A Facultade de Xeografía e Historia da USC acolle o 25 de setembro a Xornada de Estudos de Xénero “Mulleres boas, mulleres malas”

A Xornada de Estudos “Mulleres boas, mulleres malas”, que terá lugar o vindeiro venres 25 de setembro na aula 9 da Facultade de Xeografía e Historia, pretende pór en relación aos interesados polos estudos de xénero e, en particular, aos alumnos do programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte, coas novidades e tendencias recentes da historiografía de xénero e a historia da muller cunha perspectiva multidisciplinar.
Na xornada participan especialistas do ámbito da xeografía e de diferentes áreas da historia. Ademais de profesoras da USC como Montserrat Villarino e Mar Llinares, participan na actividade prestixiosas investigadoras doutras universidades españolas e portuguesas: Ángela Atienza da Universidad de La Rioja, María Luisa Candau da Universidad de Huelva, e Marta Lobo da Universidade do Minho (Portugal).
O programa, que discorrerá en sesións de mañá e tarde, conta con seis ponencias e un debate final:
9,00h MONTSERRRAT VILLARINO, Universidade de Santiago de Compostela
O traballo das novas mulleres rurais
10,00h MAR LLINARES, Universidade de Santiago de Compostela
Mulleres na Prehistoria: problemas metodolóxicos e posibilidades de estudo
11,00 a 11,30h descanso
11,30h ANGELA ATIENZA, Universidad de La Rioja
Vocacións forzadas, mulleres retiradas do mundo, vidas iguais. Ao redor dalgúns clichés sobre as monxas no Antigo Réxime
12,30h MARIA LUISA CANDAU, Universidad de Huelva
Vocacións forzadas e vidas “distraídas”: as outras monxas da España Barroca
13,30 a 15,30h DESCANSO
15,30h MARTA LOBO, Universidade do Minho, Braga, Portugal
A assistência às mulheres no Norte de Portugal durante a Idade Moderna
16,30h OFELIA REY CASTELAO, Universidade de Santiago de Compostela
Os estudos de xénero na actualidade
17 a 18h DEBATE
Esta Xornada de Estudos está recoñecida como actividade de formación metodolóxica para os alumnos do programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC, aos que está especialmente dirixida.