Ir o contido principal

O profesor César Domínguez disertará en Harvard sobre a relación de Julio Cortázar e o libro Mimesis de Auerbach

O profesor de Literatura Comparada e titular da Cátedra Jean Monnet ‘A cultura da integración Europea’, César Domínguez, imparte este venres unha conferencia na Universidade de Harvard no marco do congreso ‘ Friction of World Literature’, que organizan conxuntamente a universidade americana e o Observatorio de Lingua Española e Cultura Hispánica nos Estados Unidos do Instituto Cervantes. Titulada ‘Cortázar, reader of/writer in Auerbach’s spanish urtext of Mimesis’, nesta conferencia disertará sobre o exemplar da tradución ao castelán de Mimesis. La representación de la realidad en la literatura occidental, de Erich Auerbach, pertencente á biblioteca persoal de Julio Cortázar. O libro contén diversas anotacións do escritor arxentino, así como un poema inédito. O profesor César Domínguez acaba de ser elixido membro do comité científico do Institute of World Literature con sede na Universidade de Harvard.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2015.