Ir ao contido principal

Defensa da tese de doutoramento “Abastecemento e consumo alimentario urbano: a cidade de Santiago a fins do Antigo Réxime”

O 17 de setembro de 2020 terá lugar a defensa da tese de doutoramento de María Alicia González Martínez, titulada “Abastecemento e consumo alimentario urbano: a cidade de Santiago a fins do Antigo Réxime”. Esta tese, vinculada ao GIHM, foi dirixida por Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia, na Universidade de Santiago de Compostela.

Ficheiro da tese:

-Título: Abastecemento e consumo alimentario urbano: a cidade de Santiago a fins do Antigo Réxime

-Autor: González Martínez, María Alicia

-Directora: Rey Castelao, Ofelia

-Departamento: Escola Internacional de Doutoramento da USC (EDIUS)

-Centro: Facultade de Xeografía e Historia

-Data e lugar de lectura: 17/09/2020 11:00, Presencial/Semipresencial: Sala de profesores-Equipos de Microsoft Teams

-Resumo: A tese analiza a importancia das vías de abastecemento e consumo alimentario na cidade de Santiago de Compostela a finais do Antigo Réxime. A alimentación non só é algo básico para a vida, se non que asemade mostra unha realidade da vida diaria. Para elo crease unha rede de abastecemento ó redor da cidade que proporciona ós seus habitantes de determinados produtos na busca de satisfacer seu padal ou agradar a un hóspede. A través do estudo de diversas fontes municipais e institucionais podemos construír como e de que produtos alimenticios se abastecía a cidade de Santiago. Desta forma conseguimos aproximarnos á realidade de consumo e hábitos alimenticios dos seus habitantes.

Fotografía do evento