Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Saber identificar a empresa como un sistema aberto
- Coñecer o marco institucional e xurídico da empresa
- Comprender a organización e xestión das empresas
- Coñecer os subsistemas funcionais
- Coñecemento da terminoloxía empregada no ámbito da Administración e Organización Industrial
1.- Concepto de empresa
2.- A contorna da empresa
3.- Subsistemas funcionais da empresa
4.- Organización e xestión de empresas
- BÁSICA:
CASTILLO A.M.; ABAD, I.Mª.; AGUIRRE, J.M.; GARCÍA, J.; MORENO, F. DE A.; RASTROLLO, Mª.A. (2003). Introducción a la Economía y Administración de Empresas. Ediciones Pirámide.
DÍEZ DE CASTRO, E.; GALÁN, J.L; MARTÍN, E. (1996). Introducción a la Economía de la Empresa. Tomos I y II. Ediciones Pirámide.
MAYNAR, P., BAÑEGIL, T., GALERA, C. (2008). La economía de la empresa en el espacio de educación superior. McGraw-Hill.
SANDE, J. (2016). Economía de la empresa LOMCE (1.ª ed.) [Archivo PDF]. Recuperado de https://drive.google.com/file/d/1ezt1duyO4KJkgG8fcL3gtS4q4st1ilNY/view?…
- COMPLEMENTARIA:
BUENO, E.; CRUZ, I.; DURAN, J.J. (1996). Economía de la empresa. Análisis de las decisiones empresariales. Madrid: Pirámide.
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. et al. (1995). Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. et al. (1995). Dirección de operaciones. Aspectos tácticos y operativos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
KOTLER, F. (2012). Introducción al marketing. Madrid: Prentice Hall.
Poderase recomendar bibliografía específica para os distintos contidos.
BÁSICAS E XERAIS
CG3 - Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións
CG5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos
CG9 - Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións
CB1 - Que o alumnado demostre posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT3 - Capacidade para xestionar a información
CT4 - Capacidade para traballar en equipo
CT7 - Demostrar iniciativa e espírito emprendedor
CT8 - Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación
CT9 - Capacidade para organizar e planificar
CT10 - Capacidade para a resolución de problemas
CT11 - Capacidade para tomar decisións
ESPECÍFICAS
CE6 - Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas
Nas sesións expositivas utilizarase a lección maxistral participativa, na cal o profesorado expoñerá de forma oral -apoiado principalmente nunha presentación de diapositivas e no uso da pizarra- os distintos conceptos da materia e, en función da conveniencia ou necesidade, acudindo a Webs, mostrando vídeos, recorrendo a documentos ou lecturas, etc. Fomentarase a participación do alumando, pero desviando longos debates ou cuestións complexas ou que se afasten dos conceptos abordados ás clases interactivas e/ou ás titorías.
Durante as prácticas abordarase a resolución de problemas relativamente complexos apoiados principalmente en ferramentas informáticas.
Nos seminarios abordaranse traballos tales como a resolución de exercicios e casos, procura de información ou análise de documentos e lecturas, entre outros. En moitos casos, logo da súa elaboración efectuarase unha posta en común e/ou debate sobre os mesmos. Algunhas actividades abordaranse de forma individual e outras en grupos; algunhas resolveranse na súa totalidade en horario lectivo, e outras comezaranse en horario lectivo e deberán ser abordadas/finalizadas na parte de traballo autónomo do alumnado.
Utilizarase a Aula Virtual como ferramenta de comunicación e soporte á docencia.
O desenvolvemento das sesións realizarase de forma presencial nos horarios de clase establecidos. As titorías adicionais (non programadas no horario da materia), realizaranse de xeito presencial ou non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC Microsoft Teams).
- Aproveitamento das prácticas (15% da cualificación)
- Elaboración dos traballos encargados nos seminarios (15% da cualificación)
- Exame final (70% da cualificación): preguntas V/F, test e/ou resposta curta.
Para poder sumar as outras partes, será necesario obter unha puntuación mínima de 3 puntos sobre 7 no exame final.
Na convocatoria de segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema. Levarase a cabo un novo exame, e a valoración do resto das partes será a mesma que se obtivo anteriormente.
A relación de competencias a avaliar en cada unha das actividades que integran o sistema de avaliación da materia detállase a continuación:
- Aproveitamento das prácticas: CB2, CB3, CB4, CT1, CT3, CT4, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE6.
- Elaboración dos traballos encargados nos seminarios: CB2, CB3, CB4, CT1, CT3, CT4, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE6.
- Exame final: CG3, CG5, CG9, CB1, CB2, CB3, CB4 CT1, CT3, CE6.
O alumnado ao que lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), deberá poñerse en contacto co profesorado da materia de cara a deseñar un plan de traballo ao longo do semestre que permita levar a cabo as prácticas (15% da cualificación) e elaborar os traballos (15% da cualificación), sendo o resto do sistema de avaliación idéntico ao exposto para o alumnado presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O desenvolvemento da avaliación a través dos instrumentos anteriores realizarase nas datas fixadas no calendario de probas finais e nos horarios de clase establecidos do seguinte xeito:
- Exame final: presencial.
- Prácticas e seminarios: entrega presencial e/ou non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC) e resolución presencial.
A materia ten asignados 6 créditos ECTS. Cada crédito equivale a 25 horas, co que ten unha carga de traballo para o alumnado de 150 horas, entre as que se inclúen como actividades presenciais:
33 expositivas, 12 interactivas de laboratorio, 4 interactivas de seminario e 2 de titorías
- Asistir e participar tanto nas clases expositivas como nas prácticas e seminarios.
- Consultar a bibliografía recomendada.
- Examinar os materiais recomendados polo profesorado e/ou entregados fisicamente ou a través da Aula Virtual.
- Recorrer ao profesorado para aclarar dúbidas, utilizando as titorías e todos os métodos de contacto dispoñibles.
A materia impartirase nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia
PLAN DE CONTINXENCIA:
Aplicaranse as seguintes adaptacións nos apartados de METODOLOXÍA DA ENSINANZA e SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE en cada escenario alternativo que sexa de aplicación en función das indicacións da administración competente e da USC.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO):
O desenvolvemento das sesións realizarase nos horarios de clase establecidos, de forma presencial ou non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través da plataforma corporativa da USC Microsoft Teams).
As titorías adicionais (non programadas no horario da materia), realizaranse de xeito non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC Microsoft Teams).
ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
O desenvolvemento das sesións realizarase nos horarios de clase establecidos, de forma non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través da plataforma corporativa da USC Microsoft Teams).
As titorías adicionais (non programadas no horario da materia), realizaranse de xeito non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC Microsoft Teams).
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
O desenvolvemento da avaliación realizarase nas datas fixadas no calendario de probas fináis e nos horarios de clase establecidos do seguinte xeito en cada un dos escenarios alternativos:
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO):
- Exame final: presencial ou non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC Microsoft Teams), de acordo coas directrices que se establezan nese momento.
- Prácticas e seminarios: entrega presencial e/ou non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC) e resolución presencial e/ou non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC Microsoft Teams).
ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
- Exame final: non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC Microsoft Teams).
- Prácticas e seminarios: entrega non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC) e resolución non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC Microsoft Teams).
Begoña Barreiro Fernandez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824421
- Correo electrónico
- begona.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejo Becerra Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824460
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
18.05.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
08.07.2022 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |