Ir o contido principal

A Cátedra Juana de Vega da USC presentará as conclusións do seu primeiro ‘faladoiro’ que analizou a posición de Galicia no mundo

A cátedra Juana de Vega da USC presentará este xoves 11 no Centro de Estudos Avanzados (CEA) as conclusións do seu primeiro faladoiro, encontro no que ao longo dunha xornada se analizou a posición de Galicia no mundo e a posición xeoestratéxica con respecto aos demais no mundo da globalización. As conclusións están recompiladas no volume dixital ‘Galicia no contexto global, un país periférico?’ que se presentarán no CEA a partir das 11.30 horas nun acto presidido polo reitor Juan Viaño, e no intervirán ademais o editor do volume, o profesor Ramón Villares Paz; o director da Cátedra, Lourenzo Fernández Prieto; o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte; e o director do CEA, Fernando Aseguinolaza. A posición periférica de Galicia, os retos fronte á globalización, os modelos de xestión, a estrutura económica ou o avance tecnolóxico son algúns dos eixos sobre os que gravitou o Faladoiro, xornada de debate que reuniu a empresarios, profesionais e docentes universitarios de distintas áreas de coñecemento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2015.