Ir o contido principal
O fondo histórico e patrimonial conservado na BUSC está constituído por manuscritos incunables e impresos de diversas tipoloxías documentais dos séculos XI ó XIX.

Forman parte dos fondos históricos da biblioteca universitaria:

  • Manuscritos e incunables
  • Impresos anteriores a 1901 e legados ou doazóns de especial valor. 
  • Fondos de carácter unitario e valor histórico para a USC, facsímiles, exemplares que posúan características singulares, primeiras edicións, edicións raras ou únicas, etc.

Unha parte deste fondo está dispoñible en liña a través do repositorio institucional  Minerva.

Para acceder a consulta ou reprodución do fondo que se atopa só en formato orixinal pode consultar a guía Fondo histórico e patrimonial da BUSC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2024.