Ir o contido principal

O profesor Manuel Martín Gómez recibirá a Medalla de Ouro da Fundación Amigos de Galicia

O profesor de Dereito Mercantil e do Traballo Manuel Martín Gómez recibe este sábado 29 a Medalla de Ouro da Fundación Amigos de Galicia, cun acto protocolario que se celebrará no Paraninfo da USC a partir das 12.15 horas, presidido polo reitor Juan Casares e coa presenza ademais do alcalde de Santiago Ángel Currás. A sesión arrancará co laudatorio do catedrático da Universidade de Alcalá José Manuel Otero Lastres e continuará coa lectura da acta na que se acorda a concesión da medalla por parte do secretario da Fundación, Antonio Costa Sánchez. O presidente da Fundación Luís Rial Suárez será o encargado da imposición.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.09.2012.