- Entidade
- Ministerio de Educación e Formación Profesional
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca prazas para auxiliares de conversación españois en Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, Estados Unidos, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Nova Zelandia, Portugal, Reino Unido, Suecia, Suíza e Tailandia.
Requisitos:
Ter nacionalidade española.
Estar nalgunha das situacións académicas seguintes:
- Ser estudante de último curso durante o presente curso 2023-2024 dunha das titulacións de grao que se relacionan no anexo I da convocatoria. Entenderase que os solicitantes deben estar en condicións de obter unha titulación ao finalizar este curso académico, para iso deben estar matriculados de todos os créditos necesarios para finalizar os estudos.
- Obter unha das titulacións de grao que se relacionan no anexo I nos cursos académicos 2019-2020, 2020-2021, 2021-2022 ou 2022-2023.
- Obter unha das titulacións de grao que se relacionan no anexo I no curso académico 2018-2019 e ademais posuír ou estar a cursar un Máster Oficial de Ensino do Español como Lingua Estranxeira, Máster no ámbito da didáctica de linguas estranxeiras, ou Máster que habilita para o exercicio da función docente ou equivalente.
Non ocupar praza de auxiliar de conversación no presente programa con anterioridade.
Cumprir cos requisitos específicos de cada país que se relacionan no anexo II da convocatoria.
Dotación
Contía económica en concepto de gastos de aloxamento e manutención fixada polo país correspondente, excepto para auxiliares de conversación en Canadá e Estados Unidos que percibirán, con cargo aos orzamentos do Ministerio de Educación e Formación Profesional, axudas mensuais de 1.000 dólares. O Ministerio financiará os custos do seguro médico e gastos de autorización de visados. Os gastos de desprazamento ao país de destino e de regreso ao seu lugar de residencia correrán a cargo das persoas seleccionadas.