Ir o contido principal

A USC participa na organización do 3º Foro Nanovalor

Dedicado á nanotecnoloxía, celebrarase na Universidade de Porto este martes 25

A USC participa xunto a outras institucións galegas como FEUGA e do norte de Portugal na organización do 3º Foro Nanovalor dedicado á nanotecnoloxía e que se celebrará este martes 25 na Universidade de Porto. O 3º Foro inclúese nunha serie de eventos promovidos polo proxecto NanoValor como espazos de debate aberto, posta en común de ideas e de experiencias sobre as amplas oportunidades que as nanociencias e as nanotecnoloxías ofrecen. Neste evento, aberto ao público en xeral, o consorcio NanoValor presentará publicamente as principais conclusións dun documento estratéxico de identificación de barreiras e factores críticos de éxito relativos á comercialización das nanotecnoloxías. Neste Foro abrirase un espazo de discusión e debate no que se contará coas achegas de todos os investigadores, representantes de empresas (que desenvolven ou aplican resultados nanotecnolóxicos), expertos en innovación e autoridades políticas con competencia na materia. O proxecto Nanovalor conta no seu desenvolvemento coa participación ademais da USC, entre outros, da Universidade do Porto, o International Iberian Nanotechnology Laboratory, a Universidade do Minho, FEUGA e AIMEN.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2012.