O comité executivo da Conferencia de Reitores do Suroeste de Europa reúnese na USC
A Universidade de Santiago acolle este mércores 28 a xuntanza do comité executivo da Conferencia de Reitores do Suroeste de Europa (CRUSOE). A xuntanza desenvolverase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 11.30 horas. Nesta reunión tratarase a organización da próxima sesión extraordinaria do Plenario da Conferencia en Oviedo ou a proposta de proxectos de CRUSOE e achegas para a adhesión a unha plataforma que permita a actualización periódica de indicadores de resultados de desempeño, entre outros asuntos.