Ir o contido principal

Presentación do Congreso ‘Festas calderonianas e comedias de espectáculo no Século de Ouro’

O Congreso ‘Festas calderonianas e comedias de espectáculo no Século de Ouro’ reunirá a finais desta semana a un grupo de expertos internacionais no teatro, a historia e as artes do século XVII. O programa deste congreso presentarano en rolda de prensa o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, acompañado do catedrático do departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Santiago Fernández Mosquera, co organizador do encontro. A presentación aos medios de comunicación comezará ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Durante tres xornadas de traballo especialistas internacionais abordarán, dende unha óptica interdisciplinar, o estudo da festa teatral, así como a interpretación das comedias, sen esquecer a relación do teatro cortesán e os seus temas con outras artes como a pintura, pero tamén o vínculo internacional entre o teatro cortesán e a ópera italiana.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2012.