Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Introducir ao alumnado nos principais fundamentos e teorías que sustentan o ensino e aprendizaxe de linguas.
- Familiarizar ao alumnado coas orientacións do ensino de linguas que emanan das directrices e documentos europeos.
- Fomentar a colaboración didáctica no ensino e aprendizaxe de linguas.
- Orientar cara a elaboración de proxectos interlingüísticos para o ensino secundario.
Tema 1. O proceso de adquisición de linguas.
1.1. Linguas primeiras e linguas engadidas.
1.2. A adquisición da L1 fronte á aprendizaxe da L2: semellanzas e diferenzas.
Tema 2. Enfoques e correntes metodolóxicas no ensino de linguas.
2.1. Evolución histórica dos métodos e enfoques no ensino de idiomas.
2.2. Métodos tradicionais: método gramática-tradución, métodos estruturais, método audiolingual ou audiolingüístico.
2.3. Os enfoques comunicativos actuais: o ensino comunicativo da lingua, o ensino baseado en tarefas.
Tema 3. Pautas e instrumentos para o ensino e aprendizaxe de linguas.
3.1.O Marco común europeo de referencia para as linguas. A competencia comunicativa: competencia lingüística, sociolingüística e pragmática. Os niveis de referencia.
3.2. O Portfolio europeo das linguas. Ferramenta para promover o plurilingüismo e a conciencia intercultural.
Tema 4. Desenvolvemento da competencia plurilingüe e intercultural nas aulas de lingua.
4.1. Desenvolvemento da competencia plurilingüe e intercultural nas aulas de lingua.
4.2. Aproximacións plurais á aprendizaxe das linguas. Marco de referencia para as aproximacións plurais (CARAP).
4.3. A didáctica da intercomprensión na educación lingüística. Conceptos e plataformas para o seu desenvolvemento.
4.4. O tratamento integrado das linguas no sistema educativo (CLIL/AICLE). Aspectos lingüísticos e críticos sobre os Proxectos interlingüísticos.
Seminarios interactivos:
Nos seminarios interactivos desenvolveranse actividades e traballos de xeito colaborativo e que recollerán aspectos diversos do programa de contidos, cunha metodoloxía baseada no debate, a interacción e a exposición dos mesmos. Algunas destas actividades realizaranse a través da plataforma do campus virtual da USC.
Para o tema 1: exercicicios cunha selección de textos nos que se expoñan diferentes enfoques sobre a adquisición e aprendizaxe das linguas, así como os conceptos de linguas primeiras e linguas engadidas.
No tema 2: desenvolveranse actividades con materiais didácticos para o ensino de linguas co obxectivo de someter a unha reflexión crítica os diferentes enfoques metodolóxicos empregados nos mesmos.
Para o tema 3: actividades en grupo para a reflexión e exposición sobre diferentes aspectos e apartados do MCER e o Portfolio.
No tema 4: Actividades de reflexión crítica sobre as linguas en contacto nos proxectos interlingüísticos e no tratamento integrado das linguas. Actividades de búsqueda de recursos en internet sobre os programas AICLE e os enfoques plurilingües, e reflexión conxunta sobre as vantaxes e dificultades da súa implantación.
Andrade, A. I. e Pinho, S (2010): Línguas e Educaçao: práticas e percursos de trabalho colaborativo,Aveiro, Universidade de Aveiro
Baker, C. (1997): Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Cátedra: Madrid.
Candelier, M . (cood.) (2012): CARAP. Cadre de Référence pour les Approches Plurielles des Langues et des Cultures, Conseil de l'E urope/Centre Européen pour les Langues Vivants
Cantero Serena, F. J. (2019): El arte de no enseñar lengua. Octaedro: Barcelona.
Cassany, Daniel (2006): El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid: Ministerio de Educación.
Conde, Gisela (2006): “El Portfolio Europeo de las Lenguas: el proyecto europeo y su desarrollo en España”, Carabela 57, pp. 143-154.
Cots, J.M. et al. (2010): Plurilingüismo e interculturalidad en la escuela. Reflexiones y propuestas didácticas. Barcelona: Horsori.
Consello de Europa (2001): Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. Publicación en liña: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Marco_textoI.pdf (Xunta de Galicia, 2006).
Cummins, J. (2002): Lenguaje, poder y pedagogía. Madrid: Ediciones Morata.
Díaz García, M. Teresa; Mas Álvarez, Inmaculada e Zas Varela, Luz (2009): Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. A Coruña: tresCtres
Garrote Salazar, M. (2019): Didáctica de segundas lenguas y lenguas extranjeras en Educación infantil y Primaria. Paraninfo: Madrid.
González Piñeiro, M. et al. (2010): Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural. Madrid: Síntesis.
Doughty, C. J. & M. H. Long (2003): The handbook of second language acquisition. Oxford: Blackwell.
Hernández, A. (2007): El trabajo en equipo del profesorado. 14 ideas clave, Barcelona, Graó.
Lomas, Carlos (1999): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras. Teoría y práctica de la educación lingüística. Barcelona: Paidós. 2ª edición correxida e actualizada.
Lorenzo, F.; Trujillo, F. e Vez, J. M. (2011): Educación bilingüe. Integración de contenidos y segundas lenguas, Madrid, Síntesis.
Martín Peris, E. (2004). “¿Qué significa trabajar en clase con tareas comunicativas?”. redELE, N.º0. Dispoñible en liña: http://www.mepsyd.es/redele/revista/martin.shtml
Martínez Atienza, M. & A. Zamorano Aguilar (coords.) (2018): Teoría y metodología para la enseñanza de ELE, 4 vols. Madrid: enClave ELE
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (2012): Estudio Europeo de Competencia Lingüística (EECL). Publicación en liña: http://www.mecd.gob.es/inee/estudios/competencia-linguistica.html
Palacios Martínez, Ignacio M. (dir.) (2007): Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid. enclave-ELE.
Palacios Martínez, Ignacio M. (2008). “O Portfolio Europeo das Linguas: reflexións e ideas para a súa posta en práctica na aula”, en T. Díaz García, I. Mas Álvarez e L. Zas Varela (coord.), Integración lingüística e inmigración. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 117-136.
Pastor Cesteros, Susana (2004): Aprendizaje de segundas lenguas. Lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas. Alicante: Universidad de Alicante.
Richards, J. C. & T. S. Rogers (2001): Enfoques y métodos en la enseñanza de idiomas. Madrid: Cambridge University Press.
Ruiz de Zarobe, Leyre y Yolanda Ruiz de Zarobe (eds.) (2013). Enseñar hoy una lengua extranjera. Valencia: Portal Education.
Sánchez Lobato, J. y Santos Gargallo, I (2004): Vademecum para la formación de profesores. Enseñar Español como segunda lengua (L2)/lengua extranjera (LE). Madrid. SGEL.
San Isidro Agrelo, Fco. Xabier (2009): CLIL: Integrando linguas “A través” do Currículo. Santiago de Compostela. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Publicación en liña: http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/files/CLIL%2009%20WEB.pdf
San Isidro Agrelo, Fco. Xabier (2011): Materiais Plurilingües 3.0: Formación, creación e difusión. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria . Publicación en liña: http://www.edu.xunta.es/web/node/3383
Trujillo Sáez, Fernando (2005):”En torno a la interculturalidad: reflexiones sobre cultura y comunicación para la didáctica de la lengua”. Porta Linguarum 4, xuño, 2005, pp. 23-39.
Trujillo Sáez, Fernando (2007): “Enseñar nuevas lenguas en la escuela: L1, L2, LE…NL”. Revista de Educación, 3543, mayo-agosto, 2007, pp. 71-91. Dispoñible en liña: http://www.revistaeducacion.mec.es/re343/re343_04.pdf
Vez, José Manuel (2000): Fundamentos lingüísticos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Barcelona: Ariel.
Vez, José Manuel (2009): "Multilingual education in Europe: policy developments", Porta Linguarum, 12, pp. 7-29.
- Coñecer o corpo de contidos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe de linguas.
- Adquirir estratexias para promover a autoaprendizaxe e autonomía dos estudantes.
- Promover o traballo colaborativo con diversos profesionais da educación de cara a enriquecer a formación do alumnado.
- Coñecer contextos e situacións nas que se desenvolven e aplican o ensino e aprendizaxe das linguas.
- Coñecer o deselvolvemento de aspectos teórico-prácticos do ensino e aprendizaxe das linguas.
- Fomentar un clima que facilite a reflexión e a aprendizaxe e poña en valor as diversas aportacións do alumnado.
- Coñecer e ser capaz de aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito do ensino de linguas.
- Empregar recursos bibliográficos e ferramentas de búsqueda de recursos.
- Potenciar a capacidade para o traballo cooperativo e pluridisciplinar.
Esta asignatura adopta un enfoque de aprendizaxe reflexivo, que esixe do alumnado unha intensa participación activa en todas as actividades do programa do curso e unha continua relación entre os contidos que se tratan nas sesións e os coñecementos previos do estudante e as súas experiencias de ensino ou aprendizaxe de linguas.
As explicacións dos contidos do programa serán realizados nas sesión expositivas da materia e irán encamiñadas a facilitar a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento e ser sometida a debate na dinámina das sesións seminario.
Será imprescindible sustentar os contidos proporcionados na aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe e a lectura selectiva segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autoaprendizaxe e reflexión crítica. A posta en práctica dos conceptos é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.
A metodoloxía de ensino será a mesma nos tres escenarios previstos, aínda que nos escenarios 2 (Distanciamento) e 3 (Peche das instalacións) empregaranse ferramentas corporativas para a docencia "en remoto", como o Campus Virtual e MS Teams.
A avaliación será continua e os seus criterios serán os mesmos tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE. Este sistema de avaliación terá en conta a participación, o traballo individual, as actividades grupais e actividades avaliables segundo a seguinte ponderación:
a) Actividades avaliables: 70%
b) Proba final individual: 30%
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
A avaliación consistirá nunha proba final. Esta proba suporá o 100% da nota e incluirá cuestións teóricas e prácticas sobre os contidos do programa. Este sistema de avaliación será aplicado tanto na primeira como na segunda oportunidade.
CONVOCATORIAS POSTERIORES: O sistema de avaliación en convocatorias posteriores para aqueles alumnos que suspendesen a materia será o mesmo que se establece para o alumnado de primeira matrícula.
O sistema de avaliación será o mesmo nos tres escenarios, aínda que nos escenarios 2 e 3 se utilizará a Aula Virtual da materia para a xestión de todas as actividades e probas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
DISTRIBUCIÓN DA CARGA ECTS
Sesións expositivas: 15 horas presenciais + 25 non presenciais (total: 40 horas).
Sesións interactivas: 20 horas presenciais + 30 non presenciais (total: 50 horas).
Sesións de titoría: 5 horas presenciais + 5 non presenciais (total: 10 horas).
Sesións de avaliación: 2 horas presenciais + 20 non presenciais (total: 22 horas).
TOTAL: 42 horas presenciais + 80 horas non presenciais (= 122 horas).
Os ritmos de aprendizaxe non son os mesmos en todo o alumnado, e tampouco será idéntico o esforzo que esixan as actividades de traballo autónomo programadas nos distintos temas, pero vai requerirse do estudante o seu compromiso para a asistencia proveitosa ás clases e o traballo constante e continuado
PLAN DE CONTINXENCIA:
1. A bibliografía básica da materia estará dispoñible na Aula Virtual nos tres escenarios.
2. A metodoloxía de ensino será a mesma que no Escenario 1 (Normalidade adaptada), aínda que nos escenarios 2 (Distanciamento) e 3 (Peche das instalacións) empregaranse ferramentas corporativas para a docencia "en remoto", como o Campus Virtual e MS Teams.
3. O sistema de avaliación será o mesmo nos tres escenarios, aínda que nos escenarios 2 e 3 utilizarase a Aula Virtual da materia para a xestión de todas as actividades e probas.
Miguel González Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Idiomas |
Martes | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Idiomas |
Mércores | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Idiomas |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Idiomas |
18.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
28.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |