Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Proporcionar o alumno as ferramentas necesarias para:
1. entender textos científicos, escritos ou falados, en inglés, sobre os temas a estudar;
2. describir e opinar, de forma falada e escrita, en inglés, sobre conceptos científicos;
3. recoñecer e usar, de forma correcta e apropiada, o vocabulario inglés relacionado cos temas a estudiar.
A asignatura organìzase fundamentalmente en torno a dúas tarefas: aplicar técnicas de lectura para a comprensión de textos e conferenzas científicas, e planificar e estructurar textos en inglés (fundamentalmente redaccións) que desenrolen a capacidade de expresión escrita.
Título: ENGLISH GRAMMAR IN USE (WITH ANSWERS) + CD (3ª)
Autor/es: Murphy, Raymond ;
Editorial: CAMBRIDGE UNIVERSITY PRESS
Título: TECHNICAL ENGLISH. VOCABULARY AND GRAMMAR
Autor/es: Brieger, N. ;
Editorial: SUMMERTOWN PUBLISHING
Título: The ACS style guide : a manual for authors and editors
Autor/es: Janet S. Dodd
Editorial: American Chemical Society
Versión electrónica: https://pubs.acs.org/doi/full/10.1021/acsguide.10101
Competencias xerals.
• Comprender e empregar a información bibliográfica e técnica.
• Comprender artigos técnicos.
• Desenrolo de habilidades para escribir textos científicos.
Competencias específicas.
• Utilizar o inglés á hora de desenrolar exposicións e redaccións ou artigos en inglés.
• Capacidade de entender perfectamente un artigo ou conferenza en inglés
Competencias transversais.
• Capacidade para traballar en equipa.
• Capacidade de aprendizaxe autónomo
Fomentarase a participación activa do alumno. Traballaranse as competencias lingüísticas de expresión oral, comprensión oral e expresión escrita. Por elo pedirase asistencia a conferencias en inglés, lectura de artigos e preparación de redaccións e presentacións en inglés.
En caso de estars nos escenarios 2 e 3 a comunicación co alumnado realizarase por medios telematicos (plataforma Moodle ou MS Teams)
Evaluación continua a través de redaccións e exposicións, que en caso necesario poden realizarse por medios telemáticos
Traballo persoal do alumno:
Asistencia a conferencias (10 horas)
Preparación de redaccións (10 horas)
Preparación de presentacións orales (10 horas)
Total horas traballo persoal do alumno (30 horas)
É unha asignatura onde é moi importante manterse en contacto coa lingua inglesa. Por elo é recomendable escoitar e ler en dita lingua.
No escenario 2 contémplanse dúas modalidades, presencialidade física ao 100%, cando se trate de grupos reducidos, e/ou a organización docente o permita; e combinación de 50% de presencialidade física e 50% telemática. Na modalidade combinada subdividiranse os grupos de expositivas, que terán docencia presencial alterna, é dicir, a metade do alumnado estará na aula e a outra metade seguirá a clase vía M. Teams. A implementación da modalidade combinada estará condicionada a dispoñibilidade de espazos docentes suficientes