Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo desta materia é o de proporcionar ao alumno a capacidade de obter nubes de puntos, modelos tridimensionales y ortofotos, mediante técnicas de fotogrametría terrestre de obxecto próximo e de baixo custo mediante a análise de casos prácticos.
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos:
Técnicas de Modelado 3D a partir de imaxes.
Cámaras. Calibración.
Traballo de campo. Regras 3 x 3. Deseño da rede fotogramétrica.
Dispositivos especiais de sustentación de cámaras.
Resultados. Modelos de puntos discretos e de nubes de alta densidade
de puntos. Precisión e exactitude. Avaliación da calidade métrica e
visual do modelo final.
Software fotogramétrico. Software para visualización.
Campos de aplicación.
Xeración modelo 3D dun obxecto sinxelo
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte:
Temario teórico (5 horas)
1.- Modelado 3D de obxectos. Software libre (1 hora)
Introdución.- Obtención de modelos 3D.- Equipamento.- Procesado.- Servizos Web para difusión de modelos.- Impresión 3D.- Tours Virtuais
2.- Fotogrametría de obxecto próximo (2 horas)
Técnicas de modelado 3D a partir de imaxes.-. Cámaras. Calibración da cámara.-Dispositivos de sustentación e material auxiliar, Software, Equipamento topográfico.- Planificación do traballo de campo. Deseño da rede de puntos de apoio.- Obtención de imaxes de campo.- Metodoloxía básica. Modelos de puntos discretos e de nubes de alta densidade de puntos.- Avaliación da calidade métrica e visual do modelo final. Precisión e exactitude.
3.- Casos prácticos. Software libre (1 hora)
Aplicacións. Estudo de casos reais.- Arquitectura popular.- Arquitectura urbana.- Patrimonio.- Arqueoloxía.- Enxeñería.- Cartografía.- Visión virtual
4.- Casos prácticos. Metashape (1 hora)
Patrimonio: .- Obra de edificación
Temario Práctico (31 horas)
Prácticas con software gratuíto. Captura de fotografías con teléfono móvil (15 horas)
1.- Creación dun modelo 3D. Xerar un video do modelo (1 hora)
2.- Creación dun modelo 3D. Escalar, medir e mellorar a calidade da medida (4 horas)
3. - aplicación da metodoloxía na Creación dun modelo 3D dun obxecto libre (5 horas)
4.- Levantamento fotogramétrico dunha fachada sinxela (5 horas)
Prácticas con software propietario. Captura de fotografías con cámara profesional (16 horas)
6.- Creación dun modelo 3D dun obxecto libre con software propietario (4 horas)
7.- Levantamento fotogramétrico dunha fachada complexa (8 horas)
8.- Levantamento fotogramétrico deunha parcela a partir de voo de RPAS (4 horas)
Bibliografía básica
- Santiago Martínez Rodríguez, Juan Ortiz Sanz, María de la Luz Gil Docampo, María Teresa Rego Sanmartín. Casos prácticos de modelado 3D de precisión a partir de fotografías. Ed. Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-15876-85-4. 128 pp. Santiago de Compostela. 2014.
Bibliografía complementaria
- Almagro, A. (1991). “Simplified methods in Architectural Photogrammetry”. XIV CIPA International Symposium, Delphi, Greece.
- Almagro, A. (2001). “Simple Methods of Photogrammetry - Easy and Fast”. XVIII International Symposium of CIPA, Postdam, Germany.
- Lodeiro Pérez, J.M. (1995). “Aplicaciones de la topografía en la documentación arquitectónica y monumental”. Edita: Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos en Topografía, Delegación Territorial de Madrid.
- Núñez, R; Ramil, L; Gil M."Statistical comparison of photogrammetry close range equipments at low cost "CIPA 2005 XX International Symposium. Proceedings CIPA 2005 XX International Symposium.Torino, Italia.2005. http://cipa.icomos.org/text%20files/TURIN/481.pdf
- Ortiz Ortiz, J.; GIL, M. L; MARTÍNEZ, S.; Rego, T.; Meijide, Gonzalo “A simple methodology for recording petroglyphs using low-cost digital image correlation photogrammetry and consumer-grade digital cameras”JOURNAL OF ARCHAEOLOGICAL SCIENCE. V.37, 3158-3169 2010.
- Ortiz, J; Núñez, R; Rego, .T "Use of volumetric targets to improve accuracy in architectural photogrammetry at low cost "CIPA 2005 XX International Symposium. Proceedings CIPA 2005 XX International Symposium.Torino, Italia.2005. http://cipa.icomos.org/text%20files/TURIN/485.pdf
- Ortiz, J; Gil, M; Rego, T; López, A. “Documentación métrica de las construcciones rurales tradicionales. Caso particular del levantamiento de molinos harineros ”X Congreso Internacional Conjunto XXI INGEGRAF – XVII ADM. Proceedings Caminando desde la idea hacia las alternativas del diseño. ISBN 978-84-96351-54-7; ISBN CD-ROM: 978-84-96351-57-8, D.L. LU-122-09. Lugo, España. 2009.
- Waldhäusl, P., Ogleby, C. (1994): “3-by-3- rules for simple photogrammetric documentation of architecture”. In: J.G.Fryer (editor): Close range techniques and machine vision. Proceedings of the symposium of Commission V of ISPRS in Melbourne, Australia, 1-4 march 1994. IAPRS XXX/5, 426. 1994.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría topográfica en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG1 - Deseñar e desenvolver proxectos geomáticos e topográficos
CG5 - Determinar, medir, avaliar e representar o terreo, obxectos tridimensionais, puntos e traxectorias.
CG8 - Planificación, proxecto, dirección, execución, e xestión de procesos de medida, sistemas de información, explotación de imaxes, posicionamento e navegación; modelización, representación e visualización da información territorial en, baixo e sobre a superficie terrestre.
CG9 - Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación á obra civil e a edificación, no ámbito geomático.
CG10 - Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación á enxeñaría medio ambiental, agronómica, forestal e mineira, no ámbito geomático.
Competencias específicas
Capacidade para seleccionar a técnica topográfica ou fotogramétrica máis axeitada en cada caso. Utilización da técnica fotogramétrica de obxecto próximo na obtención de modelos 3 D de obxectos sinxelos. (CO12)
Competencias transversais
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
Os coñecementos e habilidades obteranse a través de:
- Clases magxistrais para a docencia expositiva fundamentalmente mediante power point. Estas presentacións serán facilitadas aos alumnos mediante o campus virtual. (Competencias traballadas: GG1, GG5, GG8, GG9, CG10)
- Se impartirán así mesmo docencia interactiva a partir da realización de distintos casos e aplicacións prácticas. Levarase a cabo o emprego de metodoloxías e técnicas vistas na teoría, con aplicación a exemplos concretos. As prácticas realizaranse fundamentalmente mediante o software ibre como Scann3D e profesional como Metashape e empregando o ordenador persoal do alumno sempre que sexa posible. (Competencias traballadas GG1, GG5, GG8, GG9, CG10, CO12, CT3, CT6, CT9 )
ESCENARIO 1
Impartiranse 2 horas de teoría, 8 horas de prácticas e as tutorías en grupo mediante videoconferencia coa plataforma de Microsoft Teams.
ESCENARIO 2
Impartirase toda a teoría, o 50% das prácticas e as tutorías en grupo mediante videoconferencia coa plataforma de Microsoft Teams.
ESCENARIO 3
Toda a docencia realizarase de forma virtual.
NO TRES ESCENARIOS e para a avaliación continua dos alumnos:
- Requirirase a entrega da parte da memoria con software libre unha vez realizada a mesma.
- Requirirase a entrega da parte da memoria con software propietario unha vez rematada a materia.
Será obligatoria a entrega de una memoria final de prácticas, a falta de entrega desta será causa de suspenso na materia. As prácticas aprobadas gardaranse para sucesivas convocatorias.
Aproveitamento das prácticas (10%): competencias GG1, CG10, CT9.
Traballos entregados e/ou expostos (90%): competencias GG1, GG5, GG8, GG9, CO12, CT3, CT6.
O sistema descrito de avaliación será o empregado tanto na oportunidade ordinaria coma na extraordinaria de recuperación
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, poderán cursar a materia empregando os recursos materiais facilitados polo profesor no campus virtual. Deberán realizar as prácticas de forma autónoma e entregar a memoria final.
A materia consta de 4.5 créditos, iso supón unha carga total para o alumno de 112.5 horas.
Traballo presencial na aula
Clases teóricas (expositivas de grupo grande) 5
Actividades en seminarios (interactivos, con grupos reducidos) -
Prácticas (con grupos reducidos) 31
Titorías en grupo (con grupos moi reducidos) 2
Titorías individuais -
Outras (especificar) -
TOTAL 38
Traballo persoal do alumnado
Lectura e preparación de temas 9.5
Realización de exercicios -
Preparación e traballo prácticas 50
Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais) 15
Preparación de probas de avaliación -
Actividades de avaliación
Outras (proxecto de prácticas)
TOTAL 74.5
Participación en clase de forma activa plantexando dudas e inquietudes
Plan de continxencia
Nos escenarios 2 e 3 adaptarase a metodoloxía do ensino segundo o especificado en devandito apartado.
En calquera escenario: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións.
María De La Luz Gil Docampo
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- ml.gil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade