Ir ao contido principal

María do Carmen Saavedra participará no seminario “Monarquías ibéricas, poderes e territorios” na UVigo

María do Carmen Saavedra Vázquez, profesora de Historia Moderna (USC) e membro do  GIHM, impartirá o relatorio “A organización militar de Galicia na década de 1720” na Facultade de Historia, Campus Ourense, Universidade de Vigo. A actividade inscríbese dentro do seminario “Monarquías ibéricas, poderes e territorios: Institucións, nobreza e dinámicas políticas (s. XVIII)”, coordinado pola catedrática María López Díaz (UVigo). O encontro, no que participarán destacados especialistas, celebrarase no salón de graos da Facultade de Historia, Campus de Ourense (UVigo), os días 27 e 28 de febreiro de 2020. 

A profesora M. C. Saavedra é unha das máis destacadas especialistas en historia política e historia militar, así como en historia do poder. O encontro inscríbese no marco do proxecto “O reino de Galicia na Monarquía de Felipe V” ( HAR2017-83605- P). Ademais da investigadora da USC, participarán outros reputados expertos que debaterán sobre un tema de gran transcendencia. 

Programa (descargar en doc. adxunto)

Descargar adxunto