Ir o contido principal

Acto de entrega dos I Premios á Excelencia dos estudantes e á Promoción da USC en destinos internacionais

A Vicerreitoría de Internacionalización entregará este mércores 4 os diplomas aos gañadores e gañadoras da primeira edición dos Premios á Excelencia dos estudantes da USC e á Promoción da USC en destinos internacionais. A cerimonia, que presidirá o reitor Juan Viaño, terá lugar ás 13.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.

O premio á excelencia en destinos internacionais recoñece o alumnado da USC coa mellor nota media acadada nos créditos cursados no programa de mobilidade no que participase. Outorgarase un galardón por cada unha das cinco áreas de coñecemento.

Pola súa banda, o premio á promoción establécese para calquera membro da comunidade universitaria que tras facer una mobilidade internacional baixo calquera dos programas de mobilidade nos que participe a USC, ou que estean autorizados por ela, acrediten actividades de promoción da institución compostelá nas universidades de destino. Neste caso existen tres premios por cada unha das cinco áreas de coñecemento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.04.2018.