Ir ao contido principal

Fernando Suárez Golán participou nun almorzo de traballo o pasado sábado en Puebla (México)

Francisco Javier Cervantes Bello e Rosalba Loreto, recoñecidos especialistas en Historia da Igrexa Novohispana e profesores da Benemérita Universidade Autónoma de Puebla (México), organizaron un almorzo de traballo o sábado 31 de agosto de 2019 na Heroica Puebla de Zaragoza (México). Nesta reunión participou Fernando Suárez Golán, profesor da USC e membro do GIHM, e a doutora Ana María Sixto Barcia. Os especialistas debateron no encontro sobre as distintas prácticas e as resistencias da Igrexa nos imperios hispánicos modernos.