A FECYT e Clarivate organizan o I Ciclo de Formación Online de 2025 da base de datos Web of Science, co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos.
Esta formación, impartida durante o primeiro semestre de 2025 (xaneiro-xuño), está dirixida tanto a estudantes como a investigadores e consta de tres sesións por mes de 60 minutos de duración.
Para participar nas sesións é imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. As sesións serán gravadas e, ao día seguinte, poderá consultarse o vídeo da sesión, así como acceder ao material da formación.
Os obxectivos de aprendizaxe desta sesión serán:
• Como se seleccionan e avalían as revistas da Core Collection?
• Explorar a información dispoñible en Master Journal List
• Revisións por pares nos rexistros e perfís de investigadores de Web of Science
Apúntate ao webinar picando neste enlace.
As bases da convocatoria oficial de formación e as instrucións para obter o certificado, atópanse nesta páxina da FECYT.