Ir o contido principal

‘Galicia Biodiversidade’ amosa ata o 26 na Escola Politécnica a diversidade de especies animais e vexetais existentes en Galicia

Cartaz da exposición 'Galicia Biodiversidade'
Cartaz da exposición 'Galicia Biodiversidade'

A mostra ‘Galicia Biodiversidade’, unha exposición cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, amosa ata o 26 de maio no corredor do edificio da ampliación da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo a diversidade de especies animais e vexetais existentes en Galicia.

Estruturada en diversos paneis informativos, esta mostra pretende dar a coñecer a todas as persoas que se acheguen ata a EPS a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, así como os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións. ‘Galicia Biodiversidade’ recolle as principais especies galegas de flora e fauna, así como dá conta das súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. Con esta exposición tamén se intenta dar a coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana, por exemplo, na alimentación, grazas á cría e cultivo de variedades galegas de maior calidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2015.