Ir ao contido principal

O profesor Fernando Suárez Golán, membro do GI Historia Moderna, participará nun seminario en El Colegio de Michoacán (México)

O membro do Grupo de Investigación de Historia Moderna Fernando Suárez Golán, xunto á doutora Ana María Sixto Barcia, vai participar nunha mesa redonda no Centro de Estudios de las Tradiciones,  El Colegio de Michoacán (México), destacado centro de investigación. O conversatorio terá lugar o martes 20 de agosto de 2019 na sede da institución sita na cidade de Zamora de Hidalgo. Neste encontro o profesor Suarez Golán expoñerá as súas liñas de investigación e falará do episcopado dun ilustre mexicano na arquidiocese compostelana entre os séculos XVII e XVIII. Esta actividade discorre no marco dunha estadía de investigación en México realizada ao abeiro do proxecto Resistance. Rebellion and resistance in the iberian empires, 16th-19th centuries, financiado pola Unión Europea.