CALL FOR PAPERS: XV Congreso da Asociación Europea de Historia Urbana (EAUH, 2022)
O XV Congreso da Asociación Europea de Historia Urbana (EAUH), que se celebrará do 31 de agosto ao 3 de setembro de 2022, terá lugar na Universidade de Amberes e, nesta ocasión, o tema central será “A desigualdade e a cidade”. Por iso, a EAUH convida a todos os estudosos a reflexionar sobre esa complexa relación. O prazo de presentación de propostas está aberto, polo que todos os interesados en participar poden elixir entre as múltiples mesas que se ofertan.
Máis información: https://www.uantwerpen.be/en/conferences/eauh2022/inequality/