Ir o contido principal

Maria do CEO clausura en Lugo o programa Músicas a carón da mosqueira

Maria do CEO clausura en Lugo o programa Músicas a carón da mosqueira
Maria do CEO clausura en Lugo o programa Músicas a carón da mosqueira

A fadista María do Ceo actuará este luns 19 no Círculo das Artes de Lugo clausurando así o programa Músicas a carón da Mosqueira deste ano organizado por Lugo Cultural. O concerto será ás 20.30 horas. Maria do Ceo, á que algúns consideran a sucesora de Amalia Rodrigues, é fado en estado puro, transmisora de melancolía, paixón e tenrura pero tamén o dramatismo propio do bolero, lembrando ás veces á gran Chavela Vargas. Unindo as súas múltiples influencias ao seu sentir portugués orixinario e á dozura natural do idioma galego, María do Ceo, dotada de calidades vocais excepcionais, envolve de inmediato ao público nun ambiente máxico. En 2001 foi convidada para participar no primeiro e gran homenaxe póstumo a quen máis influíu na súa forma de cantar, Amalia Rodrigues. Cinco anos máis tarde participou como actriz principal na curtametraxe Reencuentro e en 2008, xunto coa bailarina Maria Nadal, no musical sobre a emigración titulado Alén do Mar. En 2010 compuxo a Banda Sonora para a película Años Después e en 2011 o himno do Couto Mixto. Actualmente traballa na gravación do disco FADO.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2011.