A USC asina un contrato con Mindoniense de Infraestruturas para o asesoramento na busca de alternativas hortícolas na Mariña lucense
A Universidade de Santiago e a empresa Mindoniense de Infraestruturas S.A. asinarán un contrato este xoves 27 para o asesoramento na busca de alternativas hortícolas na Mariña lucense. No acto, a desenvolver ás 13.00 horas no edificio CACTUS de Santiago (Campus Vida), participan o vicerreitor de Investigación, Francisco González, e o xerente da empresa, Jorge Losada. En virtude do acordo a Universidade de Santiago, a través da Escola Politécnica Superior de Lugo, asesorará á empresa sobre a viabilidade do proxecto de cultivo hortícola de produción integrada que pretende desenvolver na comarca de Mondoñedo.