Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
– Dotar ao alumnado de coñecementos teórico-prácticos avanzados sobre a dirección estratéxica.
– Proporcionar unha metodoloxía que permita ao alumnado analizar as implicacións da contorna e dos recursos e capacidades da empresa como base para identificar a estratexia adecuada para competir nunha contorna dinámica e global e os desafíos que comporta a súa posta en práctica.
– Fomentar a reflexión sobre os problemas empresariais desde unha perspectiva crítica.
1.- Introdución á dirección estratéxica
2.- Análise da contorna xeral e competitiva
3.- Análise de recursos e capacidades
4.- Vantaxe competitiva e estratexia de negocio
5.- Estratexia corporativa e desenvolvemento da empresa
6.- Implantación da estratexia
Bibliografía básica:
GRANT, R.M. (2014): Dirección estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. (8ª edición) Ed. Civitas.
GUERRAS, L.A.; NAVAS, J.E. (2016): La dirección estratégica de la empresa. Teoría y aplicaciones. (5ª edición revisada) Ed. Civitas.
JOHNSON, G.; WHITTINGTON, R.; SCHOLES, K.; ANGWIN, D.; REGNER, P. (2017): Exploring strategy. Text and cases. (11th edition) Ed. Pearson.
Bibliografía complementaria:
BARNEY, J.B.; HESTERLY, W.S. (2015): Strategic management and competitive advantage. Concepts and cases. (5th edition) Ed. Pearson.
HARRIS, J.D.; LENOX, M.J. (2013): The strategist´s toolkit. Ed. Darden Business Publishing.
HILL, C.W.L.; JONES, G.R.; SCHILLING, M.A. (2015): Administración estratégica: teoría y casos. Un enfoque integral. (11ª edición) Ed. Cengage Learning.
HITT, M.A.; IRELAND, R.D.; HOSKISSON, R.E. (2015): Administración estratégica. Competitividad y globalización: conceptos y casos. (11ª edición) Ed. Cengage Learning.
OSTERWALDER, A.; PIGNEUR, Y. (2011): Generación de modelos de negocio. Ed. Deusto.
THOMPSON, A.; STRICKLAND, A.J.; JANES, A.; SUTTON, C.; PETERAF, M.A.; GAMBLE, J. (2018): Administración estratégica. Teoría y casos. (2ª edición internacional) Ed. McGraw-Hill.
O profesorado poderá detallar, ao comezo de cada tema, outra bibliografía adicional.
Competencias xerais:
CG1– Coñecemento avanzado en Dirección de empresas, fundamentalmente nos seus métodos, técnicas e áreas de aplicación.
CG2– Capacidade para comprender os problemas e aspectos relevantes das diversas áreas funcionais da empresa.
CG3– Capacidade para dispoñer dunha visión estratéxica dos problemas empresariais.
CG4– Visión de conxunto da empresa e a súa contorna, que permita diagnosticar problemas complexos, analizalos e tomar decisións axeitadas, sendo consciente da repercusión e alcance das mesmas.
CG5– Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG6– Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito da empresa.
CG7– Capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas.
CG8– Capacidade para deseñar proxectos de xestión.
CG9– Dominio de diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión necesarios para dirixir unha empresa.
Competencias transversais:
CT1– Sentido ético da dirección e xestión empresarial.
CT2– Capacidade para traballar en equipo.
CT3– Capacidade de razoamento crítico.
CT4– Capacidade de análise e síntese.
CT5– Capacidade de argumentación e comunicación.
Competencias específicas:
CE1– Capacidade para comprender as bases da competitividade da empresa.
CE2– Capacidade para comprender a importancia do proceso estratéxico, as fases que o conforman e as súas interrelacións.
CE3– Capacidade para aplicar as principais técnicas e ferramentas da análise estratéxica.
CE4– Capacidade para realizar unha análise do sector.
CE5– Capacidade para realizar unha análise interna da empresa.
CE6– Capacidade para identificar e valorar as distintas opcións estratéxicas nos ámbitos corporativo e de negocio.
CE7– Capacidade para comprender as accións necesarias para a posta en práctica e control da estratexia.
Escenario 1: normalidade adaptada.
Nas sesións expositivas explicaranse os contidos fundamentais dos temas que conforman o programa, enfatizando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso, realizaranse estudos de casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, e debateranse cuestións suscitadas polo profesorado. Coas lecturas preténdese que o alumnado acceda a fontes de información relevantes, en especial a revistas de interese, que se familiaricen con autores destacados, coñezan experiencias empresariais de interese para a materia e desenvolvan a capacidade de análise, síntese e de argumentación. Adicionalmente, deberán elaborar diversos traballos en grupo e expoñelos oralmente en clase. Con todo iso preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver as habilidades analíticas, de argumentación e comunicación. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a procura de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración de diversos traballos en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; tamén servirán para liquidar dúbidas e solucionar problemas aos que se en fronte o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo. As titorías serán prioritariamente presenciais. Durante o curso, utilizarase o "aula virtual" para tarefas de comunicación, docencia e avaliación. Poderase utilizar tamén a ferramenta Microsoft Teams; neste caso, informarase oportunamente ao alumnado.
Escenario 2: distanciamento.
Neste escenario darase unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas recomendacións que transmita o Decanato ou o Reitorado para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento. No caso da docencia virtual utilizarase Microsoft Teams e o campus virtual e poderá realizarse de forma síncrona e/ou asíncrona. As titorías terán lugar preferentemente de forma telemática.
Escenario 3: peche das instalacións.
Neste escenario a docencia será de carácter virtual, desenvolverase a través de Microsoft Teams e o campus virtual e poderá realizarse de forma síncrona e/ou asíncrona. As titorías terán lugar de forma telemática
A avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa no análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, etc. ). A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
a) Exame: 50% da cualificación.
b) Participación en análise de casos, debate de lecturas: 25%.
c) Realización, presentación e defensa de traballo en grupo: 25%.
Para poder sumar b) e c) é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Para poder superar a materia, é necesario que o alumnado asista como mínimo a un 80% das clases.
Os alumnos repetidores someteranse ao mesmo réxime de avaliación que o alumnado ordinario.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Avaliación de competencias:
– Exame: CG1, CG3, CG4, CE1, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7
– Avaliación continua: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CE1, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A natureza das probas, exercicios e exame final da materia será da seguinte maneira en función do escenario decretado pola USC:
Escenario 1: normalidade adaptada.
As probas e exercicios de avaliación continua e o exame final realizaranse de forma presencial. Peso na cualificación final: Expositiva 50% Interactiva 50%.
Escenario 2: distanciamento.
As probas e exercicios de avaliación continua e o exame final serán presenciais ou telemáticas de acordo coas normas que estableza o Reitorado e o Decanato e as medidas sanitarias establecidas nese momento no escenario 2. Peso na cualificación final: Expositiva 60% Interactiva 40%.
Escenario 3: peche das instalacións.
As probas e exercicios de avaliación continua e o exame final serán de carácter telemática. Peso na cualificación final: Expositiva 60% Interactiva 40%.
A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
– Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 48
– Traballo persoal do alumnado: 102
Para maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice todas as actividades expostas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas.
No caso de que se decreten os escenarios 2 ou 3, a metodoloxía e o sistema de avaliación da aprendizaxe serán os seguintes:
Escenario 2:
Metodoloxía: Neste escenario darase unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas recomendacións que transmita o Decanato ou o Reitorado para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento.
No caso da docencia virtual utilizarase Microsoft Teams e o campus virtual e poderá realizarse de forma síncrona e/ou asíncrona. As titorías terán lugar preferentemente de forma telemática.
Sistema de avaliación: As probas e exercicios de avaliación continua e o exame final serán presenciais ou telemáticas de acordo coas normas que estableza o Reitorado e o Decanato e as medidas sanitarias establecidas nese momento no escenario 2. Peso na cualificación final: Expositiva 60% Interactiva 40%.
Escenario 3:
Metodoloxía: Neste escenario a docencia será de carácter virtual, desenvolverase a través de Microsoft Teams e o campus virtual e poderá realizarse de forma síncrona e/ou asíncrona. As titorías terán lugar de forma telemática.
Sistema de avaliación: As probas e exercicios de avaliación continua e o exame final serán de carácter telemática. Peso na cualificación final: Expositiva 60% Interactiva 40%.
Adolfo Campos Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811600
- Correo electrónico
- adolfo.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
11.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
11.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
21.06.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
21.06.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |