Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filoloxía Catalá, Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Reflexionar sobre as relacións entre a filosofía e a literatura máis aló da consideración dun diálogo interdisciplinar, que presupón xa o recoñecemento diferenciado dunha e outra en tanto que disciplinas susceptíbeis de relación.
Coñecer os fundamentos das respectivas concepcións de filosofía e de literatura que manexamos, e que dan lugar ao recoñecemento das respectivas disciplinas, así como da súa organización xerárquica.
Coñecer os máis relevantes cuestionamentos desta disposición xerárquica, así como das heterodoxas concepcións de filosofía e de literatura que a sustentan.
Adquirir unha mínima competencia para reconsiderar tanto o valor filosófico de textos literarios como o valor literario de textos filosóficos e, en relación a isto último, ser capaz de ensaiar novas lecturas de obras filosóficas xa coñecidas.
1. O paradigma da poética aristotélica e os límites entre filosofía e literatura.
2. A dilución dos límites (i): a literatura carnavalesca en Baghtín.
3. A dilución dos límites (ii): o absoluto literario no Romantismo.
4. A dilución dos límites (iii): Kierkegaard, filosofía e literatura como compromiso existencial.
Recóllese a seguir só unha pequena escolma de textos máis significativos que poidan servir como referencia primeira para o traballo cos contidos da materia. Posteriormente, durante o desenvolvemento da mesma, esta bibliografía será completada con outras referencias máis específicas, tendo en conta, ademais, as necesidades e/ou intereses específicos do alumnado.
Básica:
Aristóteles, Poética, edición trilingüe de Valentín García Yebra, Madrid: Gredos, 1974.
Bajtín, Mijaíl M., Problemas de la poética de Dostoievski, Madrid: Fondo de Cultura Económica, 1986.
Bajtín, Mijaíl M., La cultura popular en la Edad Media y en el Renacimiento. El contexto de François Rabelais, Madrid: Alianza, 1987.
Barthes, Roland, «De la obra al texto», en El susurro del lenguaje, trad. C. Fernández Medrano, Barcelona: Paidós, 1987, pp. 73-82.
Foucault, Michel, «¿Qué es un autor?», en Obras esenciales, Barcelona: Paidós, 1999.
Iser, Wolfang, «La estructura apelativa de los textos», en Estética de la recepción, Rainer Warning (ed.), Madrid: Visor, 1989, pp. 133-148.
Kierkegaard, Søren, Enten-Eller (Søren Kierkegaards Skrifter, vols. 2-3), Copenhaguen: GAD; Søren Kierkegaard Forskningscenteret, 2012 [tradución ao castellano: O lo uno o lo otro (Escritos de Kierkegaard, vols. 2-3, Madrid: Trotta, 2006-2007].
Kierkegaard, Søren, Afsluttende uvidenskabelig Efterskrift (Søren Kierkegaards Skrifter, vol. 7), Copenhaguen: GAD; Søren Kierkegaard Forskningscenteret, 2002 [tradución ao portugués: Pós-escrito às Migalhas filosóficas, 2 vols., Petrópolis: Vozes, 2013; 2016].
Lacoue-Labarthe, Philippe; Nancy, Jean-Luc, El absoluto literario. Teoría de la literatura del Romanticismo alemán, Buenos Aires: Eterna cadencia, 2012.
Parcero Oubiña, Oscar, «A literatura ante a filosofia», en Parcero Oubiña, Oscar; Perarnau Vidal, Dolors; Paula, Marcio Gimenes de (eds.), Heterodoxias: Filosofia e literatura, Vila Nova de Famalicão: Húmus, 2020.
Schlegel, Friedrich, Fragmentos, Barcelona: Marbot, 2009.
Complementaria:
Asensi, Manuel, Literatura y filosofía, Madrid: Síntesis, 1995.
Asensi, Manuel, Historia de la teoría de la literatura (2 vols.), Valencia: Tirant lo Blanch, 1998-2003.
Bajtín, Mijaíl M., Teoría y estética de la novela, Madrid: Taurus, 1989.
Bajtín, Mijaíl M., Estética de la creación verbal, México: Siglo XXI, 1982.
Barthes, Roland, «La mort de l’auteur», em Œuvres complètes, vol. 2, París: Seuil, 1995, pp. 491-495.
Beck, Philippe, «Logiques de l’impossibilité», en Poétique d’Aristote, París: Gallimard, 1996.
Behler, Ernst, German Romantic Literary Theory, Cambridge: Cambridge University Press, 1993.
Beristáin, Helena, Diccionario de retórica y poética, México: Porrúa, 2001.
Cappelørn, Niels Jørgen; Deuser, Hermann, «Perspectives in Kierkegaard Research», Kierkegaard Studies Yearbook, 1996, pp. 1-14.
Cavaillé, Jean-Pierre, Descartes: a fábula do mundo, Lisboa: Instituto Piaget, 1996.
Close, Anthony, The Romantic Approach to Don Quixote, Cambridge: Cambridge University Press, 1978.
Derrida, Jacques, Márgenes de la filosofía, Madrid: Cátedra, 2008.
Eco, Umberto, «El lector modelo», en Lector in fabula. La cooperación interpretativa en el texto narrativo, Barcelona: Lumen, 1993.
Else, Gerald F., Plato and Aristotle on Poetry, Chapel Hill; London: University of North Carolina Press, 1986.
Garff, Joakim, «The eyes of Argus: The Point of view and Points of view on Kierkegaard’s Work as an Author», A Critical Reader, Jonathan Rée; Jane Chamberlain (eds.), Malden: Blackwell, 1998, pp. 75-102.
Halliwell, Stephen, Aristotle’s Poetics, Chapel Hill: University of North Carolina Press, 1986.
Havelock, Eric A., Preface to Plato, New York: Universal Library, 1967.
Highet, Gilbert, The Classical Tradition. Greek and Roman Influences on Western Literature, New York: Oxford University Press, 1985.
Iffland, James, De fiestas y aguafiestas: risa, locura e ideología en Cervantes y Avellaneda, Madrid: Iberoamericana, 1999.
Jegstrup, Elsebet (ed.), The New Kierkegaard, Bloomington: Indiana University Press, 2004.
Kierkegaard, Søren, Forord (Søren Kierkegaards Skrifter, vol. 4), Copenhaguen: GAD; Søren Kierkegaard Forskningscenteret, 2012 [tradución ao galego: Prólogos, Vigo: Galaxia, 2008].
Kierkegaard, Søren, Synspunktet for min Forfatter-Virksomhed (Søren Kierkegaards Skrifter, vol. 16), Copenhaguen: GAD; Søren Kierkegaard Forskningscenteret, 2012 [tradución ao inglés: The Point of View, Princeton: Princeton University Press, 1998].
Lanza, Diego (ed.), La poetica di Aristotele e la sua storia, Pisa: ETS, 2003.
Newmark, Kevin, Irony on Occasion. From Schlegel and Kierkegaard to Derrida and de Man, New York: Fordham University Press, 2012.
Norris, Christopher, The Deconstructive Turn. Essays in the Rhetoric of Philosophy, Londres: Methuen, 1983.
Norris, Christopher, «Ficcions of Authority: Narrative and Viewpoint in Kierkegaard’s Writing» en The Desconstructive Turn: Essays in the Rethoric of Philosophy, Londres: Methuen & Co., 1984. pp. 85-106.
Nun, Catalin; Stewart, Jon (eds.), Kierkegaard’s Pseudonyms (Kierkegaard Sources, Resources and Reception, vol. 17), Farnham: Ashgate, 2015.
Parcero Oubiña, Oscar, Kierkegaard, A Coruña: Baía, 2009.
Parcero Oubiña, Oscar, «Loquere ut Videam: “ ‘Guilty?’ / ‘Not Guilty?’ ” and the Writing of Irony», en José Miranda Justo; Elisabete M. de Sousa; René Rosfort (eds.), Kierkegaard and the Challenges of Infinitude. Philosophy and Literature in Dialogue, Lisboa: Centro de Filosofia da Universidade de Lisboa, 2013, pp. 93-103.
Parcero Oubiña, Oscar, «La emancipación del prólogo en la Fenomenología del Espíritu», Anales del Seminario de Historia de la Filosofía, vol. 33/2, 2016, pp. 561-582.
Parcero Oubiña, Oscar, «Entre o mecanicismo e a novela da alma», en Oscar Parcero Oubiña; Martín González Fernández; Jorge Cendón Conde (eds.), L’Homme-Machine. Filósofos, Animais e Máquinas, Vila Nova de Famalicão: Húmus, 2019, pp. 249-275.
Perarnau Vidal, Dolors, «El punto de vista sobre mi actividad como escritor: tan sólo un punto de vista», Kierkegaardiana, vol. 23, 2004, pp. 95-102.
Perarnau Vidal, Dolors, «El temps de les distincions ha passat. El sistema l’ha vençut», Revista Portuguesa de Filosofía, 64, 2008, pp. 291-310.
Perarnau Vidal, Dolors, «O poema sem poeta. Pseudonímias, heteronímias e anonímias na identidade kierkegaardiana», en Parcero Oubiña, Oscar; Perarnau Vidal, Dolors; Paula, Marcio Gimenes de (eds.), Heterodoxias: Filosofia e literatura, Vila Nova de Famalicão: Húmus, 2020.
Poole, Roger, Kierkegaard: The Indirect Communication, Charlottesville: University of Virginia Press, 1993.
Poole, Roger, «Towards a Theory of Responsible Reading: How to Read and Why», Kierkegaard Studies Yearbook, 2002, pp. 395-442.
Schlegel, Friedrich, Sobre el estudio de la poesía griega, Madrid: Akal, 1996.
Schleiermacher, Friedrich D. E., Monólogos (edición bilingüe), Barcelona: Anthropos, 1991.
Schoentjies, Pierre, La poética de la ironía, Madrid: Cátedra, 2003.
Warning, Rainer (ed.), Estética de la recepción, Madrid: Visor, 1989.
Zambrano, María, Filosofía y poesía, en Obras completas, vol. I, Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2015.
Zambrano, María, La confesión: género literario y método, en Obras completas, vol. II, Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2016.
Xerais e básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
CB8 - Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CX1 - Que os/as estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a achegas investigadoras.
CX5 - Que os/as estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de seren abordados e resoltos.
Específicas:
CE1 - Coñecer e comprender propostas filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 - Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensinanza de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
CE7 - Saber interpretar con criterio crítico medios de expresión como os baseados nas representacións icónicas, plásticas e literarias.
Transversais:
CT2 - Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
Descríbense tres escenarios diferentes: un primeiro que senta as bases metodolóxicas da materia, e dous alternativos que adaptan estas á eventual situación de limitación ou suspensión da actividade presencial.
Escenario 1: docencia presencial
Combinaranse tres tipos de actividade:
a. Exposición, por parte dos profesores, dos contidos básicos da materia, que servirán como fundamento sobre o que desenvolver posteriormente o traballo levado a cabo en formato de seminario.
b. Análise e discusión conxunta de textos previamente indicados polos profesores. Estas sesións, de seminario, constituirán a parte central da materia, tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo. Os textos que sirvan de base para estas sesións serán organizados semanalmente e indicados coa antelación necesaria para que o alumnado poida levar a cabo a súa lectura de maneira autónoma con anterioridade á propia sesión de traballo, a cal terá por obxecto, en consecuencia, unha posta en común e confrontación das distintas lecturas, tomando como fundamento para a mesma o marco común dos contidos previamente presentados polos profesores na parte expositiva.
c. Realización por parte de cada alumno dun pequeno traballo que afonde nalgunha cuestión particular de entre os contidos da materia. Os temas dos traballos serán escollidos coa titorización dos profesores. Como parte do proceso de elaboración, someteranse a debate no conxunto do grupo os distintos proxectos, de maneira que non só os profesores senón tamén os compañeiros poidan aportar algo, ao tempo que recibir algunha aportación de cada un dos traballos.
Escenario 2: docencia presencial + non presencial
Na medida en que sexa necesario, as sesións expositivas levaranse a cabo por videoconferencia (por medio do campus virtual, se este a dispón; en caso contrario, por medio da plataforma de maior facilidade de acceso para o alumnado); complementariamente, disporanse materiais en paralelo no campus virtual, para disposición daquelas persoas que non teñan os medios para asistir ás aulas telemáticas. As sesións interactivas levaranse a cabo presencialmente. Nas horas de traballo autónomo, o alumando deberá avanzar nas lecturas e restantes tarefas seguindo as indicacións do profesor. As dúbidas e dificultades que poidan xurdir deberán tratarse nas titorías, que poderán ser atendidas no despacho, en foros do campus virtual, correo electrónico ou videoconferencia.
Escenario 3: docencia non presencial
As sesións expositivas levaranse a cabo por videoconferencia (por medio do campus virtual, se este a dispón; en caso contraio, por medio da plataforma que menos problemas supoña para o alumnado); complementariamente, disporanse materiais en paralelo no campus virtual, para disposición daquelas persoas que non teñan os medios para asistir ás aulas telemáticas. Para as sesións interactivas combinarase o uso das ferramentas do campus virtual (foros, tarefas, etc.) e da videoconferencia. Nas horas de traballo autónomo, o alumando deberá avanzar nas lecturas e restantes tarefas seguindo as indicacións do profesor. As dúbidas e dificultades que poidan xurdir deberán tratarse nas titorías, que poderán ser atendidas en foros do campus virtual, correo electrónico ou videoconferencia.
En coherencia coa metodoloxía, descríbense tamén tres posibilidades de avaliación.
Escenario 1: docencia presencial
Avaliación continua:
1. Seguimento e asimiliación dos contidos, avaliado mediante a observación dos profesores e cuestionarios que serán entregados para a súa elaboración de maneira non presencial: 30%.
2. Participación nas sesións de seminario: 30%. Avaliarase tanto o compromiso e disposición de traballo como a calidade das intervencións, que reflictan o nivel de implicación nas lecturas, feitas de maneira autónoma. Mediante a observación e rexistros dos profesores.
3. Elaboración dun traballo individual: 40%. Inclúe a valoración da posta en común e da asimilación das achegas dos compañeiros.
Para poder ser recoñecida a avaliación continua, é requisito unha asistencia mínima fixada nun 80% do total das sesións do trimestre, así como a entrega dos exercicios encomendados. De non satisfacerse estes requisitos, a avaliación levarase a cabo por medio dun exame final sobre os contidos da materia, que suporá o 100% da nota.
Escenario 2: docencia presencial + non presencial
Mesmos criterios que para o escenario 1. No caso do exame final, este será substituído por un exercicio a entregar telematicamente.
Escenario 3: Docencia non presencial
Mesmos criterios que para o escenario 2.
Para os tres escenarios: o alumnado que estea en situación de exención de docencia, consonte a normativa da USC, deberá contactar co profesor ao inicio do semestre para que lle sexan asignadas unha serie de tarefas que substitúan a avaliación continua. Estas tarefas constituirán un 20% da cualificación final, elevando o exame final o seu valor ao 80%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos que ten é de 75 horas, distribuídas da seguinte maneira:
· Horas presenciais semanais: 3 horas, nun total de 9 horas de docencia expostiva e 12 horas de docencia interactiva: 21 horas en total.
· Titorías de grupo: 3 horas.
Total horas presenciais: 24
· Horas recomendadas para a lectura de textos (interactivas): 2 horas semanais.
· Horas de estudo, preparación de traballos, etc.: 5 horas semanais.
Total horas non presenciais: 51 horas
Total dedicación: 75 horas
- Detectar no inicio eventuais limitacións para planificar desde un primeiro momento unha axenda de traballo que garanta un bo resultado final.
- Levar un seguimento do traballo ao día.
- Participar nas sesións expositivas e interactivas.
- Traballar cos textos encomendados seguindo as pautas indicadas.
- Utilizar o recurso das titorías para consulta de dúbidas, explicacións adicionais, etc.
Plan de continxencia: os apartados de “Metodoloxía da ensinanza” e “Sistema da avaliación” inclúen, ademais da programación básica da materia (“Escenario 1”), dúas alternativas de programación que serían de aplicación excepcional no caso de que a actividade presencial se poida ver limitada (“Escenario 2”) ou suspendida (“Escenario 3”).
Oscar Parcero Oubiña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812519
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Dolors Perarnau Vidal
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Catalá
- Teléfono
- 881811790
- Correo electrónico
- dolors.perarnau [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Sala Hipatia |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Sala Hipatia |
20.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
20.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
08.07.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
08.07.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |