Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Área externa M.U en Avogacía (L), Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O/a estudante deberá adquirir os seguintes coñecementos, habilidades e actitudes:
· Coñecementos:
· Coñecer as principais características das normas que regulan o encadramento e a protección da Seguridade Social.
· Coñecer a normativa de aplicación no caso de prestación de servizos supranacionais.
· Coñecer os procedementos de recoñecemento de dereitos de Seguridade Social no ámbito da Unión Europea.
· Coñecer os réximes da Seguridade Social en España, así como as peculiaridades de cada un deles e a súa distinción.
· Coñecer as obrigas e os dereitos do empresario e do traballador en materia de Seguridade Social.
· Coñecer as implicacións da prestación de servizos no ámbito da Seguridade Social.
· Coñecer as situacións de "alta de pleno dereito".
· Coñecer a natureza e as funcións de cada un dos organismos que interveñen nas relacións da Seguridade Social, así como as particularidades procesuais da intervención de cada un deles.
· Coñecer as diferenzas entre obrigadas e responsables da cotización.
· Coñecer as bases e os tipos aplicables a cada unha das continxencias protexidas.
· Coñecer as bonificacións de determinadas modalidades contractuais e analizar a súa oportunidade de acollemento.
· Coñecer a validez das cotizacións realizadas fóra de España.
· Coñecer as distintas competencias en materia recadatoria.
· Coñecer os mecanismos de aboamento das cotas á Seguridade Social.
· Coñecer as responsabilidades por non pagamento das cotas.
· Coñecer o procedemento executivo de reclamación de cotas da Seguridade Social.
· Coñecer os mecanismos para diferir o pagamento.
· Coñecer os prazos de exercicio dos dereitos de reclamación.
· Coñecer as distintas prestacións sociais do sistema da Seguridade Social.
· Coñecer as continxencias protexidas e o nivel de requisitos para cada unha.
· Coñecer os responsables das prestacións en función do tipo de continxencia e o alcance e prestación da asistencia sanitaria.
· Coñecer as prestacións por incapacidade temporal, lesións permanentes non invalidantes, incapacidade permanente, fillo a cargo, maternidade, xubilación, morte e supervivencia, etc.
· Coñecer os dereitos de protección ante o desemprego.
· Coñecer a normativa en materia de prevención de riscos laborais e as consecuencias do seu incumprimento.
2. Habilidades:
a) Manexar a diversa normativa que regula o sistema español de Seguridade Social e a normativa supranacional aplicable.
b) Detectar a norma aplicable en función do réxime aplicable.
c) Saber redactar documentos de alta, baixa e variación de datos na Seguridade Social.
d) Detectar os requisitos que esixen determinadas prestacións en relación coa alta e as responsabilidades de cada un dos organismos que interveñen na relación da Seguridade Social e a súa lexitimación procesual.
e) Detectar as obrigas dos empresarios e traballadores por falta de cotización.
f) Ter en conta os custos da Seguridade Social nos custos empresariais da relación laboral.
g) Saber calcular as cotas que se deben ingresar.
h) Dominar o procedemento de recadación das cotas.
i) Manexar os mecanismos de reclamación en materia de recadación e as posibilidades de aprazar ou fraccionar os pagamentos.
j) Saber determinar, en función do cumprimento dos requisitos, o tipo de prestación que lles corresponde aos beneficiarios.
k) Saber elaborar escritos dirixidos aos órganos competentes para solicitar o recoñecemento de prestacións.
l) Ser capaz de detectar o alcance das secuelas para poder solicitar e discutir o grao de incapacidade.
m) Manexar con soltura os conceptos que integran a prestación por desemprego e os requisitos que se deben cumprir para ter dereito a tal protección.
n) Coñecer os métodos de cálculo das distintas prestacións, a súa contía, duración, o feito causante e o suxeito responsable do seu pagamento.
o) Manexar con soltura a normativa en materia de prevención de riscos laborais, en particular, os suxeitos obrigados e as consecuencias do seu incumprimento.
3. Actitudes:
a) Ter unha actitude integradora e global na aplicación das normas.
b) Manter correctas relacións coas administracións públicas que interveñen nas relacións da Seguridade Social.
c) Ter presente que cada réxime está pensado para un colectivo determinado.
d) Ter en conta as implicacións da Seguridade Social na relación laboral.
e) Delimitar claramente a responsabilidade e intervención de cada un dos organismos que interveñen na relación da Seguridade Social.
f) Ser consciente de que calquera relación laboral leva consigo obrigas de cotización á Seguridade Social.
g) Valorar as consecuencias de non pagamento de cotas e a súa repercusión sobre a empresa.
h) Valorar a oportunidade de exercer accións xudiciais.
i) Asesorar convenientemente o cliente sobre as posibles prestacións ás que ten dereito e sobre a normativa de prevención de riscos laboral
1. Seguridade Social: a) O sistema da Seguridade Social: Concepto. Campo de aplicación. Composición do sistema. Afiliación e Cotización. Entidades Xestoras. Solicitude de prestacións e vía administrativa; b) Réxime Xeral e as súas prestacións: Funcionamento. Prestacións do Réxime Xeral da Seguridade Social: Asistencia Sanitaria, prestacións económicas e outras. A Incapacidade Temporal. Invalidez Permanente e os seus graos. Lesións permanentes non invalidantes. Accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Protección á familia. Xubilación. Morte e supervivencia: auxilio por defunción, viuvez. Orfandade, pensión a favor de familiares, subsidio a favor de familiares e indemnizacións especiais en caso de morte por accidente de traballo ou enfermidade profesional. Seguro obrigatorio de vellez e invalidez: vellez, invalidez e viuvez. Especial referencia ás pensións non contributivas de invalidez e xubilación. Prestación por Parto ou Adopcións múltiples; c) Protección por Desemprego: Normas Xerais. Nivel Contributivo. Nivel Asistencial; d) Réximes Especiais e as súas prestacións: Análise dos distintos réximes especiais da Seguridade Social e as súas prestacións. Convenios especiais da Seguridade Social; d) Especialidades procesuais: Do procedemento de Oficio. Do procedemento de impugnación de actos administrativos en materia laboral e de Seguridade Social non prestacionais.
2. Prevención de Riscos Laborais: a) Análise xeral da Lei e da súa aplicación práctica; b) Obxecto e ámbito de aplicación, c) Dereitos e obrigas; d) Servizos de prevención; e) Consulta e participación dos traballadores; f) Responsabilidades e sancións.
NORMATIVA:
- Compendio de lexislación da Seguridade Social, debidamente actualizado.
- Lei reguladora da xurisdición social, debidamente actualizada.
- Compendio de lexislación en materia de prevención de riscos laborais, debidamente actualizado.
DOUTRINA:
BLASCO LAHOZ, J. F. e LÓPEZ GANDÍA, J., Curso de Seguridad Social, Ed. Tirant lo Blanch (Valencia), última edición.
ROMERO RODENAS, Mª.J., TARANCÓN PÉREZ, E., Manual de prestaciones básicas del régimen general de la Seguridade Social, Ed. Bomarzo, última edición.
Nas clases, o profesorado irá anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaia sendo precisa para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais proporcionadas polo servizo de biblioteca da USC e do ICA Lugo. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, El Derecho, Lex.gal, entre outras.
Competencias básicas (CB):
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
Competencias xerais (CG):
CG1 - Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2 - Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3 - Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
CG4 - Capacidade de organización e planificación.
CG5 - Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.
CG6 - Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7 - Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8 - Capacidade de resolución de problemas.
CG9 - Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10 - Capacidade de argumentar tanto de forma oral coma escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11 - Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12 - Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT):
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida .
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
CT5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE):
CE1 - Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2 - Coñecer as técnicas dirixidas á indagación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3 - Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicional nacionais e internacionais.
CE4 - Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber encontrar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5 - Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre abogados.
CE7 - Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8 - Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10 - Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11 - Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13 - Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedemental.
CE14 - Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15 - Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
As actividades formativas a realizar na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Utilizarase para actividades presenciais que non requiren unha participación activa dos estudantes. Poderán ter diferentes formatos (clases expositivas, presentación de materiais audiovisuais, etc.) e contarán con apoio de medios audiovisuais e informáticos, ao tempo que se procurará a maior implicación do alumno. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, dende a óptica da práctica, presenta cada tema; presentaranse os supostos prácticos a resolver, os temas ou cuestións a expoñer/debater e os traballos a realizar. Inclúense aquí tamén a realización de exames (controis, parciais, finais). Posto que se trata de grupos reducidos procurarase a implicación do alumno nas clases.
b) Docencia interactiva: Organizaranse actividades presenciais que buscan ou requiren unha participación activa dos estudantes: seminarios, discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos ou datos prácticas con ordenador, exposición de traballos, simulacións de actuacións profesionais que se programen, etc. Inclúese tamén aquí actividades consistentes en visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional, e de avaliación do tipo: na aula de informática mediante sistemas de docencia virtual, exposición de traballos, memorias, etc.
Método do caso: Tanto nas clases expositivas como interactivas utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual e colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Ao utilizar o método do caso preténdese que os alumnos estuden a situación, definan os problemas, cheguen ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contrasten ideas, as defendan e as reelaboren con novas achegas.
c) Titorías: Destinadas ao desenvolvemento de actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación de exposicións, busca e selección de material bibliográfico, revisión de prácticas ou problemas, etc. Na aula, grupos reducidos ou personalizadas para aqueles alumnos que as precisen e nos temas que revistan unha especial dificultade. Nelas atenderase aos alumnos para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e actividades da materia.
En definitiva, a actividade que haberá de desenvolver o alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e das institucións básicas da materia.
- Busca de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a xuízos e a outras actividades programadas polo profesor.
- Resolución de supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual coma en grupo.
- Aplicación das normas e da xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na aula e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periódicamente nos programas de titorías.
a) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe dos alumnos/as utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas indicadas obterase o 100% da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final, a tramitación de actuacións profesionais simuladas un 15%, a realización de probas teórico-prácticas un 30%, a elaboración e presentación de traballos e exposicións orais un 45% (30+15).
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a demostra que descoñece as partes esenciais do programa. Para os alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para os efectos de que, de ser o caso, poidan presentarse ao exame final.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións do Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases serán valoradas. Xa que logo, para que o alumno figure como “non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
b) Exame final
Os alumnos/as que non superen o sistema de avaliación continua terán que realizar un único exame final; sendo imprescindible para poder acceder ao devandito exame ter acreditada, como mínimo, unha asistencia ás clases superior ao 60% (unha porcentaxe de asistencia inferior leva consigo a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia).
Os alumnos con dispensa de asistencia ás clases deberán acudir directamente ao exame final da materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola Comisión Académica do Máster, e consistirá na resolución de varios supostos prácticos (tipo casos prácticos, documentos profesionais, informes xurídicos, actuacións profesionais orais). A finalidade deste exame é comprobar se o alumno/a ten adquiridas as destrezas e habilidades necesarias para aplicar os coñecementos proporcionados polo profesorado a situacións de índole profesional.
c) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que o alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia Práctica Xuridica Laboral II ten un total de tres créditos, a actividade formativa en horas será de 75 horas de traballo para o alumno, incluído tanto o traballo presencial: 24 horas, como o persoal de 51 horas aproximadamente. O tempo de estudo e de traballo individual que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, lóxicamente, das capacidades intelectuais particulares de cada alumno. Non obstante, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 24
- Docencia expositiva: 9 horas
- Docencia interactiva: 13 horas
- Titorías: 2 horas
Horas non presenciais:
Traballo persoal do alumno: 51 horas
Volume de traballo mínimo (en horas): 75
Recomendacións para o estudo da materia:
A preparación axeitada da materia aconsella que o alumnado asista ás clases provisto do material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema, previamente lido, e cos traballos encomendados xa realizados na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, obtén dende o primeiro día de clase todos os materiais da disciplina; trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional; é capaz de lle dedicar un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados, sen omitir nada deles; e ten o hábito de preguntar nas clases acotío todas as súas dúbidas.
PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19:
A) Escenario 1)
Desenvolverase de maneira presencial conforme figura nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.).
B) Escenario 2 (docencia mixta: presencial e en liña)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, que virá condicionada pola modalidade concreta que establezan as autoridades competentes (previsiblemente, unha parte dos alumnos en ensino presencial e outra parte en liña).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse presencialmente ou de maneira virtual (a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado), en función da localización do alumnado en cada momento.
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse conforme ao previsto para os escenarios 1 e 3, no caso de ser a docencia mixta (alumnos en aula e alumnos conectados virtualmente).
4. As titorías realizaranse presencialmente e/ou a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado, en función da localización do alumnado en cada momento.
5. De non ser posible a realización do exame final da materia de maneira presencial para o alumnado que non supere a avaliación continua, efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
B) Escenario 3 (docencia non presencial)
Mantense todo o indicado nos Apartados anteriores (obxectivos, contidos, bibliografía, competencias, sistema de estudo, recomendacións, etc.), fóra de:
1. A metodoloxía, impartíndose a docencia no horario habitual para as clases presenciais, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, etc.).
2. As actividades que deba realizar o alumnado (participación activa nas clases, intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado; resolución de exercicios/casos teórico-prácticos; realización de traballos e escritos profesionais individuais ou en equipo; simulación de actuacións profesionais orais; superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades; etc.) para a modalidade de avaliación continua, efectuaranse e entregaranse de maneira virtual, a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
3. As notificacións, avisos, reunións, entrega de tarefas, etc., efectuaranse a través do correo electrónico, do Campus Virtual da USC, da web da EPJ e doutras plataformas virtuais (Teams, Zoom...) a través das cales se imparta a docencia non presencial.
4. As titorías realizaranse a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado.
5. O exame final da materia efectuarase a través dalgunha das plataformas que a USC poña ao dispor de docentes e alumnado (Teams, Zoom, Campus Virtual…).
Maria Consuelo Ferreiro Regueiro
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814714
- Correo electrónico
- consuelo.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Candido Calo Amigo
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881815138
- Correo electrónico
- candido.calo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Laboral asimilado a TEU