que o 37,3% son presenciais e o 62,7% son horas de traballo autónomo do/a estudante (non presencial). A distribución detallada do tempo de traballo do/a estudante é a seguinte:
Traballo presencial na aula: 56h
- Presentación da materia: 1h
- Clases maxistrais: 33 h
- Seminarios: 3 h
- Prácticas: 12 h
- Titorías en grupo reducido: 3 h
- Realización de exames e revisión: 4 h
Traballo persoal do/a estudante: 94 h
- Estudo individual: 86 h
- Elaboración de traballos: 8h
Recoméndase a asistencia a todas as actividades e expor as dúbidas durante o desenvolvemento destas.
Estudo continuo baseado na comprensión dos conceptos.
Profundar nos contidos presentados nas clases de teoría utilizando a bibliografía recomendada.
Empregar as titorías para resolver dúbidas ou cuestións.
Os idiomas de docencia serán o castelán e galego (algún contido/material en inglés).
Estará operativa unha aula virtual na plataforma Moodle ao dispor dos/as estudantes e canles de comunicación directa a través de MS- teams.
INFORMACIÓN RELEVANTE: Lémbrase que as explicacións e o material que o profesorado utiliza en clase ou deixa na aula virtual está suxeito a dereitos de autor, por tanto, non se debe fotografar, gravar, nin usar fóra deste espazo xa que se considerará fraudulento ao incumprir as condicións de uso.
María Belén Gómez Pardo
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 982822428
- Correo electrónico
- belen.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maider Fernandez Santos
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- maider.fernandez.santos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Maialen Carballeda Alvarez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- maialen.carballeda.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
17.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 3 PLANTA BAIXA |
17.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
12.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
12.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |