Ir ao contido principal

Francisco Cebereiro Ares participará nun seminario no Instituto Mora (México)

Francisco Cebreiro Ares, investigador posdoutoral e membro do Grupo de Investigación “Historia Moderna” (GI-1921), vai impartir a conferencia plenaria “Entre o servicio e o beneficio da Nova España a Manila: Os Bermudez, unha dinastía horizontal no sistema imperial hispánico do século XVIII”, no marco do Seminario Interinstitucional Corporaciones, comercio en Hispanoamérica y servicios al rey (siglos XVII-XIX), organizado polo Instituto Mora (México). O encontro científico, que se realizará a través de plataformas dixitais, terá lugar o 24 de setembro de 2020, ás 11:00 horas.

Máis información: www.institutomora.edu.mx
Rexistro: G.Valle@intitutomora.edu.mx