Ofelia Rey Castelao impartirá unha conferencia no Instituto de Historia de España Dr. Claudio Sánchez Albornoz (UBA, Arxentina)
A profesora Ofelia Rey Castelao, membro do GIHM, impartirá unha conferencia no Instituto de Historia de España Dr. Claudio Sánchez Albornoz, Universidade de Bos Aires. A especialista galega abordará o tema dos movementos migratorios femininos na España do Antigo Réximen, que foi obxecto do seu último libro “El vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna” (USC, 2021). O instituto celebrará unha recepción con motivo do evento, que terá lugar o venres 12 de agosto de 2022, ás 19:30 horas, na sede da UBA da rúa Puan (Bos Aires), ao cal foron invitados outros investigadores nacionais e europeos, entre os que se encontran diferentes membros do Grupo de Investigación Historia Moderna que están realizando una estancia de investigación en Argentina.
