A profesora Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM, participará no Día Internacional dos Arquivos 2022, actividade organizada polo Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra o vindeiro 10 de xuño ás 19 horas. Con motivo do festexo, a citada institución organiza unha xornada de portas abertas, con visitas guiadas e outros actos. A especialista da USC foi convidada a impartir a conferencia “Nunca invisibles: as mulleres nos documentos da Idade Moderna“, que se pode escoitar de xeito presencial ou en directo por YouTube.
