Abre o prazo de matrícula do curso básico de Competencias en Información do segundo semestre para estudantes de grao

O 28 de xaneiro comezou o prazo de matrícula da segunda edición do curso básico de Competencias en Información para alumnado de grao, que estará aberto ata o 11 de febreiro. O curso desenvolverase entre o 17 de febreiro e o 17 de marzo.
Para o estudantado dos últimos cursos de grao, a BUSC contempla o curso de nivel avanzado, cuxo prazo de matrícula, nesta segunda edición, irá do 19 de febreiro ata o 5 de marzo.
A matrícula realízase a través da Secretaría Virtual da USC en “Actividades cursos e probas" » "Oferta" » “Cursos de Competencias en Información (CCI)” (máis información ao final da páxina). A superación do curso permite obter 1 crédito ECTS e a BUSC emitirá un diploma acreditativo da superación deste curso, que será enviado por correo electrónico ao alumnado, logo de que finalice a actividade.
Para coñecer os obxectivos, contidos e metodoloxía de avaliación dos cursos, consulta as guías de Curso Básico de Formación en Competencias en Información e o Curso Avanzado de formación en Competencias en Información.
