A USC recibe o luns o alumnado que superou as probas de acceso para maiores de 25 e 45 anos
A USC celebra o luns, 4 de maio, un acto de recoñecemento aos estudantes que superaron as probas de acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos. A partir das 17.30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome o reitor Juan Viaño recibirá ao alumnado que superou estas probas na súa última convocatoria. No acto participarán tamén o coordinador do programa A Ponte, Luis Hervella, e a alumna Catalina Puy Fraga.