Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 31 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da asignatura é capacitar ao estudante para o uso de Sistemas Aéreos non Tripulados (UAS) no ámbito de actuación das enxeñerías civil, industrial, a arquitectura e o patrimonio.
Ao finalizar o curso o alumno ou alumna coñecerá os principios teóricos e prácticos da tecnoloxía UAS para a captura, procesado e representación de información espacial, no ámbito da construción e o patrimonio, a xestión, o control e conservación de obras de edificación e infraestruturas, así como, o seguimento, monitorización e inspección no sector enerxético, mineiro e industrial.
O alumno ou alumna estará capacitado para o deseño de operacións e manexo de datos procedentes de distintos sensores e plataformas UAS.
A memoria verificada do título contempla para a materia os seguintes contidos:
Contidos teóricos: Introdución. Arquitectura, Patrimonio, enxeñería civil e industrial: Construción, seguimento e inspección mediante UAS. Plataformas e sensores. Integración e apoio con outras fontes de datos. Aplicacións dos UAS no proxecto, construción, Inspección e mantemento de infraestruturas. Control de obras. Análise do solo, termografía e topografía en obras de xeometría lineal (vías rodadas e ferrocarrís). Levantamento, monitoraxe e seguimentos de estruturas (viadutos, pontes e presas) e explotacións ao descuberto (minas e canteiras). Aplicacións dos UAS na inspección e supervisión no sector eléctrico e das enerxías renovables: liñas eléctricas, torres e subestacións.Plantas solar e aeroxeradores. Eficiencia enerxética. Aplicacións dos UAS en edificación e construción. Levantamento de edificios. Seguimento de obras de edificación. Eficiencia enerxética de edificios. Aplicacións dos UAS en Patrimonio. Documentación patrimonial, inventarios, Levantamentos e creación de documentos visuais e métricos (2D e3D). Localización e identificación de problemas ou patoloxías.
Contidos prácticos: Planificación dun proxecto de captura de datos para a xeración de produtos (cartografía, mdt, volumes...) para a estimación do avance de construción dunha obra lineal. Procesados de imaxes UAS para a xeración de nubes de puntos, MDT, cartografía 2D e 3D, ortofotos e cálculo de volumes de materiais nunha canteira ao descuberto. Procesado de datos de cámaras de alta resolución e termográficas parta a inspección de liñas eléctricas e para a detección de patoloxías e eficiencia enerxética de edificios. Planificación e procesado de datos para catalogación patrimonial.
Estes contidos serán desenvolvidos segundo o seguinte programa teórico e práctico da asignatura:
Programa teórico:
- Tema 1. Introdución. Arquitectura, Patrimonio, enxeñaría civil e industrial: Construción, seguimento e inspección mediante UAS. Plataformas e sensores. Integración e apoio con outras fontes de datos. (Tempo presencial: 1 horas).
- Tema 2. Plans e iniciativas da administración nos ámbitos das enxeñaría civil, industrial, a arquitectura e o patrimonio: Plan Estratéxico o Ministerio de Fomento para o desenvolvemento do sector civil dos drons; Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia - GAIN; Outros (Tempo presencial: 1 horas).
- Tema 3. Aplicacións dos UAS no proxecto, construción, Inspección e mantemento de infraestruturas. Control de obras. Análise do chan, termografía e topografía en obras de xeometría lineal (vías rodadas e ferrocarrís). (Tempo presencial: 2 horas).
- Tema 4. Levantamento, monitorización e seguimentos de estruturas (viadutos, pontes e presas) e explotacións ao descuberto (minas e canteiras). (Tempo presencial: 2 horas).
- Tema 5. Aplicacións dos UAS na inspección e supervisión no sector eléctrico e das enerxías renovables: liñas eléctricas, torres e subestacións. Plantas solar e aeroxeneradores. Eficiencia enerxética. (Tempo presencial: 2 horas).
- Tema 6. Aplicacións dos UAS en edificación e construción. Levantamento de edificios. Seguimento de obras de edificación. Eficiencia enerxética de edificios. (Tempo presencial: 2 horas).
- Tema 7. Aplicacións dos UAS en Patrimonio. Documentación patrimonial, inventarios, Levantamentos e creación de documentos visuais e métricos (2D e 3D). Localización e identificación de problemas ou patoloxías. (Tempo presencial: 2 horas).
Programa de prácticas:
- Práctica 1. Planificación dun proxecto de captura de datos para a xeración de produtos (cartografía, MDT, volumes, …) para a estimación do avance de construción dunha obra lineal. (Tempo presencial: 3 horas. Tempo de traballo individual: 3 horas)
- Práctica 2. Procesados de imaxes UAS para a xeración de nubes de puntos, MDT, cartografía 2D e 3D, ortofotos e cálculo de volumes de materiais nunha canteira ao descuberto. (Tempo presencial: 5 horas. Tempo de traballo individual: 5 horas)
- Práctica 3. Procesado de datos de cámaras de alta resolución e termográficas parta a inspección de liñas eléctricas e para a detección de patoloxías e eficiencia enerxética de edificios. (Tempo presencial: 5 horas. Tempo de traballo individual: 5 horas)
- Práctica 4. Planificación e procesado de datos para catalogación patrimonial. (Tempo presencial: 5 horas. Tempo de traballo individual: 5 horas).
- Práctica 5. Visita ao CIAR (Centro de Investigación Aeroportada de Rozas). Intervención de GAIN en relación con: o polo tecnolóxico de Rozas, a Civil UAVs Initiative, a incubadora de empresas. (Tempo presencial: 3 horas. Tempo de traballo individual: 3 horas).
- Práctica 6. Viaxe de prácticas para participación con ou na empresa do sector no levantamento dun caso real. (Tempo presencial: 3 horas. Tempo de traballo individual: 3 horas).
Ademais, o alumno resolverá en grupo unha serie de Casos de Estudo onde terá que demostrar os coñecementos adquiridos nas sesións de traballo práctico (Tempo presencial: 4 horas. Tempo de traballo individual: 4 horas) e realizará un Traballo tutelado individual relacionado cos contidos da materia cuxo obxectivo será demostrar o dominio dos contidos teóricos e prácticos adquiridos (Tempo presencial: 3 horas. Tempo de traballo individual: 27 horas).
Bibliografía básica
- Plan Estratégico para el desarrollo del sector civil de los drones en España 2018-2021. Ministerio de fomento. https://www.fomento.gob.es/MFOM/LANG_CASTELLANO/PLANES/PLAN_DRONES_2018…
- González-Jorge, H.; Martínez-Sánchez, J.; Bueno, M.; Arias, A.P. Unmanned Aerial Systems for Civil Applications: A Review. Drones 2017, 1, 2.
- Esteban Herreros, José Luis (coord.) (2015). Los Drones y sus aplicaciones a la ingeniería civil. Fundación de la Energía de la Comunidad de Madrid. https://www.fenercom.com/pdf/publicaciones/Los-Drones-y-sus-aplicacione…
Bibliografía básica e complementaria
- Ponencias del Congreso CivilDRON (2016, 17 y 18). https://www.civildron.com/pages/ponencias-congreso-civildron.html
- Civil UAVs Initiative. Xunta de Galicia. http://www.civiluavsinitiative.com/es/#segunda-seccion
- Sungjae Lee & Yosoon Choi (2016) Reviews of unmanned aerial vehicle (drone) technology trends and its applications in the mining industry, Geosystem Engineering, 19:4, 197-204, DOI: 10.1080/12269328.2016.1162115
- Yan Li & Chunlu Liu (2019) Applications of multirotor drone technologies in construction management, International Journal of Construction Management, 19:5, 401-412, DOI: 10.1080/15623599.2018.1452101
Competencias básicas
- CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- CB4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias xerais
- CG4. Que os estudantes adquiran o coñecemento para desenvolver sistemas aéreos non tripulados ou planificar operacións específicas, dependendo das necesidades existentes e aplicar as ferramentas tecnolóxicas existentes.
Competencias transversais.
- CT6. Capacidade de traballo en equipo.
- CT8. Capacidade de análise e síntese.
Competencias específicas
- CE11. Que os estudantes sexan capaces de proxectar, planificar, executar e xestionar, operacións e produtos de aplicación no ámbito de actuación das Enxeñarías civil, industrial, a arquitectura e o patrimonio.
- Clases teóricas/ Sesión maxistral (Competencias: CG4 e CE11). O profesor explicará os contidos teóricos do programa teórico da materia.
- Clases prácticas/ Prácticas explicadas a través de TIC (Competencias: CB2, CG4, CT8 e CE11). O alumno realizará as Prácticas explicadas, aplicando o guión elaborado polo profesor, e entregará os resultados correspondentes en forma de memoria breve.
- Viaxes de prácticas (Competencias: CG4 e CE11). O alumno visitará unha empresa do sector onde realizará un levantamento real e entregará, despois, os resultados correspondentes en forma de memoria breve.
- Estudo de casos (Competencias: CB2, CG4, CT6, CT8 e CE11). O alumno deberá analizar e resolver un suposto real, onde se integrarán os ensinos das clases prácticas e teóricas nun exercicio práctico en equipo presentado como informe técnico.
- Traballos tutelados (Competencias: CB2, CB4, CG4, CT8 e CE11). O alumno deberá realizar un traballo individual relacionado cos contidos da materia cuxo obxectivo será demostrar o dominio dos contidos teóricos e prácticos adquiridos.
- Exposición de traballos (Competencias: CB4). O alumno preparará e realizará unha presentación do traballo individual realizado. O profesor revisará a exposición en clase de cada traballo.
- Titorías. O profesor estará dispoñible para a resolución de dúbidas na realización de traballos e prácticas.
De acordo ás “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021” elaboradas pola USC, tras a crise sanitaria motivado polo COVID-19, convén aclarar que, o establecido nesta sección rexe para o escenario 1 (normalidade adaptada sen restricións á presenza física), onde todas as actividades serán presenciais. Para os escenarios 2 (distanciamento, con restricións parciais á presenza física) a docencia expositiva será totalmente virtual e a docencia interactiva estará dividida entre un 50% de presencialidade física e outro 50% de xeito virtual. No escenario 3 (peche das instalacións, e imposibilidade de impartir docencia con presenza física), empregaranse medios telemáticos para o seguimento da docencia, titoría e entrega e/ou presentación de traballos.
Os coñecementos e competencias serán avaliados por un sistema baseado na avaliación continua e na realización dun traballo individual. De tal xeito que os aspectos a avaliar e a correspondente ponderación na nota final serán os seguintes:
- Seguimento continuado da asistencia e participación activa en clase (10%), Competencias: CB2, CG4 e CE11.
- Realización das prácticas propostas (40%), Competencias: CB2, CG4, CT8 e CE11 (Inclúe a viaxe de prácticas).
- Resolución de casos prácticos (20%), Competencias: CB2, CG4, CT6, CT8 e CE11.
- Elaboración e presentación do traballo individual (30%), Competencias: CB2, CB4, CG4, CT8 e CE11.
As prácticas teñen carácter obrigatorio e non se gardará a nota durante cursos consecutivos.
El sistema descrito de evaluación será el empleado tanto en la oportunidad ordinaria como en la extraordinaria de recuperación.
Os requisitos necesarios para aprobar serán os mesmos para os estudantes de primeira matrícula que para os repetidores.
A cualificación mínima para superar a materia será de 5 puntos.
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
Respecto ao plaxio e o uso indebido das tecnoloxías e importante salientar que: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
De acordo ás “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021” elaboradas pola USC, tras a crise sanitaria motivada polo COVID-19, convén aclarar que, o establecido nesta sección rexe para o escenario 1 (normalidade adaptada sen restricións á presenza física) e para os escenarios 2 (distanciamento, con restricións parciais á presenza física) e 3 (peche das instalacións, e imposibilidade de impartir docencia con presenza física), xa que realízase, nas dúas oportunidades, unha avaliación formativa continua.
A continuación, indícase o tempo que cada estudante debe de adicar ás diferentes actividades de aprendizaxe (Horas presenciais; horas de traballo persoal):
- Clases teóricas: 12; 0 h.
- Clases prácticas: 24; 44 h.
- Estudo de casos: 4, 14 h.
- Traballo Tutelado: 3, 37 h.
- Presentación do traballo: 2, 6 h.
- Titorías: 3; 1 h.
- Total: 48; 102 h.
Coñecementos previos de informática básica como usuario e paquetes de oficina.
Asistencia ás clases expositivas e charlas. As clases prácticas son obrigatorias.
Estudo continuado da materia
Asistencia ás titorías individuais ou en grupo reducido para discutir, comentar e resolver calquera dúbida
Nesta materia contémplase a intervención de GAIN en relación co polo tecnolóxico de Rozas, a Civil UAVs Initiative e a incubadora de empresas.
A materia tamén utiliza a USC virtual: http://www.usc.é/campusvirtual/
Como xa se indicou nas seccións “Metodoloxía de ensinanza” e “Sistema de avaliación”, convén aclarar que, o establecido nestas seccións rexe para o escenario 1 (normalidade adaptada sen restricións á presenza física), onde todas as actividades serán presenciais. Para o escenario 2 a docencia expositiva será totalmente virtual e a docencia interactiva estará dividida entre un 50% de presencialidade física e outro 50% de xeito virtual. Para o escenario 3 (peche das instalacións, e imposibilidade de impartir docencia con presenza física), empregaranse medios telemáticos para o seguimento da docencia, titoría e entrega e/ou presentación de traballos. Para a avaliación realizarase unha avaliación formativa continua nas dúas oportunidades, en todos os escenarios.
Jaime Rodriguez Pereña
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- jaime.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Martin Sanchez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- mteresa.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade