Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
(1) Proporcionar coñecementos ao alumno que lle permitan comprender os distintos compoñentes que se dan na actividade lingüística, ao tempo que se achega aos principais métodos e recursos para o seu estudo científico.
(2) Abordar as linguas como usuarios reflexivos e curiosos.
TEMA 1. A NATUREZA COMPLEXA DA LINGUAXE. Os fundamentos semióticos e representacionais da linguaxe. A dimensión social da linguaxe. As bases psico-biolóxicas da linguaxe. Multidimensionalidade da linguaxe e disciplinas da lingüística.
TEMA 2. LINGUAXE E COMUNICACIÓN. Bases semióticas e pragmáticas da comunicación humana. Natureza dos signos e tipos de códigos. Interacción comunicativa: intención, contexto e propósito. A codificación pragmática do uso comunicativo. Os actos de fala. A pragmática intercultural.
TEMA 3. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E LINGUAS DO MUNDO. Unidade e variedade das linguas. Factores de variación lingüística. Variación no plano social das linguas. As linguas arredor do mundo e criterios para a súa clasificación.
TEMA 4. LINGUAXE, MENTE E CEREBRO. A adquisición da linguaxe e a aprendizaxe de linguas. Fundamentos biolóxicos da linguaxe. As patoloxías lingüísticas.
Introducións á Lingüística:
BERNÁRDEZ, Enrique (1999): Qué son las lenguas. Madrid: Alianza
COSERIU, Eugenio (1986): Introducción a la lingüística. Madrid: Gredos
ESCANDELL, M. Victoria et al. (2009): El lenguaje humano. Madrid: Ramón Areces
ESCANDELL, M. Victoria (2014): La comunicación. Lengua, cognición y sociedad. Madrid: Akal
LÓPEZ, Ángel & Beatriz Gallardo (2005): Conocimiento y lenguaje. València: Universitat de València
MORENO CABRERA, Juan Carlos (2013): Cuestiones clave de la lingüística. Madrid: Síntesis
MÚÑOZ BASSOLS, Javier et al. (2017): Introducción a la lingüística hispánica actual: teoría y práctica. London & N. York: Routledge.
PORTAL DE LAS HUMANIDADES-LICEUS (http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/index.asp), en Lingüística general (http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/ling_geral/index.asp): capítulos introdutorios a diferentes campos lingüísticos.
RAMALLO, Fernando et al. (eds.) (2000): Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais
SIMONE, Raffaele (1993): Fundamentos de lingüística. Barcelona: Ariel
TUSÓN, Jesús (2003): Introducción al lenguaje. Barcelona: UOC
YULE, George (1998): El lenguaje. Madrid: Cambridge University Press. Publicouse no 2007 unha 3.ª ed. (corr. e aum.). Madrid: Akal
Enciclopedias e panorámicas da Lingüística
ARONOFF, Mark & Janie REES-MILLER (eds.) (2002): The Handbook of Linguistics. Oxford: Blackwell
BROWN, Keith (ed.) (2006): Encyclopedia of Language and Linguistics. Boston: Elsevier, 14 vols, 2ª ed.
CRYSTAL, David (1987): Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid; Taurus, 1994. Existe unha segunda edición inglesa de 1997.
FRAWLEY, William J. (2003): International Encyclopedia of Linguistics. Oxford: Oxford University Press, 4 vols.
HELLINGER, Marlis & Anne PAUWELS (ed.) (2007): Handbook of Language and Communication: Diversity and Change. Berlin: Mouton de Gruyter.
NEWMEYER, Frederick (coord.) (1993): Panorama de la lingüística moderna de la Universidad de Cambridge. Madrid: Visor, 4 vols.
Dicionarios terminolóxicos
ALCARAZ VARÓ, Enrique & M. Antonia MARTÍNEZ LINARES (2004): Diccionario de lingüística moderna. Barcelona: Ariel, 2ª ed.
BROWN, Keith & Jim MILLER (2014): The Cambridge Dictionary of Linguistics. Cambridge: Cambridge University Press
BUSSMANN, Hadumod (1996): Routledge Dictionary of Language and Linguistics. London & New York: Routledge, 1996. Ed. en liña non venal: http://www.e-reading.club/bookreader.php/142124/Routledge_Dictionary_of… CRYSTAL, David: A Dictionary of Linguistics and Phonetics. 6ª ed., Oxford: Blackwell, 2008. Ed. en liña non venal: http://data.ulis.vnu.edu.vn/jspui/bitstream/123456789/1966/1/54_1405152…. Versión cast.: Diccionario de lingüística y fonética. Barcelona: Octaedro, 2000.
MATTHEWS, P. H.: The Concise Oxford Dictionary of Linguistics. 2ª ed., Oxford: Oxford University Press, 2007. Ed. en liña (acceso desde o dominio USC): http://www.oxfordreference.com/view/10.1093/acref/9780199202720.001.000…
(1) Dominar conceptos, terminoloxía básica e métodos que desenvolvan nos alumnos estratexias de observación dos feitos comunicativos e que lles permitan a reflexión e o estudo lingüísticos [1G, 3G, E1]
(2) Emprego de recursos e fontes de información que permitan aos estudantes adquirir coñecementos sobre os feitos lingüísticos autonomamente. [3G, 5G, T3]
(3) Comprender e explicar textos básicos relacionados coa materia. [3G, 4G, T2, E1]
(4) Expoñer oralmente as reflexións propias relacionadas cos contidos da materia. [3G, 4G]
(5) Desenvolver a motivación, a atención e o esforzo para a aprendizaxe, así como actitudes de apertura, participación e responsabilidade perante o traballo académico. [5G, E2]
(6) Propiciar a comprensión do carácter plurilingüe e multicultural das nosas sociedades e promover o respeto pola diversidade lingüística e cultural [3G, E3]
Nesta modalidade semipresencial o proceso de ensinanza e aprendizaxe desenvolverase a distancia e según as características da formación on-line.
As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docente e alumnado, realizarase a través da aula virtual da materia coa Plataforma Moodle.
A través da aula virtual da materia se proporcionará ao alumnado material de apoio e guía na súa adquisición dos contidos (presentacións en PowerPoint, referencias bibliográficas de lectura obrigada ou de lectura recomendada, documentos de interese, enlaces etc.), se establecerá un calendario coas tarefas que pode realizar para a avaliación continua e se abrirán foros para o debate e a resolución de dúbidas.
Haberá unha sesión presencial á semana, que servirá de apoio no proceso formativo.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Mediante avaliación continua.
Nesta primeira oportunidade o 50% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados e realizados segundo se estableza no calendario de tarefas. Dentro deste 50%, un 10% corresponderá á participación nos foros, á consulta activa dos recursos proporcionados na aula virtual e á realización en prazo das tarefas programadas. O 40% restante corresponderá á avaliación da calidade das tarefas entregadas tanto no relativo aos contidos como á súa adecuación expresiva.
O outro 50% da cualificación corresponderá á nota do exame final, no que se avaliará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Na segunda oportunidade o alumno pode estar en dúas situacións.
1) Se participou activamente nas actividades da aula virtual e entregou a maioría das tarefas programadas, manteráselle a puntuación obtida na avaliación continua do seu traballo, tendo a oportunidade de volver facer e entregar algún traballo que xa fixese durante o curso para mellorar a súa puntuación dentro do 50% correspondente á avaliación continua do realizado no semestre. O outro 50% corresponderá á nota obtida no exame final que se realizará na data fixada pola Secretaría do centro e avaliará a adquisición dos contidos e competencias da materia.
2) Se o alumno non participou activamente nas actividades da aula virtual nin entregou como mínimo o 50% das tarefas programadas, a súa cualificación virá dada exclusivamente pola avaliación do exame final, que se realizará na data fixada pola Secretaría do centro, e incluirá cuestións sobre os contidos da materia, debendo ter en conta que para aprobar haberá de amosar nese exame unha aprendizaxe sólida dos contidos básicos da materia e que non poderá obter unha cualificación superior a Notable (7).
CONVOCATORIAS POSTERIORES. Para os alumnos que suspendesen a materia, nas convocatorias de anos sucesivos rexirá o sistema de avaliación que vén de ser fixado para a segunda oportunidade (xullo), coas dúas posibles situacións. Os alumnos que decidan repetir a materia participando activamente nas actividades e tarefas programadas na aula virtual serán cualificados seguindo os criterios de avaliación ordinaria para alumnos de primeira matrícula.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Sesións presenciais: 15 horas (non obrigatorias)
Tempo dedicado ás lecturas e ao estudo persoal: 50 horas
Realización das tarefas programadas: 40 horas
Actividades de aprendizaxe virtual e de participación en actividades da aula virtual: 30 horas
Na modalidade de docencia semipresencial será indispensable o traballo constante e continuo, o que obrigará a entrar na aula virtual cando menos un par de veces á semana ao longo de todo o cuadrimestre. A lectura e estudo dos materiais proporcionados polo profesor, a participación activa nos foros e actividades abertas na aula virtual e a realización en prazo das tarefas programadas será o modo máis eficaz de acadar os obxectivos formativos. A asistencia habitual á sesión semanal de carácter presencial, aínda que non obrigatoria, será moi útil para clarexar os contidos máis complexos da materia.
PLAN DE CONTINXENCIA
En todos os escenarios a bibliografía obrigatoria estará dispoñible para o alumnado a través do Campus Virtual.
ESCENARIO 2 (Distanciamento)
Ao ser unha materia da modalidade semipresencial, a organización da actividade docente e os recursos xa están adaptados a este escenario.
CONTIDOS
Na medida do posible manteranse os contidos previstos para o escenario 1 (Normalidade adaptada)
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
A sesión semanal de carácter presencial impartirase ou ben na aula ou unicamente por streaming a través de ferramentas corporativas, como MS Teams, en virtude da decisión que adopte o centro no seu momento.
As titorías serán telemáticas, a través do correo electrónico, do foro do campus virtual ou ben por Teams.
Todas as actividades formativas serán entregadas a través do campus virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será o mesmo que se recolle no correspondente apartado do programa (previsto para o escenario 1) tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade, e no caso de repetidores. A diferenza estará en que no escenario 2 o exame se realizará telematicamente a través do Campus Virtual.
ESCENARIO 3 (Peche das instalacións)
CONTIDOS
Na medida do posible manteranse os contidos previstos para o escenario 1 (Normalidade adaptada)
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
A docencia será completamente virtual. Utilizaranse as ferramentas corporativas para a docencia "en remoto" (Campus Virtual, MS Teams,...) para o desenvolvemento do labor docente e para establecer canles de comunicación fluída co alumnado. A sesión semanal de carácter presencial impartirase a través de ferramentas corporativas como MS Teams.
As titorías serán telemáticas, a través do correo electrónico, do foro do campus virtual ou ben por Teams.
Todas as actividades formativas serán entregadas a través do Campus Virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
O sistema de avaliación será o mesmo que se recolle no correspondente apartado do programa (previsto para o escenario 1) tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade, e no caso de repetidores. A diferenza estará en que no escenario 3 o exame se realizará telematicamente a través do Campus Virtual.
Miguel González Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Iván Enríquez Martínez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- ivan.enriquez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 14 |
28.05.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
05.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |