Resultados
A música de Vertixe Sonora, Ulobit, Carlos Suárez, OHN e Dj. Dr Think será protagonista de ‘Sons Creativos’ do 20 ao 29 de maio
Un concerto de improvisación ao aire libre na Praza Maior a cargo do GCSUS e aberto a músicos que traballen en prácticas experimentais, pechará este programa o 6 de xuño
A USC conmemora o Día das Letras Galegas 2014 cun acto literario no Colexio de Fonseca
Nesta sesión presentarase o volume Xosé María Díaz Castro. Día das Letras Galegas 2014
O grupo de música etnográfica galega Radio Cos presenta este xoves o seu primeiro traballo na Casa do Saber de Lugo
O concerto da formación coruñesa liderada por Xurxo Fernandes e Quique Peón comezará ás 20.30 horas e encádrase no ciclo Lubicán 2014. A entrada é gratuíta
O III Curso de Fotografía na Natureza da Fundación USC Deportiva centra as miradas nos paseos do Miño e do Rato
O fotógrafo Andrés Fraga pechará o venres en Formación de Profesorado as sesións formativas do seminario coa supervisión das imaxes tomadas polos/as participantes
Un novo volume da colección ‘Termos esenciais’ recolle máis de 1.000 entradas sobre dereito administrativo
O traballo pode consultarse na web do SNL, no bUSCatermos e en formato pdf
As xornadas IDEGA debaten a situación actual e perspectivas laborais da xuventude galega
Celébranse este mércores 14 no Consello Económico e Social de Galicia coa participación de expertos da USC
ITMATI asinou no seu primeiro ano de vida contratos de I+D con 16 empresas
O consorcio acaba de presentar a memoria de actividades do seu primeiro ano de vida
O violoncellista Thomas Piel e Emmanuelle Janisz ao piano interpretan no Paraninfo da Universidade a Debussy, Tortelier e Saint-Saens
O concerto celebrarase en Lugo este luns 12 e o martes en Compostela ás 21.00 horas