Ir ao contido principal

Defensa da tese de doutoramento “As xurisdicións especiais na Galicia do Antigo Réxime”

 

O 16 de outubro, ás 11 horas, terá lugar a defensa da tese de doutoramento de MONICA FERNANDEZ ARMESTO, titulada “As xurisdicións especiais na Galicia do Antigo Réxime. Funcionamento, identificación, características e procedementos nas xurisdicións de matriz eclesiástica”. Esta tese, vinculada ao GIHM, foi dirixida por Pedro Ortego Gil e Ofelia Rey Castelao, catedráticos de Dereito e Historia, respectivamente, na Universidade de Santiago de Compostela.

Fotografías do acto [pincha para ver]

 

Ficheiro da tese:
-Título: “As xurisdicións especiais na Galicia do Antigo Réxime. Funcionamento, identificación, características e procedementos nas xurisdicións de matriz eclesiástica”
-Autora: Fernández Armesto, Mónica
-Directores: Ortego Gil, Pedro e Rey Castelao, Ofelia
-Departamento: Escola Internacional de Doutoramento da USC (EDIUS)
-Centro: Facultade de Xeografía e Historia (USC)
-Data e lugar da lectura: 16/10/2020 ás 11:00 h., Presencial/Semipresencial: Aula 10, Facultade de Xeografía e Historia & Microsoft Teams