Presentación da Agrupación de Investigación Bioeconomía, emprendemento e territorio, BETA+ da Universidade de Santiago de Compostela.

Na mañá do 28 de abril tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Económicas da USC a presentación Agrupación de Investigación Bioeconomía, emprendemento e territorio, BETA+, na que se atopa integrado o Grupo de Investigación de Historia Moderna (G.I.H.M.).
BETA+ é unha agrupación constituída por 19 grupos de investigación en ciencias sociais, humanas e inxenierías, dos que 16 pertencen á USC e as tres restantes á USC, UVigo e CIAM-Mabegondo. O seu obxetivo é a creación dun ámbito investigador que favoreza as sinerxias entre grupos a través da elaboración de proxectos cooperativos interdisciplinares en áreas estratéxicas; o estabrecemento dun método de xestión e funcionamiento que garantice o cumprimento e a mellora da actividade investigadora; a construción dun entorno interdisciplinar no ámbito das ciencias sociais e humanas en Galicia; a conformación dun nodo de referencia para a atracción de xoves investigadores; e a concentración do potencial dos mencionados grupos para constituir un polo de referencia innovador.